perfil de xosé antón vázquez dorrío en qapaciyperfil de xosé antón vázquez dorrío en xingperfil de xosé antón vázquez dorrío en linked indocumentos de xosé antón vázquez dorrío en slidesharexOsse dorrío profilexOsse en friend feedCanle de video de xOsse dorríoxOsse bookmarkx on deliciousblog persoal de xOsse dorríoxOsse on facebookphotos das miñas andainas en FlickrxOsse en latri.ca

os meus chios en twitterxOsse en alianzoxOsse en technoratixOsse en GooglexOsse en scribxOsse en friend feedxOsse en COcomment!xOsse en Chuza!xOsse en meneameblog UPEDExOsse en Box.netxOsse en twitpic


 
.Acerca da “consulta” aos AEDL de Galicia
16 agosto 10 03:29

Os datos obxectivos da consulta foron os seguintes: 734 destinatarios; 82 correos rexeitados; 6 respostas automáticas, 5 delas indicando que o destinatario estaba de vacacións; e seis respostas á pregunta realizada. A partir de aquí todo é subxectivo, e poderá ser compartido ou non polo difuso colectivo de Axentes e Técnicos de Emprego.

A maioría dos e-correos rexeitados foron da Deputación de A Coruña (coa seguinte estrutura de enderezo: idaxente@nomeconcello.deputacionacoruna.es), 27 en total,  e de CCOO (idaxente@galicia-ccoo.es), 16 deles, por causas que descoñezo.

O acollemento da “consulta”

Unha das escusas máis concorridas para xustificar a “non resposta” a esta consulta foi que non me identificaba (?) Alguén o entende? Asinaba o e-correo con nome e apelidos, ese nome e apelidos estaba vencellado a unha páxina web (esta) e o dominio do enderezo de correo dende o que enviei a “pregunta” era @moendo.net. Podía existir algún tipo de dúbida sobre a autoría do emisor? Penso que non pero, si así fose, é obriga do axente pedir máis datos si os necesita. Que outros datos podían necesitar para responder ao que se lle pregunta? DNI, enderezo, CCC, tarxeta de crédito,…? Non, creo que se podía responder perfectamente sen estes datos. Ou, tal vez se refiran a estes outros? Sector profesional, situación laboral, finalidade, zona xeográfica,…? Tal vez, pero para iso contan co meu enderezo electrónico, para solicitarme cantos datos precisasen. Iso é o que fixeron cinco das seis persoas das 652 que recibiron a mensaxe.

É falso afirmar que esas 652 persoas non responderon estando no seu posto de traballo. Certo, moitas, ao estar en tempada estival, atoparíanse de vacacións, algunhas de baixa, e outras terían o día libre, como xa indico no primeiro artigo. Falsearía a realidade se indagase sobre datos que descoñezo. Aínda así, o número de respostas é desolador, máxime si temos en conta que unha delas, a da UPD Coordina Local foi para dicir que eles só están para informar aos axentes (deberían ler con detención a orde que regula as funcións dunha UPD).

Esta consulta resultou ser toda unha caixa de sorpresas: a primeira o resultado da mesma; a segunda a reacción das persoas directamente implicadas: os axentes. Polo xeral foi ben acollida, e dígoo polos comentarios que leo nas mensaxes recibidas a posteriori da publicación da mesma (isto evidentemente quedará suxeito a credibilidade que cada un de vos teña no que digo, o que non vou facer é publicar ditas mensaxes, posto que quen quere facelos públicos conta xa con este foro -onde eu, por suposto, tamén son libre de aceptar ou non certos comentarios,… pero xa vistes que deixei a man totalmente aberta-), como ben sinalaba un deles, máis números que trala crítica que logo da consulta. Prima a reactividade sobre a proactividade.

Outra das queixas foi a brevidade do prazo de resposta, unha xornada de traballo, 24 horas. Paréceme incrible que se poida crear unha empresa (SLNE) en 24 horas e un axente non poida responder a unha pregunta tan sinxela no mesmo prazo, cando para realizar tal cometido non se precisa máis que facer “clic” no botón “responder” e dicir o que se supón que xa sabes e, si queres ser preciso buscar a orden en Google e axuntala.

Tampouco me parece crible a carga de traballo que moitos alegades, pois o ritmo de creación de empresas é o máis baixo en anos e nunca houbo queixas do “colectivo” nese senso. Esa carga de traballo é irreal pois, evidentemente, nos casos que existe débese a realizar funcións que non lle corresponden ao axente.

Suponse que cando un Concello, universidade, asociación, fundación, deputación, mancomunidade, sindicato, cámara de comercio,… solicitan ter un AEDL é porque os seus obxectivos coinciden coas funcións que se lle asignan aos Axentes e Técnicos de Emprego (ver páxina 14 do Manual de Acollida para AEDL), e solicitan a axuda para realizar esas funcións, non para ter un empregado pagado con fondos públicos realizando tarefas que nada teñen que ver coas establecidas na convocatoria. Isto é un fraude ao traballador pero, sobre todo, é un fraude a toda sociedade, tan necesitada de emprego.

Nun caso, unha asociación de mulleres, dinme que non responderon a miña pregunta porque o meu nome se correspondía ao dun home e que ese colectivo está para atender outras necesidades, as das mulleres. Non repararon que detrás de quen fai esa pregunta podería estar un emprendedor ou empresario que pretendese realizar a contratación dunha muller -non?-, entre moitas outras explicacións posibles. E como si unha Asociación de Persoas con Discapacidade lle esixise aos empresarios un grao de minusvalía igual ou superior ao 33% para poder contratar.

