-
Asistín a moitos mitins na miña vida e
víame sempre rodeado de argaos, de xente que non escoitaba, berraba
cando se lles pedía que o fixeran, ou instintivamente cando se ventaban
valores identitarios, ou calaban ao falar de conceptos políticos,
económicos, mesmo filosóficos que nos afectan.
Coches pola rúa rebentando oídos aos viandantes, cartaces arrincados
polas treboadas enchendo de lixo parques, xardíns, cunetas. Programas de
partidos políticos enchendo os baldes do lixo, baleiros de contido
ideolóxico, prometendo o que non fixeron cando tiveron a oportunidade de
gobernar. Titulares de prensa que se converten en argueiros que
penetran polos ollos deica os cerebros menos esixentes, frases
impactantes para acochar ante os mass media a ausencia de
proxectos reais e activar instintos primarios, como a paixón, no votante
e desactivar aqueles outros que nos converteron no que nos define como
animais: a razón. Seres pensantes, seres críticos.
Iso é unha campaña política na actualidade: a mala praxe no uso da
mensaxe, dirixida integramente ás emocións humanas, esquivando a razón; a
utilización dunha imaxe falsa, finxida, para chegar cunha mirada ao que
o «votante medio» considera «candidato normal» logo de anos e anos
perfilando esa imaxe na mente humana: traxes caros, garabatas, postas en
escena milimetricamente estudas, con predominio masculino (imaxe de
fortaleza) sobre o feminino (debilidade),… aínda con esas, espremendo o
zume dunha educación patriarcal. O importante é sacar o máximo proveito a
eses minutos, quizais segundos, de televisión para enganar ao
espectador que ignora como todo iso se logra: a punta de pistola.
Os locais onde se imparten charlas ou mitins énchense recrutando
concello a concello ás persoas, como si fosen ovellas para unha feira de
animais. Lembro cando sendo Responsable Local do BNG de Xunqueira de
Ambía me chamaba o Responsable Comarcal, hoxe candidato do BNG ao
Congreso polo Senado, para dicirme cantas persoas debían acudir a cada
acto: trae como mínimo a dez, dicía. Non é preciso moita
imaxinación para saber que en cada mitin que dan neste ou noutro partido
os candidatos chegan co seu séquito ao lugar elixido cunha ducia ou
centos de persoas. Crean un teatriño no que cada quen cumpre co seu
papel, incluídos os pseudoespectadores, para chegar a vostede, que está
na súa casa fronte a un televisor e descoñece estas tropelías
maliciosamente argalladas.
Non lles contarán a xente, a ese conxunto de persoas ás que lle
estafan o voto, a verdade do que levan feito, moito menos do que farán
no futuro. Soamente lle ensinarán a mensaxe que exalta os seus
sentimentos, a imaxe da resposta dunha multitude embebida no cinismo
político que nos abrangue e espallan os que se din nosos representantes,
escoitaremos e leremos as acusacións mutuas de corrupción,
normalizándoas socialmente -a propia, claro-, provocando medo social ao
que ven (máis paro, máis terrorismo, máis desaucios, máis pobreza,…
tamén máis contaminación, pero isto non o din) si o outro goberna, sen
ofertar alternativa algunha,… pero nada, nada de política, nada de
solucións reais aos problemas que nos afectan: a crise financeira, o
desemprego, os desaucios, a perda continuada de dereitos persoais,
vencellados ao estado de benestar, e laborais e por suposto a
contaminación do noso contorno que nos obriga a respirar un aire
contaminado, beber de augas sucias, comer alimentos envelenados… A
humanidade actual parece non preocuparlle a supervivencia da
civilización creada durante milleiros de anos. Estamos dando,
irremediablemente, un paso atrás no proceso evolutivo da nosa especie.
-
No día de hoxe cúmprense catro anos dende que abrín a miña primeira
bitácora. O que me animou foi o premio dun concurso que organizaba Terra
Networks polo Mundial de futbol 2006 pois, segundo as normas do
concurso o gañador pasaría a “formar parte da plantilla de blogueros de
Terra”. O gañador do concurso sería o blogger que maior número de
visitas tivese de xeito que se trataba máis dun concurso de
posicionamento na rede que de coñecementos futbolísticos; así, quen
conseguise utilizar mellor as técnicas de posicionamento tiña todas as
vantaxes para gañar… e ese fun eu.
