ESCUDO CASA FRAGA DO RIEIRO(RIAL):Escudo na fachada da Casa de Fraga do Rieiro(Rial).
Escudo de David ou selo de Salomón, símbolo do xudaísmo. É
a unión de dous triángulos equiláteros, considerados como dous triángulos perfectos.Estos dous triángulos a súa vez forman 6 triángulos, que incrementan a 12 aristas interior o exteriores darredor da estrella. Estas representan ás doce tribus de Israel.A lenda conta que Salomón, fillo de David, levaba un anillo ca estrela de seis puntas.Seguramente o fundador da casa era de orixe xudeu. Esta casa era donde os quintos da zona se viñan medir para incorporarse ó exército. Hai moitos anos o Sr. Perfeuto(R.I.P) enseñoume un artefacto de madeira para tal efecto. O fillo, Sr Manolo de Fraga, amigo de conservar cousas antigas(boa costume) seguro que o conserva, espero poder sacarlle algunha foto e poñela eiquí.ESCUDO CASA CABANAS DE IGREXA(RIAL):
Ó igual que o escudo da casa de Fraga do Rieiro é un escudo de David. Está máis desgastado e é máis pequeno. Non había fachada de abondo para chantarlle enriba o nº da casa...
PEDRAS TALLADAS SOBRE O DINTEL DA CASA DE RIVAS DO CARRAL(RIAL)
PEDRAS TALLADAS SOBRE O DINTEL DA QUE FOI CASA DA ESCOLA DO CARRAL(RIAL)
PEDRAS LEONADAS A ENTRADA DO ATRIO DA IGREXA DE RIAL
PEDRA DA SERPE NO CEMITERIO DE RIAL Marcas nun dos lateráis da pedra
Ver máis en: http://cruceirorial-patinho.blogspot.com/A PEDRA DO HOME


Ver máis en:
http://apedradohome-patinho.blogspot.com/RELEVE DE CARBOEIROFoto: Coso. Celtiberia.net
Estes releves de Carboeiro(Parroquia de Rial, Concello de Santa Comba), Encóntranse nun esquinal dunha casa particular. Intentáronse darlle varias explicacións. A min dame a impresión que é un home(laico ou leigo) facendo carbón.
O esquinal que da ó sureste ten unha imaxe que semella dunha virxe.
Na base ten unha inscripción muy difícil de ler e de interpretar dado o seu desgaste e no lugar onde se atopa.