Igrexas e cruceiros de Val do Dubra

Igrexa de Erviñou

    
En 1712 nun lateral fundaron unha capela D. Alonso garcía Varela e D. Tomé da Pena, veciños de Rial adicada a San Antonio de Padua.
Na fachada presenta unha porta alintelada con fornela superior.
Campanario con dous arcos de medio pundo sobre os que rematan dúas bólas e un pináculo cun van circular.

Igrexa de Coucieiro

   

  Ten unha nave de planta rectangular. Muros de cadeirado granítico con tellado de tella. A fachada ten unha porta alintelada. Sancristía pegada á cabeceira. Espadana, construída no s. XVIII, con dobre corpo de campás rematada por un frontón semicircular partido. Ten uns curiosos canzorros se soportan o peso dos beirais do tellado.
Ten retablos con esculturas no seu interior.

Ermida de San Lorenzo

        

Ten unha nave de planta rectangular. Os muros son de cachotaría. A fachada está decorada por unha cruz e un pináculo. No interior hai unha ara e unha seteira.

Cernadas

    

Pazo construído para ser unha residencia nobiliaria pero que se usou como asilo e actualmente alberga o Proxecto Home. Vinculado a San Martín Pinario e a condes de Bugallal. Planta en forma de "U" Na fachada principal destacan a escaleira de acceso de dous tramos que se unen no primeiro piso, catro balcóns na á esquerda, e na dereita ábrense seis ventás e aparece o escudo de armas. Capela pegada na que se atopan os sepulcros dos condes de Bugallal. Muro de peche con portón, labrado en cadeirado e unha grande porta con frontón triangular partido, decoración a base de bólas e flanqueada por dúas garitas circulares con bancos de pedra pegados.
Orixinalmente tiña tres altares.

viernes 16 de septiembre de 2011

Capela de San Xoán de Bembibre


En obras de restauración

Un dos dous cantores do coro pétreo da cátedral de Santiago que estivo tres anos flanqueando a entrada da capela de San Xoán(máis enhttp://dubra-historia-patinho.blogspot.com/)
En 1970 Ares Espada descubríu dúas estatuíñas de 80x18x16 e 85x21x16cms. na capela de San Xoan Bautista das Augas Virxes(Bembibre), flanqueaban a porta. Son dous xoves cantores do coro pétreo da catedral de Santiago, atribuídos ó Mestre Mateo. Chamoso Lamas recuperóunas en 1970 para formar parte da reconstrucción do coro de pedra do Museo Catedralicio. 




O rexidor Juan Baleato, izquierda, ca placa e o párroco Xosé Ortoño
FOTO: M.M.O.

Foi restaurada e inaugurada ó 24 de Xuño de 2009. 
Esta ermida foi construída no século XVII. Antigamente existía outro inmoble do s. XII

miércoles 26 de marzo de 2008

Cruceiro e capela(nova) de Santo Estebo de Malvárez


Ésta é a capela nova e o cruceiro(parte dél orixinal) de Santo Estebo, sita en Malváres; a antiga capela estaba no lugar que lle daba nome: Santo Estebo.
Ésta capela era moi antiga: no 1607 xa consta nalgún documento e no 1791 erixíuse unha confraría á que o papa Alexandre VII(1599-1667) lle concedíu a graza do xubileo e indulxencia plena ós devotos que se alistasen na confraría e practicasen obras de piedade os días de Santo Estebo(26 de Decembro), o día da Ascensión do Señor{xoves da sesta semana pascual(ou domingo seguinte)}, o día da traslación dos ósos do santo(3 de Agosto) e un martes de pregarias públicas ó ano. Nembargantes a confraría acabóu desaparecendo.
Esta capela antiga tiña unha fonte(está cuberta pola maleza e deteriorada):
                                                                   
                                                                        
Foto do libro Rial de Lourdes Romero Antelo

martes 5 de junio de 2007

Igrexa de paramos


Foto tomada de http://www.valdodubra.es/Historia.php
             
Fotos tomadas de: http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=22480&ctre=1211&cidi=E

Igrexia
Autor: Javier Pais

Igrexa de Paramos
Autor: blogportomouro@gmail.com

De estilo románico rural galego do século XIII. Nave e ábside de pranta rectangular. No testeiro ábrese un ventanuco con columnas e unha ancha arquivolta axedrezada, sobre o piñón do ábside hai unha cruz sencilla e no da nave outra máis traballada inscrita nun círculo.
Os laterais ornaméntanse con ménsulas antropomórficas, vexetais e animais.


Pedro Lorenzo fundou unha capela con advocación a San Pedro , que no ano 1586 herdaría Inés Ardeleiro
A sacristía é de época posterior, posiblemente de cando foi restaurada no ano 1646.


No 1741 tiña a bóveda da capela maior pintada e o corpo da igrexa faiado.

Cruceiro:
Ten unha cruz rectangular con brazos con chafláns e remates florenciados con botón central.
Aparecen figuras de Cristo e A Piedade.
Capitel cúbico con follas e caras; fuste octogonal cuadrado; base cúbica apoiada nun escalón de planta cadrangular.
                                                                                      

viernes 1 de junio de 2007

Igrexa de Portomeiro





Estas fotos mostran a destrucción da igrexa polo temporal de febreiro de 2002 no que un raio derribou o campanario.