Aquel primeiro post sóamente buscaba ser visto polos buscadores. O que se ve agora non é
o orixinal, foi modificado unha vez o blog foi indexado.
Estar ben posicionado require moito esforzo, cumpre entrar a outros
blogs e webs a deixar comentarios e, por suposto, o enderezo do blog que
queres posicionar. Logo cumpre actualizarse a miudo (escribía como
mínimo un post diario) e utilizar palabras moi buscadas nese momento nos
buscadores. A iso obecede o propio nome do blog: World Cup Blog 06; sen dúbida foi o máis
buscado en Google durante o tempo que durou o Mundial de Fútbol: e, como
non, mencionar sempre o nome dos xogadores máis mediáticos, aínda que
fose para dicir o mal que o fixeron. Por suposto, é importante contar
cun blogroll amplo, vencellar a outros para que outros te vencellen, e
tamén citar a outros autores e a seus blogs… iso é o máis valorado polas
arañas que rastrexan a rede.
As circunstancias logo do mundial non foron as máis favorables. Terra
Networks foi abssorvida por Telefónica no tempo que durou o
Mundial’2006 e, estes últimos, tiñan outros plans para a compañía.
Sobraba persoal. Nun primeiro intre fixéronse o ’sueco’ e logo, ante as
miñas reclamacións, decidirón ofrecerme un contrato, mais este nada tiña
que ver coas espectativas xeradas polo anuncio inicial, limitándose a
súa oferta a un contrato mercantil de tres meses de duración cuxos
emolumentos apenas cubrian os gastos do seguro dun traballador por conta
propia, esixencia esta realizada a posteriori pola compañia.
Isto obrigoume a iniciar un proceso para reclamar ese premio que
aínda hoxe, catro anos despois, non rematou. A decisión inicial,
errónea, pero mostra da boa vontade con que se fixo, foi reclamar ese
premio mediante un sistema arbitral. Foi errónea porque Telefónica
xamais tivo vontade algunha de chegar a ningún tipo de acordo, que para
iso conta cun exercito de avogados, para que o pelexen todo.
Catro anos despois estámos no mesmo punto de partida, agardando que
unha xuiza do social dite unha sentenza e que, diga o que diga, esta
será recorrida por unha ou outra parte intervinte. Ben, no principio
esactamente non, agora a xuiza está obrigada a ditar unha sentenza cando
na primeira ocasión o que fixo foi declararse incompetente, avíndose á
demandada. Daquela non fixo caso ao Ministerio Fiscal, pero agora si ten
que facerllo ao TSXG que non di outra cousa que o que o mesmo MF dicía.
Dicía a xuiza (María Isabel Gómez Balado) naquela súa
Sentenza que non apreciaba a existencia de precontrato algún,
argumentando isto con doctrina, seguramente da súa etapa de estudante
-pola data da STS-, cando non era iso esactamente o que se alegaba,
senón unha promesa de contrato, ao que o TSXG afirma que “con
independencia da calificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa
de contrato), crearon no destinatario,ao menos en principio, unha
espectativa de traballo”.
Crear falsas espectativas por unha empresa a un
traballador, amais de inmoral, é motivo de denuncia. Ocorre a cotío,
especialmente na comunicación verbal. Son enganos que serven para
motivar a un traballador a curto prazo, para que asine un contrato, para
que renda máis,… pero que a longo prazo pode volverse en contra da
entidade (demandas, desánimo, improductividade,…).
Dende que un Tribunal anula unha sentenza (neste caso o TSXG anulou a
sentenza do Xulgado do Social de Ourense o 26 de febreiro de 2010) e
devolve os autos para ser ditada outra nova non acostuman a transcorrer
máis de mes e medio-dous meses, sen embargo, neste caso xa vai para
catro.
