Comezo pedindo desculpas, desculpas por non ter publicado isto antes, isto é, no mesmo intre en que tiven coñecemento do que pasaba. Cando se trata de riscos laborais, actuar de inmediato pode evitar un accidente, non facelo pode converterte en cómplice, por omisión, si finalmente acaba por producirse. Tamén é certo que tentei poñelo en coñecemento por outras vías para remedialo mais, enseguida me dixeron, en concreto a directora (Nuria Bueno Aizpuru), que iso non era asunto meu, nin da UPD, ó tempo que me advertían que tivese coidado co que facía pois podía ‘caerme o pelo’. Non é iso o que máis me preocupa.
O pasado luns fun dar un curso de Prevención de Riscos Laborais a Ribadavia a un obradoiro organizado por este Concello. En principio o curso era para o módulo de xardinería, aínda que logo se unirían os outros módulos do obradoiro: carpintería e albanelería. Os primeiros en sorprenderse foron os compoñentes do obradoiro ó ver un manual adicado a uns riscos específicos dunha materia que nada tiña que ver co que eles facían.
Do que sucedeu nesta xornada fixen un informe e entregueino na UPD coa intención de que ‘fixeran algo ó respecto’, así llo dixen. Sobra dicir que ninguén fixo nada.
O artigo 2 da Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para os programas de escolas obradoiro indica cal é a finalidade das mesmas: ‘emprego e formación‘.
Tratándose da realización dun traballo, quen o realiza ten os mesmos dereitos e obrigas que calquera outro traballador; o mesmo se pode dicir respecto ó empresario, e dicir, o Concello de Ribadavía, pero a inversa. Como veredes, no informe que presentei a violación de dereitos é flagrante:
segue en moendo.net