Faltaba información? Por suposto, e dada a variedade do colectivo ao que me dirixín a información que faltaba era tamén moi variada, como xa vimos, pero non debemos esquecer que coas ferramentas das que dispomos, especialmente o correo electrónico, si existe vontade, é doado completala con tan só solicitala. Iso non sucedeu. Ao revés, a maioría lanzáronse a realizar buscas sobre a miña persoa en internet, como demostra o Analizador de Google respecto as entradas a moendo.net (xa o veredes máis adiante). Tan importante é a quen se lle responde? Tanto vos custa compartir uns coñecementos que todos, cos nosos impostos, pagamos? Alguén vos prohibe informar a determinados usuarios?

Máis sorpresas: leo un e-mail dun empresario, que está de vacacións e, aínda así, contesta ao meu correo. Non entende como alguén dende o seu posto de traballo non responde a súa correspondencia cando el, cada día, incluso en vacacións, responde centos de correos, aínda que só sexa para dicir “grazas”. Tamén me responde un Axente de Emprego e vello amigo, Jorge Pumar, AEDL do Concello de Coles, que estaba de vacacións, iso si, para pedirme que eu colla unhas vacacións. Pero si levo 8 meses! ;)

Soamente había que contestar e iso non require máis de 30 segundos na xornada dun Axente de Emprego. Non creo que, como aquel empresario, reciban centos de mensaxes diarias. Amais, as novas tecnoloxías, un elemento básico na comunicación entre axentes, emprendedores e recursos, facilitan esta tarefa; quen prescinde delas non debe ocupar o cargo de AEDL.

Outra das críticas que se fixo dese artigo é que as miñas conclusións eran precipitadas ao basearse nunha única mostra. Non é certo. É unha de tantas. Quizais esta se dirixía a un maior número de persoas o que, persoalmente, creo que lle confire máis credibilidade. Noutros casos dirixinme de xeito individual a diferentes axentes de distintas institucións ourensás: CIE de Ourense, CEO, UPTA Ourense, CIMO,… As súas aportacións foron nulas deica agora.

Especialmente ferinte resulta a “non resposta” de UPTA Ourense, con cuxa axente me disputei a principios de ano ese posto. Naquel momento sorprendeume que fose ela a persoa seleccionada pois, logo de presentarse a entrevista sen o CV, como se solicitaba, ao volver para traerllo ao entrevistador, Lisardo Domínguez, Presidente de UPTA Galicia, e logo de ter realizado a entrevista, pregúntanos aos que aínda agardábamos que “é iso dun Axente de Emprego”. Non tiña experiencia no posto, como si tiñamos outros nin, seguro, formación específica para o posto. Probablemente demostrou e probou a Lisardo que tiña as cualidades do perfil de persoa que buscaba: un comercial para facer socios para a asociación; e ambición persoal (pois a base de comisión -30 € por socio- podería máis que duplicar o salario que ofrecían -1200 €-). Máis tarde pasei polas que, supostamente, son as oficinas de UPTA en Ourense e estaban cerradas, así que acerqueime a empresa de Lisardo, que está xusto enfronte, e alí estaba esta axente de emprego: lucindo no despacho dunha empresa privada. É lamentable que certas persoas se presten a estes xogos sucios. Por suposto, as consultas dos socios e emprendedores quedan desatendidas.

A miña experiencia como Técnico de Emprego tamén me serve para chegar as conclusións que realizo, pois serviume para coñecer de preto a necesidade que teñen os axentes de información, neste caso ourensáns, ao ser este o ámbito xeográfico no que nos movíamos, xa que era asesor xurídico da UPD Integrou; cada día enviabamos alertas e logo unha publicación semanal recollendo todas as novas da semana. Moi ben debía estar realizado todo ou despertaba moi pouco interese, porque en seis meses tan só recibín dúas consultas de axentes de emprego, ambas de dúas asociacións e, de vez en cando, unha mensaxe de agradecemento dunha axente da CEO. Triste bagaxe.

Conclusións de Manual

Descoñezo cantos axentes tiveron a ben ler os manuais de BIC Galicia para AEDL Non o vou transcribir por completo, soamente algunhas das recomendacións que están relacionadas coas miñas conclusións, as que fan referencia ao Capítulo 3 do Manual de acollida, especialmente habilidades de comunicación e actitudes.

Amais das habilidades en novas tecnoloxías, moi deficientes polo que se viu, dentro das habilidades de comunicación o manual di que o AEDL debe transmitir rigor e confianza para que o usuario facilite a información requirida sobre a súa situación laboral. Isto implica que o usuario, de partida non ten porque dar toda a información, senón que é tarefa do AEDL buscar e gañar esa información. Non considero que non responder sexa unha técnica para lograr esa confianza.

Ao referirse as actitudes o manual sinala que o AEDL debe orientarse ao usuario, e non ao revés, para satisfacer as súas expectativas. Sobra sinalar a miña decepción -cousa que algúns confunden con frustración-. Fala o manual de empatía, de saber escoitar as formulacións do usuario. A maioría fixeron oídos xordos -quizais dicir “ollos cegos” fose máis exacto-. Cumpre ser asertivos e, polo tanto, abrir canles de comunicación. Ignorar ao usuario supón todo o contrario o cal pode dar lugar logo a malentendidos. Para saber máis sobre asertividade déixovos unha ligazón cara un mestre no tema: Bob Esponxa. Un bo AEDL debe ser respectuoso polos compromisos e obrigas adquiridos e non prexulgar nunca ao usuario entre outras actitudes que, como puido comprobarse nesta consulta, non se viron.

A UPD Coordina Local II

Non acabo de entender a mensaxe da UPD Coordina Local aos Axentes e Técnicos de Emprego. Porque negar a miña vinculación e a da “consulta” cando eu non afirmo ter relación algunha con eles? Explico aos diferentes destinatarios de onde saen os seus enderezos de correo, dunha mensaxe enviada por esta UPD, mensaxe que, por certo, viola a Lei de Protección de Datos (pero iso é outro problema, o seu), para que ninguén crese que o que infrinxe a lexislación son eu. Así, si alguén quere realizar unha demanda xa sabe a quen dirixirse.