Neste caso nada foi normal, todo excepcional: o
primeiro xuízo celebrouse dúas veces, na primeira vista a demandada,
Telefónica, non compareceu e solicitou unha nova celebración por falla
de comunicación da data da vista. Na segunda vista solicitou a
incompetencia do tribunal, o cal obrigou a pedir un informe ao
Ministerio Fiscal, aínda que logo non o tivese en conta, alargando tamén
así o prazo establecido para dictar Sentenza. Neste caso o máis
dilixente foi o TSXG que en pouco máis de dous anos dictou a derradeira
Sentenza, moito máis pronto do que agardaba.
O caso é que algo que desexaba, ser blogger profesional,
foise diluindo co paso do tempo. Tamén é certo que gozo máis da
liberdade de ser un afeccionado. O que si non desaparece é a esperanza,
ao revés, a pesar dos atrancos sufridos, de ver recoñecido e compensado
(salarios non percibidos deica o intre en que a sentenza sexa firme,
lucro cesante -salarios futuros- máis danos morais) pola tarefa que non
puiden realizar.
Esta mala experiencia tampouco serviu para apartarme da blogosfera,
senón todo o contrario, construín multitude de blogs -moitos por aí
perdidos- e participei en moitos máis, seguindos, lendos, comentandos,… A
blogosfera foi o inicio do que se deu en chamar web 2.0
ou web social, un modelo de comunicación horizontal
que deu paso a intereactividade entre autores e lectores, unha
comunicación a que se siguen sumando cada vez máis persoas pero, tamén, a
que se resisten moitas outras. Non entenden que na actualidade máis de
1.500 millóns de persoas están a un clic do que escribimos na rede… ou,
quizais, sexa iso o que temen.
“Traballar na era 2.0 require dunhas competencias
ehabilidades tecnolóxicas, dixitais e informacionais”, di Bel Llodrá e Cristina Aced
nun artigo publicado en UOC Alumni, Emprego 2.0, e
coautoras de “Visibilidad. Como xestionar a reputación online”.
Cando non existe disposición por parte dos responsables de tódalas
organizacións de subministrar esas competencias aos seus traballadores
nin adquirilas para si mesmos, descoñecendo e privando a esta dos
potencias beneficios que lle podería acarrar, ao considerar a web
2.0 como unha ameaza e non como unha oportunidade, están
prexucando a súa entidade. De feito, para acadar estes catro anos na
rede, cumpre segundo palabras das mesmas autoras “unha predisposición
positiva e unha actitude dixital” pois estas “son a clave para
aproveitar as oportunidades que brinda este novo escenario laboral”.
moendo.net
-
Logo de meses espertando, cada mañá, a túa beira, quería confesarche o pracer que me produce oír a túa ronca voz anunciando cada día un feixe de boas novas. Moitas veces agardo esperto e con ansia o intre en que soltas tódalas excelencias do excelentísimo nese breve pero intenso minuto de radio. Outras durmo, máis esperto con pesadelos, pensando que xa te fuches. Non debería, sei que si algún día iso sucede podo atoparte logo nas páxinas do xornal da nosa cidade. Que sorte temos de vivir nesta gran cidade.
Unha cidade e uns cidadáns que deberían amosar o seu agradecemento porque soamente se lles vai subir a taxa do lixo un 18%. Ao escoitalo da túa venerable boca dan ganas de pagar o vinte, para contribuír, cando menos, a sufragar os gastos que ao Concello lle supón o teu 'número' diario na radio e prensa local.
Si estivese parado, como o están miles de cidadáns nesta cidade, tranquilizaríame saber que o meu Alcalde xera emprego: noventa persoas traballan grazas a túa benevolencia, noventa amigos, e non son máis porque á cidadanía ten o deber de sabelo. Isto é, cumpre pagar a prensa e radio locais para que nos informen das bondades do noso benfeitor. Estes non son tan altruistas coma ti.
Debo recoñecer que es ben fino, fino coma un allo! Entras na miña casa pola mañá cedo, ben cediño (igual o fas máis veces mais logo xa non nos encontramos), cando aínda estou coa garda baixa. Fas que cada día saia da miña casa crendo que vivo na cidade máis limpa, máis segura e máis atenta coa súa cidadanía, atenta cos que máis o necesitan e tamén, como non, cos que menos o necesitan. No intre que poño o pé na rúa sei que non fallará nada. Aí todo é perfecto, unha máquina de precisión suíza da que ti te encargas de dar corda.