En 1527 foi reedificada por Juan de la Vega(natural de Santader)
No 1681 Roque Rodríguez Vilariño fundou unha capela en advocación a Nosa Señora do Rosario
O campanario está inscrito en dous arcos de medio punto e encima un arco apoiado nos dous.

Igrexa de Niveiro


Reloxo de sol da igrexa de Niveiro


             
                                                                          Foto0031.jpg
A cruz do cruceiro ten formas de catro picos-petalo e os paus da cruz en sección cadrada. O Cristo é rustico e a Virxen a súas costas en actitude orante apoiando os pés sobre a cabeza e alas dun anxelote.
Capitel decorado.




IGRESIA DE NIVEIRO-Detalle cupula-
Detalle da cúpula
A fachada de perpiaños ben labrados ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto, unha fornela na que se atopa a imaxe do patrón e decorada con bólas nas esquinas. Campanario cadrangular.
Ten un reloxo de sol no lateral de poñente.
En 1626, fundou Andrés Domínguez unha capela, arrimada á igrexa, dedicada ós santos André e San Luís que desapareceu a mediados do século XVIII.
En 1860 un raio destruíu a torre e parte do templo.



Capela de niveiro do medio


Igrexa de San Román



No 1710 o veciño de Bembibre Domingo Gómez fundou  nesta igrexa unha capela á devoción de  San Alberte
O campanario está inscrito nun dobre arco de medio punto e rematado en pináculo.

Igrexa de Portomouro





En 1741 aínda conservaba un retablo interesante.
En 1755 Ignacio Martínez(de Troitosende) fixera traballos no lado da epístola e faría un pé para a imaxe de San Cristovo.
A vella igrexa de San Cristovo sería reedificada a primeiros do século XIX.

Igrexa de Vilariño



Tiña dous colaterais, desaparecidos a mediados século XIX. Ó lado da epístola encontrábase unha capela cá advocación de San Silvestre que fundara Juan de Seoane.
Na fachada destaca o campanario nun dobre arco de medio punto, sobre él un pequeno frontón.

Igrexa de Arabexo



Planta rectangular, porta con sistema de construcción arquitrabado e campanario con dous arcos de medio punto sobre os que está un frontón semicircular.

Igrexa do Pazo(San Salvador de Bembibre)





É de destacar desta igrexa o retablo e unhas gárgolas(as fotos que teño vense borrosas, se alguén dispón delas e quere mandarmas: manolonegreira@gmail.com. Grazas)

Igrexa de Rial










Altar de Xesús Nazareno(arriba)
Altar de Nosa Señora do Rosario
Fachada principal
Retablo Maior(abaixo)
Fotos tomadas do libro Rial de Lourdes Romero

        
A antiga xa consta en documentos no 1741. A principios do século XIX remátase a construción recente con tribuna e os tres altares: o maior e os lateráis de Nosa Señora do Rosario e de Xesús Nazareno.
A fachada de estilo barroco ten un frontón semicircular partido decorado e unha escultura do patrón(San Vicente) nunha fornela. Campanario cadrado con catro balcóns.
.

Capela da Abelenda



Mapa de sitios de interés e rutas de sendeirismo de Val do Dubra

Capela do Espíritu Santo



Ésta ermida foi aumentada en 1783, facéndolle a entrada principal fóra do costume de orientar o altar cara oriente. No interior sobre a porta ten unha fornela(tapiada) na que estaría algunha imaxe.


Detqlle do cruceiro

Igrexa de Buxán


Detalle da portada

        

Reconstruída entre 1909 e 1913, pero conserva algúns restos románicos. Ten unha nave de planta rectangular. A cuberta é a dúas augas. A fachada ten unha porta e un relevo de Santiago Matamoros. Campanario de estilo neogótico.
Ten retablos, un neogótico e outro barroco, con esculturas no seu interior.




Conserva o presbiterio primitivoe un novo retablo, que imita a fachada da catedral de Milán, colocaronse as imaxes da anterior, entre as que destaca un Santiago peregrino de Ferreiro ou da súa escola .

Esta igrexa é bastante antiga e tivo moita importancia nos seus tempos. Está construía sobre parte dun castro(véxase: http://castrosdevaldodubra-patimho.blogspot.com/)






Igrexa de Erviñou


Igrexa e cruceiro de Niveiro


Igrexa de Buxán




Detalle Cruceiro Espíritu Santo


Cruceiro do Espíritu Santo



Foto subida de: www.valdodubra.es
 

Publicado miércoles, 22 de agosto de 2007 11:04 por Patinho
Archivado en:

Notificación de comentarios

Si quieres recibir un email cuando se actualice este artículo, por favor, regístrate aquí

Suscribir a los comentarios de este artículo RSS

Comentarios

miércoles, 26 de octubre de 2011 18:08 by Patinho

# re: Igrexas e cruceiros de Val do Dubra

a foto da igrexa de Coucieiro non se correponde ca realidade por: ANXELO

2/11/2011, 01:55

miércoles, 26 de octubre de 2011 18:09 by Patinho

# re: Igrexas e cruceiros de Val do Dubra

Grazas, Anxelo. Correxido e ampliado.

Saúdos

¿Qué opinas?

(requerido) 
requerido 
(requerido) 
(requerido)