Non entendo que problema lle pode supor a UPD Coordina Local que un ex-Técnico de Emprego manteña canles de comunicación abertas con outros Axentes e Técnicos de Emprego. Ou si. O que non queren é que os Axentes é Técnicos de Emprego se relacionen entre si fora da súa área de control. Non queren unha comunicación horizontal e libre senón unha comunicación xerárquica e dirixida dende o máis alto. Noutras palabras, queren que cada axente siga illado na cadeira da súa entidade, desconectado doutros, para que nunca xurda o “colectivo” nin a defensa do mesmo.

Non entendo, pola mesma razón, porque deberían aconsellarlle a un técnico que filtre as miñas mensaxes utilizando a utilidade de “correo non desexado”. Quen son eles para decidir por unha persoa adulta e libre que correo desexa ou non desexa recibir? Atreveríame a pedir o cese inmediato do Director da UPD Coordina Local II, Ángel Sucasas Peón, si non fose porque son consciente de que as irresponsabilidades no mundo en que este suxeito se move non ten prezo. E máis, a sensación que se percibe, é a contraria, aprécianse e prémianse.

Persoalmente, a UPD Coordina Local, como moitas outras, paréceme un chiringuito de carácter temporal -polo seu prazo de duración, dous anos-, a diferencia de outros, que se crean con carácter indefinido. A súa única e verdadeira función é o pago de favores electorais.

Como é posible que se confíe a coordinación de todos os Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza a un ente de carácter temporal, cando parte, desgraciadamente unha minoría, dos Axentes e Técnicos de Emprego son persoal fixo? Sen dúbida foi unha brillante idea das mentes bipartitas que a nova Xunta non soubo emendar.

A inexistencia de colectivo

Reivindicar logo de suplicar e moi complicado e moitos dos profesionais dos que falo chegaron aos seus postos axeonllados. Esa é unha das principais barreiras cara a reivindicación da figura do AEDL e a súa adscrición as tarefas encomendadas. Moitos están condenados de por vida pola súa vinculación política.

A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia e, ao meu entender, o ente perfecto para a coordinación e supervisión dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza. Non son necesarios entes intermedios que, pola súa natureza, pasan a metade do tempo montando o chiringuito (selección, distribución de roles, páxina web, …) e a outra metade desmontando (volver a buscar emprego), xusto no intre en que todo estaba disposto para o seu funcionamento.

A interferencia da UPD Coordina Local II -e outras, que aparecen e desaparecen- serve para crear máis confusión na xa de por si heteroxénea natureza dos Axentes de Emprego, amplificando a indefinición das súas tarefas e complicando ao demandante dos seus servizos a elección do ente axeitado.

O meu estudo, considerado un ataque por aqueles que se senten acomodados na poltrona, sen facer nada e embolsando a súa nómina cada mes, sen que ninguén lles esixa resultados, algo que habitualmente se esixe a todo traballador, e que no desempeño desta profesión implica a creación de postos de traballo, si foi ben recibida por aqueles máis comprometidos coa creación de empresas e, por engadido, emprego. A eles -e aos que agardan nas listas do INEM- dirixo e confío a creación dunha Asociación de Axentes e Técnicos de Emprego, que dignifique, potencie e dea visibilidade ao colectivo, garanta a limpeza dos procesos selectivos, formando parte dos mesmos, e contribúa a definir as funcións dos AEDL rematando cos abusos das diferentes entidades.

Os problemas que afectan ao colectivo

Leo no manual ao que antes me refería que unha das eivas dos Axentes e Técnicos de Emprego (páxina 16) é o descoñecemento por parte das entidades para as que traballan, de cal é a súa labor. Este manual recoñece a existencia de extra-limitacións nas funcións dos AEDL e a asunción de tarefas que lle son alleas, sen embargo, Coordina Local II, non o censurou, ao revés, distribuíunos nas súas “espectaculares” -ao igual que inútiles- presentacións pola xeografía galega.

Coordina Local II é un problema. Non aporta nada extra, nada diferenciado ás outras UPD de carácter provincial (apoio, formación e información) ou comarcal. Asume de motu proio funcións que lle foron conferidas a outros facendo que os AEDL reciban cada día información solapada. Non cobre unha necesidade ou baldío existente, adoptando, respecto a outras UPD, unha posición hitleriana na procura de espazo vital.

Sen unidade non haberá estabilidade para o colectivo, perdurará a temporalidade e precariedade de moitos axentes e técnicos, onde moitas entidades pagan ao persoal contratado baixo estas subvencións o que lle ven en gana, triplicando o salario algún axentes respecto a outros. Claro, isto a quen máis cobra non lle preocupa. Por exemplo, aos profesionais de Coordina Local, dos mellor pagados do Reino de Galiza, estas cousas tráenlle sen coidado.

Dilapídanse fondos en moitas UPD, como a do exemplo, e non se inviste en medios materiais para realizar a cabo as tarefas que corresponden, as que de verdade lle corresponden, aos AEDL, especialmente no que se refire as novas tecnoloxías. Probablemente algúns dos que non responderon a miña consulta foi porque non se atopaban xunto a un ordenador con conexión a rede, algo moi habitual no rural, máis si se atopa fora da oficina. Iso, cando non se da a circunstancia de ter que compartir con outra persoa mesa e PC, outra irregularidade moi común. Un portátil e unha conexión móbil son unha ferramenta indispensábel para realizar a función de Axente e Técnico de Desenvolvemento Local.