Ao mesmo tempo, os medios de comunicación a que me refiro, o xornal máis lido da cidade e a radio máis escoitada, amósanse condescentes coa túa túa labor e a do teu goberno. Que van facer? Criticar o excesivo gasto en publicidade? Non se atreverán. De feito, os beneficios anuais que aquel xornal anuncia son inferiores aos gastos que o excelentisímo fai en propaganda nel. Grazas a estas partidas os traballadores que se verán prexudicados polo ERE serán tan só 35. Deberías apuntarte tamén ese tanto.
Sen máis, despídome, nesta carta aberta, coa tranquilidade que me dá saber que mañá, ben cedo, ti estarás aí para darme folgos, quen sabe si, seguindo a miña recomendación, coa seguinte mensaxe: O Concello de Ourense informa: “a maioría do cadro de persoal do 'xornal da nosa cidade' conservará o seu posto de traballo grazas as achegas realizadas polo goberno progresista da cidade de Ourense”. Sería unha boa nova! Abofé que si!
Unha forte aperta progresista!
-
-
O movemento conservador está promovendo na sociedade unha actitude intolerante cos inmigrantes e, dalgún xeito está calando nela. Dende o PP criticouse no seu momento as regulacións de traballadores estranxeiros, denunciouse certa permisividade na súa entrada e, constantemente, acúsase este colectivo de reducir as potencialidades do mercado laboral ou de consumir os nosos recursos sociais (hospitais, comedores,…) sen aportar nada -o cal non é certo, pois non todos os inmigrantes traballan sen papeis e os que o fan, cando menos, consumen e no consumo todos pagamos unha importante cantidade de impostos. Pagamos impostos ata por comer e iso é algo que facemos todos-, responsabilízannos de quitarlle o traballo ós de aquí,…
Unha vez máis a isto préstanse os medios de comunicación conservadores pois, cada vez que un estranxeiro delinque alí están para contalo, van a captura do inmigrante sempre que dan unha noticia sobre servizos sociais, entrevistándoos a eles para que a cidadanía vexa onde van parar os nosos cartos. Isto tamén se pode ver cando se informa sobre o coñecido “Plan E” amosándonos sempre traballadores estranxeiros nas obras,… como si eles foses os únicos que sacan proveito do fondo estatal. A súa maquinaria electoral está sempre en marcha, non descansa, traballando continuamente no subconsciente da xente para, chegado o momento das eleccións, soltarlle unha descarga emocional que os identifique co seu ideario. Nunca falla.
Vivimos nunha sociedade cargada de hipocrisía, unha sociedade que ve ben apadriñar a un neno africano por un euro ó día pero que non tolera que un subsahariano vaia comer a un dos comedores sociais da súa localidade ou, moito menos, compartir unha habitación con el nun hospital público. Por iso, cando un cidadán se atopa ante a disxuntiva de elixir entre un partido que defende a universalización dos servizos sociais a tódalas persoas ou aquel que se amosa intolerante co inmigrante, quédase con este último. Neste eido o BNG tamén ten moito que dicir, pois socialmente o nacionalismo, ó reivindicar os valores sociais, culturais ou económicos do país, é confundido co racismo. Urxe aclarar posicións.
Existe unha falsa percepción social de que co PP gobernando viviríamos nunha sociedade na que primaría a raza, e dicir, garantiríaselle o traballo -cando menos os mellores traballos- ós nacidos no país e, só para os de fora, si sobrase; terían acceso só a sanidade pública os que cotizasen para ela; e expulsaríase do estado a aqueles que non teñan recursos suficientes para a súa supervivencia. Aínda que o PP estivo oito anos dirixindo a política do estado -e en ningún caso levou a práctica ningunha destas accións- existe no imaxinario colectivo a crenza de que, de chegar o caso, si alguén está disposto a levar a cabo políticas represoras cos foráneos ese será o partido conservador.
Por iso, nun momento de crise como o actual, a cidadanía estase inclinando cara a dereita. A esta sociedade non lles preocupa perder dereitos socias adquiridos durante largos anos de loita social, dóelle máis telos que compartir cos de fora… e antes perderán do seu que permitir que uns recén chegados a nosa sociedade se aproveiten dos logros acadados.
