[QUE DIMITAN TODOS]
Para anunciar caidas logo de producirse os galegos non temos prezo. Sempre estamos aí á espreita, e zas!, en canto alguén da cos fuciños no chan soltámolo: vas caer! Lendo e escoitando as análises políticas da a impresión de que todo o mundo o vía vir pero, que casualidade, ninguén dixo nada. Porque? É obvio, porque advertindo a caida antes de producirse podían correxir o comportamento do receptor, podían facer cambiar o rumbo que estaba seguindo e, con este cambio, evitar o tropezón. E claro, ó cambiar o seu comportamento o receptor, o emisor equivocaríase na súa predición. Ese é o problema de dicir vas caer! antes de tempo: o receptor terá máis coidado, evitará a caída e deixará en mal lugar a quen deu o aviso.
Segue lendo en mOendo.net