A soidade na que se atopa o Axente e Técnico de Emprego en moitas entidades afecta de xeito especial a súa autonomía. Depende, para realizar a súa labor, como vimos antes, dunha persoa que non entende a súa función, e que vai impedirlle realizar eficazmente a súa labor, ao non estar esta centrada entre catro paredes, senón aos territorios e sectores encomendados. Alguén que descoñece estas tarefas non pode impedir a flexibilidade horaria e mobilidade territorial necesarias, polo cal debe ser un ente superior, por exemplo a Rede de Técnicos de Galicia, quen debe autorizar esas saídas. Ou mellor, esixilas.

mOendo.net

Máis datos sobre a “consulta” aos Axentes é Técnicos de Emprego de Galicia
16 agosto 10 03:28

A partir das 00.00 horas do vindeiro luns, 16 de agosto publicarei un post analizando máis a fondo o resultado desta “consulta“. O  post tratará de:

- O acollemento que isto tivo entre os axentes de emprego (aínda que tres persoas se ciscaron nos comentarios do artigo, en privado as críticas foron máis ben positivas).

- As intencións que se agochan detrás da resposta inquisidora da UPD Coordina Local II pedindo ignorar as críticas e censurar a información dos meus e-mails.

- A inexistencia dun colectivo forte entre técnicos e axentes de emprego, capaz de facer fronte aos bandazos políticos, que deixan espidos a moitos dos traballadores do sector (ao lograr o seu posto, precisamente por razóns políticas).

- A temporalidade, a precariedade, as diferencias salariais, o frraude de lei na contratación, a desviación de fondos públicos e moitas outras irregularidades as que se prestan institucións e persoal contratado.

Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto?
16 agosto 10 03:25

Logo do post de onte, onde a meirande parte dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza non saen moi ben parados, a resposta da UPD  Cooordina Local II, e que lle está a remitir a tódolos Axentes e Técnicos de Emprego a modo de consigna, é a seguinte:

Bos días a tod@s,

Ante as consultas relacionadas co correo remitido por Xosé Antón Vázquez Dorrío, comentarvos que:

1. A UPD Coordina Local non ten nada que ver co envío do mail nin comparte o seu contido. Desde esta UPD, creada para a coordinación e apoio aos axentes de promoción económica espallados por Galicia, somos conscientes da importancia do papel destes axentes, que teñen máis que xustificada a súa existencia polos anos de experiencia e o desenvolvemento local das zonas nas que traballan, e que son, en palabras do propio Director Xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy, “A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia: un dos principais instrumentos impulsados pola Xunta de Galicia para apoiar a constitución de empresas que contribúan á xeración de novos postos de traballo”.

2. Desde a UPD recomendámosvos que non respondades ao correo de Xosé Antón Vázquez Dorrío para evitar darlle importancia a esta persoa que, estamos seguros, é o único que pretende.

3. Se non queredes recibir máis mensaxes desta persoa, podedes identificar a súa dirección como correo non desexado.

Recibide un cordial saúdo,

Equipo UPD Coordina Local II • BIC Galicia Edificio FEUGA Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n Campus Universitario Sur
15705 – Santiago de Compostela
Tfno. 981 52 30 54
Fax: 981 52 22 92

Fijate! Despois de máis de catro anos na rede, dende antes de que existise a UPD Coordina Local nas mentes bipartitas, para afundir a Rede de Técnicos de Galicia e crear este chiringito, e de ter presencia nas redes sociais máis inflintes, resulta que, segundo os responsables desta UPD, non son máis que alguén buscando protagonismo. Que repasen os post deste blog e xa verán…

Isto dinnos os responsables dunha UPD que leva meses funcionando, con presentacións espectaculares polo país, e ofertando uns servivios que non dan, por exemplo a páxina web da que falaron na súa presentación en Ourense (na CEO): www.coordinalocal.org, onde está? Clicade e sairávos a vella páxina). A súa aportación límita a mandar unhas cantas publicacións de boletíns e uns poucos eventos,… seguramente para encherlle o foro a algún responsable político. Triste aportación a economía deste país.

A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?
16 agosto 10 03:18

No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún ;) . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta:

“Unha vez máis, grazas a Patane (Ugacota), Mabel (Cámara Vigo), Isabel (ACODE Silleda) AEDL Concello de Cambre (non asina con nome), AEDL Concello de Caldas de Reis e UPD Coordina Local e (tampouco asinan cun nome). Fostes 6 as persoas que responderon a miña mensaxe dunha lista de máis de 730 persoas ás que a UPD Coordina Local nos mandou un e-mail o 4 de xuño sobre BIOTRAINING. Parabéns por estar ao voso traballo!

Certo que moitos de vos estaredes de vacacións (só 5 persoas deixaron o seu correo configurado para indicar esta situación nunha resposta automática), outros teriades o día libre, baixa por enfermidade, contrato rematado (foron varios os e-mails que viñeron de volta o cal indica que esa lista non está moi actualizada), outros, os que máis, realizando tarefas que nada teñen que ver coa finalidade para a que fostes contratados; máis, aínda así, a proporción entre “supostos” axentes aos que a UPD coordina Local se dirixe e os que finalmente responderon -só 6!- é preocupante, por usar un termo pouco ferinte. Son consciente que nesta lista non están tódolos axentes que son nin son (eu mesmo) todos os que están.

A pregunta era sinxela e ampla, para que dese posibilidade de moitas respostas, a interpelar ao demandante de información para que fose máis concreto, etc. Dicía:

Alguén coñece como afectarán os recortes anunciados polo goberno as políticas laborais, promoción do emprego, creación de empresas,…? Estanse atrasando a publicación de axudas dende a Consellería de Traballo e Benestar respecto a outros anos, ou segue o mesmo curso que os exercicios anteriores? Grazas!

A resposta era moi complexa, xa dixen; a que buscaba era a seguinte:

Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2010.

Modificada por esta outra:

Orde do 4 de xuño de 2010 pola que se fai pública a minoración do importe existente para a concesión das axudas e subvencións para o fomento do emprego, convocadas pola Orde do 10 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Este mesmo día, dog 14 de xuño producíronse outras modificación, pero esta era una delas e afecta especialmente aos axentes de emprego, co cal esperaba que estivésedes máis atentos polas novas que afectan ao voso colectivo.