Máis en moendo.net
-
Si existise unha regra de ouro para ser un bo xuíz, ben podería ser esta: nunca des por probado un feito que poida comprometer o sentido que lle queiras dar a unha sentenza. Imos ver un exemplo de boa aplicación desta practica no caso dun emisorista contra SEAGA.
[... ver artigo íntegro ...]
É por todo isto que que a administración de xustiza, lonxe de despexar calquera dúbida sobre a contratación irregular que se produce en SEAGA -e que tódolos traballadores que forman parte da empresa poden constatar-, non fai máis que, con estas dúas sentenzas, ampliar dubidas sobre a contración irregular da empresa e sobre as súas propias resolucións.
-
Se non fose que o BNG, como resultado da dirección política
da UPG e Quinigá, está nunha encrucillada na que se xoga a súa propia
supervivencia, sería para rir a cachón velos agora co “Máis BNG” e coa
“Alternativa pola Unidade”. Desuniron ao BNG até onde cumpriu con tal
de manter o control, conseguiron “menos BNG” na sociedade galega
elección tras elección e aínda lles parece pouco con tal de conservar
non se sabe que postiños.
Por LCB
A “maioría gobernante” no BNG ven de despregarse en dúas frentes. A
UPG coa súa “Alternativa pola Unidade” e o Quinigá con “Máis BNG: o
cambio necesario”.
Dicir que son o mesmo non sería completamente exacto pero custa atopar as diferenzas que na práctica que é o que importa.
Facendo memoria so lembro que á hora de facer as candidaturas para
as autonómicas rivalizaban por ver quen metía máis dos seus no
Parlamento, pero no esencial, coincidían en excluír ao 40% do BNG que
formabamos a “minoría”, para o que non tiñan dúbida algunha, e
importándolles pouco ou nada cantos ía meter o BNG no Parlamento
Galego. Agora van pelexar por ver que ten mais cota no Consello
Nacional para repartirse os cargos do BNG.
Esa é a única diferenza entre Aymerich e a UPG.
En todo o demais actúan en comandita; puxéronse de acordo no
documento político que vai debater a asemblea e no regulamento que
impón á militancia, sen que as asembleas comarcais poidan opinar, un
método excluínte dos independentes e fan uso en exclusiva dos medios
materiais e humanos do BNG que son de todas e todos.
Tamén no uso patrimonial e exclusivo do censo de militantes están de
acordo e néganllo a calquera outro que o pida. Uns e outros queren unha
militancia atomizada á que poder dirixirse ás caladas no boca-orella e
contarlles a película máis axeitada en cada caso. Mais a afiliación
sabe que uns e outro foron os que dirixiron o BNG de costas á base, son
os que apoian o mesmo regulamento excluínte e serán os que intenten que
o día 10 de maio cambie o mínimo para que nada cambie.
Se non fose que o BNG, como resultado da dirección política da UPG e
Quinigá, está nunha encrucillada na que se xoga a súa propia
supervivencia, sería para rir a cachón velos agora co “Máis BNG” e coa
“Alternativa pola Unidade”. Desuniron ao BNG até onde cumpriu con tal
de manter o control, conseguiron “menos BNG” na sociedade galega
elección tras elección e aínda lles parece pouco con tal de conservar
non se sabe que postiños.
Se até agora antepuxeron o control do BNG aos resultados, por
separado igual ca xuntos, seguen nas mesmas. Non sería de estrañar que
para a Asemblea Nacional entre o Quinigá e a UPG que presenta a
Guillerme porque seica quere que a portavocía nacional e portavocía do
Grupo Parlamentar non coincidan na mesma persoa, cheguen ao acordo de
que para o primeiro vaia Aymerich e para o segundo Ana Pontón.
E así todo quedará na casa dos responsábeis da derrota do 1 de marzo.
fonte
-
Nunha sociedade existen certas normas que ten a característica remarcable de pasar desapercibidas, incluso para quen as cumple. Son as normas implícitas. Polo xeral non sabemos que son normas e, por descontado, non están escritas en ningunha parte.
Un exemplo deste tipo de normas son as que regulan as accións das persoas nun ascensor, ainda que as mesmas normas ben poderían servir para regular a convivencia que algúns queren para o seu partido político.