Non traballo dende o 23 de decembro de 2009 en que finalizou a UPD Integrou-ASPANAS, máis sego atento a actualidade, incluso a publico nun blog (http://upede.blogspot.com/) porque o considero básico para acceder a un emprego de técnico ou axente de emprego. Moitos de vos, aínda traballando estas cousas impórtanvos “0”. Non valorades ter un traballo nin vos preocupa que outros non o teñan. Iso, salvo excepcións quedoume probado. A Moitos de vós só vos preocupaba saber quen era “xosé antón vázquez dorrío” , “moendo”, “moendo.net”, “sempre moendo”, … e, para verificalo, recorrestes a google, que vos levou ate o meu blog. Non facía falla, estaba vencellado na imaxe (o nome) de máis abaixo. Cun só ‘clic’ era suficiente.

Todo isto non responde a un xogo de alguén que se aburre ao non ter traballo, senón que é un experimento para aportar ao  traballo final do Máster de Axente de Emprego que estou realizando, aquela na que falo da eficacia dos Axentes de Emprego para solventar as dúbidas e problemas que xurdan a empresas, emprendedores e traballadores empregados e desempregados.

Non me alongo máis, resultaría aburrido e moitos de vos nin sequera o leriades só con ver a extensión da mensaxe. Serei máis extenso no meu blog e, sobre todo, no meu traballo final.

Saúdos!”

Nesta lista, unha das entidades que conta con máis representantes é a CEO (Confederación empresarial de Ourense), con ate 11 persoas. Ningunha respondeu e sei que non están todas de vacación porque é nesta entidade onde estou realizando un curso. Estarán revisando Curriculums Vitae, tamén o meu, mais,… imaxino que ao estar en galego irá directamente ao lixo. Tamén lles presentara un proxecto de empresa fai un mes, tamén en galego, e tampouco teño resposta algunha. Sei que na CEO se discrimina ao galego, sei de traballadores -da propia entidade- aos que se lle esixiu un Curriculum en castelán. Logo, iso si, os empresarios socios da entidade presumen de galeguistas abrazados a Baltar.

Con exemplos coma este non será doado desprenderse da fama de “enchufados” e “persoal contratado a dedo” que teñen os axentes de emprego. Iso é unha realidade manifesta. A primeira vez que lle comentei a alguén que era Técnico de Emprego, preguntóume: quen te colocou? A min ninguén, querían colocar a outra persoas, iso si. Os datos deste experimento reflicten que a estes profesionais o seu traballo non lles importa o máis mínimo, nin, seguro, son as persoas máis adecuadas para realizalo. E claro, si no contexto de crise no que os atopamos, os axentes potenciadores da actividade económica andan a rañala, que nos queda aos demais?

moendo.net

Matinacións
13 julio 10 11:23

Ando eu dándolle voltas ao muíño, do revés, coma de costume, acerca de diferentes temas de actualidade nesta terra esquecida -para algúns, os de sempre-.

Catalunya é unha nación

... por que o di o pobo catalán, o único no que reside a soberanía popular. A algúns neodemócratas cumpre lembrarlles o significado da soberanía popular. Esta, a soberanía popular, non pode delimitarse espacialmente, circunscribíndoa a un espazo determinado a conveniencia dunha maioría (porqué debe decidir o Estado español sobre a soberanía doutro pobo, porque non tódolos cidadáns da UE ou do mundo? O dereito a determinar libremente o futuro correspóndelle individualmente a cada pobo), ou temporalmente, obrigando a que se cumpra unha constitución, só en parte, na parte que interesa a uns poucos (podería estenderme en dereitos como o do traballo, vivenda digna, a cultura, e tantos outros que non se cumpren nin hai Tribunal Constitucional que os faga cumprir), que foi votada baixo a ameaza dunha ditadura, silenciando os seus crimes, por unha parte da poboación que hoxe en día xa non vive. A maioría dos que hoxe temos dereito a voto non eliximos ter esta constitución. Sobra facer números.

Galiza, nación de fábula

Di o PSOE que Galiza é “nazón de Breogán”. Logo da vitoria do combinado hispano, con maioría cuantitativa e cualitativa catalá, penso que os socialistas son excesivamente optimistas. O nacionalismo decimonónico que practica a UPG coa pel do BNG non fixo máis que impulsar o crecemento do sentimento nacionalista español en Galiza afastándose desa concepción de leira balada coa que Francisco Rodríguez imaxina a nosa terra. Nin balados nin leiras, estamos no século XXI, e as alternativas que temos son dúas: globalización ou glocalización, isto é, actuar localmente sen deixar de pensar globalmente. O nacionalismo galego nin arre nin xo, a diferencia do catalán, que si soubo atopar un sitio no imperio europeo e o seu pobo, como demostrou o sábado pásado, ten conciencia de saber a parte que ocupa. A solución máis real para acadar novas cotas de soberanía pasa pola construción da Europa dos pobos e afondar na desaparición do Estado como instrumento de goberno, ao meu entender e seguindo a José M. Colomer (Grandes Imperios, Pequenas Nacións, 2006), un instrumento caduco. A diferenciación entre nacións con estado e nacións sen estado só desaparecerá cando sexa abolido o estado, non pola adquisición da condición de estado. Pode e debe perseguirse o recoñecemento de Galiza como nación do imperio europeo. O futuro da nación galega pasa por acadar unha Unión Europea que pense menos na economía e máis nas persoas, nos seus dereitos, nas súas culturas, nas súas diferencias, e faga disto un valor. Non comparto co nacionalismo galego que Europa sexa un problema. Vexo nela a solución. O que ocorre é que o nacionalismo galego quedou trabado séculos atrás. Mentres non se decaten, a rojigualda seguirá ondeando nas nosas prazas cos trunfos alleos. On non, que diría outro muiñeiro.

A maior causa do quecemento global é o comercio global, SATISH KUMAR

Catro anos bloggeando
08 junio 10 11:00


No día de hoxe cúmprense catro anos dende que abrín a miña primeira bitácora. O que me animou foi o premio dun concurso que organizaba Terra Networks polo Mundial de futbol 2006 pois, segundo as normas do concurso o gañador pasaría a "formar parte da plantilla de blogueros de Terra". O gañador do concurso sería o blogger que maior número de visitas tivese de xeito que se trataba máis dun concurso de posicionamento na rede que de coñecementos futbolísticos; así, quen conseguise utilizar mellor as técnicas de posicionamento tiña todas as vantaxes para gañar... e ese fun eu.

Aquel primeiro post sóamente buscaba ser visto polos buscadores. O que se ve agora non é o orixinal, foi modificado unha vez o blog foi indexado. Estar ben posicionado require moito esforzo, cumpre entrar a outros blogs e webs a deixar comentarios e, por suposto, o enderezo do blog que queres posicionar. Logo cumpre actualizarse a miudo (escribía como mínimo un post diario) e utilizar palabras moi buscadas nese momento nos buscadores. A iso obecede o propio nome do blog: World Cup Blog 06; sen dúbida foi o máis buscado en Google durante o tempo que durou o Mundial de Fútbol: e, como non, mencionar sempre o nome dos xogadores máis mediáticos, aínda que fose para dicir o mal que o fixeron. Por suposto, é importante contar cun blogroll amplo, vencellar a outros para que outros te vencellen, e tamén citar a outros autores e a seus blogs... iso é o máis valorado polas arañas que rastrexan a rede.

As circunstancias logo do mundial non foron as máis favorables. Terra Networks foi abssorvida por Telefónica no tempo que durou o Mundial'2006 e, estes últimos, tiñan outros plans para a compañía. Sobraba persoal. Nun primeiro intre fixéronse o 'sueco' e logo, ante as miñas reclamacións, decidirón ofrecerme un contrato, mais este nada tiña que ver coas espectativas xeradas polo anuncio inicial, limitándose a súa oferta a un contrato mercantil de tres meses de duración cuxos emolumentos apenas cubrian os gastos do seguro dun traballador por conta propia, esixencia esta realizada a posteriori pola compañia.

Isto obrigoume a iniciar un proceso para reclamar ese premio que aínda hoxe, catro anos despois, non rematou. A decisión inicial, errónea, pero mostra da boa vontade con que se fixo, foi reclamar ese premio mediante un sistema arbitral. Foi errónea porque Telefónica xamais tivo vontade algunha de chegar a ningún tipo de acordo, que para iso conta cun exercito de avogados, para que o pelexen todo.

Catro anos despois estámos no mesmo punto de partida, agardando que unha xuiza do social dite unha sentenza e que, diga o que diga, esta será recorrida por unha ou outra parte intervinte. Ben, no principio esactamente non, agora a xuiza está obrigada a ditar unha sentenza cando na primeira ocasión o que fixo foi declararse incompetente, avíndose á demandada. Daquela non fixo caso ao Ministerio Fiscal, pero agora si ten que facerllo ao TSXG que non di outra cousa que o que o mesmo MF dicía. Dicía a xuiza (María Isabel Gómez Balado) naquela súa Sentenza que non apreciaba a existencia de precontrato algún, argumentando isto con doctrina, seguramente da súa etapa de estudante -pola data da STS-, cando non era iso esactamente o que se alegaba, senón unha promesa de contrato, ao que o TSXG afirma que "con independencia da calificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa de contrato), crearon no destinatario,ao menos en principio, unha espectativa de traballo".

Crear falsas espectativas por unha empresa a un traballador, amais de inmoral, é motivo de denuncia. Ocorre a cotío, especialmente na comunicación verbal. Son enganos que serven para motivar a un traballador a curto prazo, para que asine un contrato, para que renda máis,... pero que a longo prazo pode volverse en contra da entidade (demandas, desánimo, improductividade,...).

Dende que un Tribunal anula unha sentenza (neste caso o TSXG anulou a sentenza do Xulgado do Social de Ourense o 26 de febreiro de 2010) e devolve os autos para ser ditada outra nova non acostuman a transcorrer máis de mes e medio-dous meses, sen embargo, neste caso xa vai para catro. Neste caso nada foi normal, todo excepcional: o primeiro xuízo celebrouse dúas veces, na primeira vista a demandada, Telefónica, non compareceu e solicitou unha nova celebración por falla de comunicación da data da vista. Na segunda vista solicitou a incompetencia do tribunal, o cal obrigou a pedir un informe ao Ministerio Fiscal, aínda que logo non o tivese en conta, alargando tamén así o prazo establecido para dictar Sentenza. Neste caso o máis dilixente foi o TSXG que en pouco máis de dous anos dictou a derradeira Sentenza, moito máis pronto do que agardaba.

O caso é que algo que desexaba, ser blogger profesional, foise diluindo co paso do tempo. Tamén é certo que gozo máis da liberdade de ser un afeccionado. O que si non desaparece é a esperanza, ao revés, a pesar dos atrancos sufridos, de ver recoñecido e compensado (salarios non percibidos deica o intre en que a sentenza sexa firme, lucro cesante -salarios futuros- máis danos morais) pola tarefa que non puiden realizar.

Esta mala experiencia tampouco serviu para apartarme da blogosfera, senón todo o contrario, construín multitude de blogs -moitos por aí perdidos- e participei en moitos máis, seguindos, lendos, comentandos,... A blogosfera foi o inicio do que se deu en chamar web 2.0 ou web social, un modelo de comunicación horizontal que deu paso a intereactividade entre autores e lectores, unha comunicación a que se siguen sumando cada vez máis persoas pero, tamén, a que se resisten moitas outras. Non entenden que na actualidade máis de 1.500 millóns de persoas están a un clic do que escribimos na rede... ou, quizais, sexa iso o que temen.

"Traballar na era 2.0 require dunhas competencias ehabilidades tecnolóxicas, dixitais e informacionais", di Bel Llodrá e Cristina Aced nun artigo publicado en UOC Alumni, Emprego 2.0, e coautoras de "Visibilidad. Como xestionar a reputación online". Cando non existe disposición por parte dos responsables de tódalas organizacións de subministrar esas competencias aos seus traballadores nin adquirilas para si mesmos, descoñecendo e privando a esta dos potencias beneficios que lle podería acarrar, ao considerar a web 2.0 como unha ameaza e non como unha oportunidade, están prexucando a súa entidade. De feito, para acadar estes catro anos na rede, cumpre segundo palabras das mesmas autoras "unha predisposición positiva e unha actitude dixital" pois estas "son a clave para aproveitar as oportunidades que brinda este novo escenario laboral". by

moendo.net

Fichaxes
12 marzo 10 01:30


Será Baltar Blanco (BB) o novo Florentino Pérez da política? Eladio Fernández (EF) chega ao PP en plan “Cristiano Ronaldo” dicindo que o proxecto do novo presidente provincial dos populares, BB. lle parece "sólido, fiable e ilusionante". Un crack! Di a nova fichaxe que comparte co seu actual partido as súas "ideas, proxecto e obxectivos para sacar adiante a provincia". Esmendréllome! Na rolda de prensa da súa presentación -aínda non se sabe que número lucirá na camisola- EF reivindicou a súa liberdade política e proclama que "hai un proxecto que me ilusiona moito máis e estou a disposición de BB para o que dispoña". Plas, Plas, Plas,...!

Ler máis en mOendo.net


Artigo relacionado: "Hai seis meses denunciaba irregularidades na Deputación de Ourense, hoxe ficha polo PP", en Vieiros.

ABaltar, por Kiko da Silva

Xenial remake de Kiko da Silva. en Retranca

Orgullos@s do noso. Orgullos@s do galego
23 febrero 10 08:53

<p><a href="http://www.youtube.com/watch?v=Yt21eN_uW3k">http://www.youtube.com/watch?v=Yt21eN_uW3k</a></p>
enviadopor andainas | 0 comentarios    
Corrupción e externalización
23 noviembre 09 03:22

Maila os tópicos que din que 'corrupción houbo sempre', pode afirmarse que o aumento da corrupción política foi medrando de xeito proporcional a externalización de servizos públicos. Estamos vendo como detrás de cada trama corrupta aparecen sempre en xogo a concesión de contratos para realizar servizos que antes prestaban directamente as administracións públicas, dende a simple organización de actos públicos, pasando pola elaboración de estudos, prestación de servizos sociais, servizos de limpeza, mantemento de estradas, servizos contra o lume, sanidade e un largo etcétera, que provocan que, na loita por facerse con eses contratos, as empresas estean dispostas a recorrer a prácticas sucias para garantir o seu propio éxito. Segue en moendo.net
enre@ndo na nube
31 octubre 09 09:53

xOsse dorrío profileCanle de video de xOsse dorríoxOsse bookmarkx on deliciousblog persoal de xOsse dorríoxOsse on facebookphotos das miñas andainas en Flickros meus chios en twitterweb da UPD IntegrOUxOsse en technoratixOsse en alianzoxOsse en scribxOsse en Chuza!
Riscos e fraude laboral en Ribadavía
05 octubre 09 02:08

Comezo pedindo desculpas, desculpas por non ter publicado isto antes, isto é, no mesmo intre en que tiven coñecemento do que pasaba. Cando se trata de riscos laborais, actuar de inmediato pode evitar un accidente, non facelo pode converterte en cómplice, por omisión, si finalmente acaba por producirse. Tamén é certo que tentei poñelo en coñecemento por outras vías para remedialo mais, enseguida me dixeron, en concreto a directora (Nuria Bueno Aizpuru), que iso non era asunto meu, nin da UPD, ó tempo que me advertían que tivese coidado co que facía pois podía ‘caerme o pelo’. Non é iso o que máis me preocupa.

O pasado luns fun dar un curso de Prevención de Riscos Laborais a Ribadavia a un obradoiro organizado por este Concello. En principio o curso era para o módulo de xardinería, aínda que logo se unirían os outros módulos do obradoiro: carpintería e albanelería. Os primeiros en sorprenderse foron os compoñentes do obradoiro ó ver un manual adicado a uns riscos específicos dunha materia que nada tiña que ver co que eles facían.

Do que sucedeu nesta xornada fixen un informe e entregueino na UPD coa intención de que ‘fixeran algo ó respecto’, así llo dixen. Sobra dicir que ninguén fixo nada.

O artigo 2 da Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para os programas de escolas obradoiro indica cal é a finalidade das mesmas: ‘emprego e formación‘.

Tratándose da realización dun traballo, quen o realiza ten os mesmos dereitos e obrigas que calquera outro traballador; o mesmo se pode dicir respecto ó empresario, e dicir, o Concello de Ribadavía, pero a inversa. Como veredes, no informe que presentei a violación de dereitos é flagrante:

segue en moendo.net

Preguntas sen respostas
13 septiembre 09 09:35

A recorrente escusa da Voz como causa da desfeita nacionalista do 1Marzo só está servindo para crear un mostrou de dúas cabezas, unha (Santiago Rey, o dono do xornal) ó atribuírlle a alguén un mérito que non lle corresponde e, outra, ó permitir, a súa vez, que os verdadeiros culpables consigan zafarse das súas responsabilidades.

É unha dúbida que veño sementando en diversos foros nos que se insidia (ou catapulta, segundo o punto de vista) asiduamente este xornal. Aínda non hai resposta, máis non desespero. Preguntaba a Antón Bahamonde, hai uns días na súa trincheira, que influencia cría que tivo a RTVG (por non falar de TVE, La Sexta, CNN+, Cuatro, Xornal, Vieiros, El País, Público, e algún outro máis) nas pasadas eleccións galegas?

Non se pode dicir que estes medios se mantivesen ó marxe da disputa política, nin negar a súa influencia nun importante sector da poboación. Aínda non vimos análises rigorosas, con queixiños de cores, ó respecto. Nin virán. Non o fará porque quen si realizou eses estudos para demostrar a influencia de La Voz, probablemente non pretende outra cousa máis que manipular. Un exemplo, o post de Calidonia: de como un xornal bota abaixo un goberno. Onte, ó fío desta chuzada volvín a preguntarme o mesmo: onde están as comparativas de audiencias da TVG, RG, El País,... cos votos do PSOE e BNG? Alguén se cre que estes outros medios foron, son ou serán neutrais? De verdade, alguén se cre que exista un medio que 'decide' pola súa audiencia e que os outros non o fan pola súa?

No fondo, a cousa funciona así: como gañou o PP vinculamos a súa vitoria coa información e influencia da Voz. Si fose ó revés dende a dereita estarían acusando a televisión pública de estar manipulada, que o estaba, vaia si o estaba, e os medios privados -Vieiros, Xornal, El País, Público,...- de orquestrar unha campaña sucia contra o PP. O conto é vello.

Post orixinal: mOendo.net

Fogos de artificio
29 julio 09 05:05

Thomas Frank, comentarista político estadounidense, presentaba nun dos seus libros, o publicado en 2004, What’s the Matter with Kansas?, a sombría imaxe duns votantes de clase traballadora repetidamente estafados mediante o recurso a puros fogos de artificio:

O truco nunca falla, a ilusión nunca se disipa. Votade contra o aborto, recibiredes unha rebaixa dos impostos sobre os beneficios do capital; votade para que o noso país volva a ser forte, recibiredes desindustrialización; votade para que se “cepillen” ós profesores de universidade politicamente correctos, recibiredes desregularización do subministro de enerxía eléctrica; votade para quitarvos de encima o peso do goberno, recibiredes conglomerados empresariais e monopolios en todas partes, dende os medios de comunicación ata a industria cárnica; votade para plantarlle cara ó terrorismo, recibiredes tentativas de privatización da Seguridade Social; votade para darlle unha boa as elites, recibiredes un orden social no que a riqueza se atope máis concentrada do que xamais o estivo nas nosas vidas, no que os traballadores se viron desposuídos de todo poder e no que os directores das grandes empresas reciben soldos máis alá de todo o imaxinable”.

Esta imaxe que Tomas Frank nos dá da realidade estadounidense resulta moi semellante a que nos queren debuxar dende o movemento conservador galego e español que, ó caso, ven sendo o mesmo. Puidemos velo nas derradeiras eleccións, tanto galegas como europeas, nas que o PP expande unha mensaxe pública na que abundan referencias ós ataques ó castelán, ó terrorismo, a unidade de España, a carga impositiva das familias, a laicidade da ensinanza, o dispendio dos responsables da administración pública,… e, como non, ó aborto. Baixo esta mensaxe pública agóchase outra, unha mensaxe oculta: reducir impostos ós máis ricos, máis externalizacións, privatizacións e/ou redución de servizos sociais, aniquilación das linguas e culturas minoritarias, control institucional do ensino, desregulación do mercado,… Encobren con retórica populista os intereses económicos dunha minoría.

Ler todo o post en www.mOendo.net

Ata aquí todo vai ben
10 junio 09 03:12
Deixo aquí un estracto da análise post-electoral realizada por Raimundo Viejo Viñas e publicada en On the wobbly's road.
[...] Entre as evidencias desta crise parcial do xogo representativo encóntrase o feito de que as forzas de esquerda e nacionalistas que apoian ó PSOE aférranse ó mantemento da súa representación como mellor evidencia de que a súa particular concepción da política segue en pé. Como dicía aquel personaxe da película La Haine a punto de estamparse contra o chan: jusqu'ici tout va bien!, "ata aquí", pensan IU, BNG, ICV, ERC, etc., "todo vai ben".
[...] Así, por exemplo, o BNG parece que dende que perdeu o poder quere recuperar o pulso pola esquerda e pola rúa. Como si durante os seus catro anos de goberno non fixeran unha xestión moi mediocre, por non dicir cousas peores, nos derradeiros meses creu ver nas mobilizacións en defensa do galego ou nalgunhas outras loitas sociais do momento, a porta a unha recuperación do espazo político perdido (todo isto, hai que precisar, nunha máis que modesta medida, evidencia que a maquinaria partidista aínda está encaixando, cunha moi lenta dixestión, a súa derrota electoral). Loxicamente, despois non xa dunha lexislatura senón dunha década operando como aparato fora por completo das redes de activistas, o BNG practica toda sorte de torpezas, moitas veces sen chegar a darse conta. O seu problema máis grave, sen embargo, non está no movemento (aínda que obscenidades como o comportamento dalgúns dinosaurios no Foro Social Galego poidan chegar a ser verdadeiros problemas). O principal problema do BNG é que segue sen entender que modelo de organización política adoptará para ser un interfaz funcional ás demandas sociais que nacen no movemento.
<p><a href="http://www.youtube.com/watch?v=RLIH4rFJe6s">http://www.youtube.com/watch?v=RLIH4rFJe6s</a></p>
O BNG é dos militantes e non dos burócratas que se aferran á poltrona.
06 marzo 09 09:21
Dimisión XA de tódolos membros do Consello Nacional e se convocatoria dunha Asemblea Nacional Ordinaria para toda a militancia, unha Asemblea que "non pode ser organizada e, polo tanto, controlada polo mesmo aparato vertical de poder que provocou a catástrofe que estamos vivindo. Sería un fraude a militancia". <p><a href="http://www.youtube.com/watch?v=gLHf4Nm4Fog">http://www.youtube.com/watch?v=gLHf4Nm4Fog</a></p>
enviadopor andainas | 0 comentarios    
Más envíos Página siguiente >