Algunhas normas implícitas son xerais de tódolos ascensores e outras son específicas segundo o ascensor sexa dunha vivenda ou dun edificio de oficinas, si se encontra nunha cidade grande ou nun pobo pequeno, etc. Do mesmo xeito, o comportamento político dunha persoa non vai selo mesmo segundo se atope nunha reunión de amigos, nunha Asemblea Local, Comarcal ou Nacional. <strong>Nos ascensores o silencio é a norma principal.</strong> Nunha Asemblea, a diferencia da reunión de amigos, tamén é desexable estar calado, ainda que esta norma pode chocar con outra que promova a comunicación entre persoas. Cando isto pasa, por exemplo, nos momentos previos a celebración, a norma que sucede á do silencio é a de falar dun tema máis neutro e con menos implicacións persoais e políticas posibles, é dicir, do tempo que fai. Si se manten o silencio, encontramos tamén outras normas como, por exemplo, non mirar directamente ás outras persoas, evitando, sobre todo, o contacto ocular e, en todo caso, mirar ás paredes as luces, o espello (non demasiado para que os demais non pensen que somos uns presumidos ou que os asexamos mediante o espello) ou porse a ler calquer cousa, coma nun ascensor, cando lemos por millonésima vez as instruccións de uso e as limitacións de persoas e peso. Si é posible, hai que deixar o máximo espacio posible entre persoas e evitar calquer contacto físico entre desconocidos; si esto non é posible, hai que expresar de forma clara, ainda que non verbalmente, a incomodidade que nos provoca tal situación. O importante nun ascensor, como nunha reunión dun partido político, é non incomodar a ninguén, especialmente, neste último caso, a quen ten algunha responsabilidade política. Sería o mesmo que irlle "tocando as pelotas" ó técnico do ascensor. Claro que,... un partido político non é un ascensor.
Falamos do tempo?
-
Si algo ten que primar nunha sociedade civilizada é a xustiza e a equidade e, sobre todo, a igualdade de tódalas persoas,físicas e xurídicas, ante a lei. É un principio fundamental en todo estado de dereito, por iso me sorprendeu o mensaxe que onte colgou no seu muro de facebook o candidato nacionalista, Anxo Quintana. É lóxico que eu, un simple cidadán, diga o que el dixo, pero non el que, entre as súas responsabilidades está a de facer que se cumplan os preceptos lexislativos. Foi esa reflexión de Quintana a que deu orixe a pregunta que lle formulei hoxe ós tres candidatos:
[máis]
-
Acabo de por en marcha un grupo en
facebook para apoiar a creación dun foro para a reforma do Estatuto de Galiza. A finalidade deste grupo é esixir "ó Goberno da Xunta de Galiza que inicie un proceso participativo co obxetivo de informar e de facer participar á cidadanía na redacción dun novo Estatuto galego. O obxecto deste proceso participativo consistirá en por ó alcance da cidadanía diferentes medios para recoller as súas demandas, opinións e reflexións en relación co Estatuto e envialas, íntegramente e a través dunha análise sintética, á ponencia parlamentaria encargada de elaborar a proposta de reforma -tamén será preciso creala-, previamente ó inicio dos seus traballos.
Ademáis, o novo estatuto, con independencia da súa tramitación formal parlamentar, debe ser obxecto de debate, específico e directo entre a militancia de tódolos partidos, sindicatos e movementos sociais de carácter nacional galego."
Un Estatuto que xurda da cidadanía galega nunca vai ser rexeitado polas forzas políticas presentes no Parlamento. Mentres as propostas de Estatuto sexan feitas de xeito unilateral, sen sequera ser debatidas nos seus respectivos partidos, non será máis que unha ferramenta de enfrontamento entre partidos. E, coma sempre, as cosencuencias sufrirémola tódolos galegos e galegas, que deixaremos de percibr as vantaxes dunha nación con máis autogoberno.
Non debemos caer no erro de copiar o Estatut de Catalunya para Galiza, o que si debemos imitirar é o proceso participativo que deu lugar o Estatuto catalán (para coñecer máis sobre éste proceso déixovos ésta
ligazón, todo un exemplo de
democracia participativa.
-

Galiza precisa unha Universidade Virtual Galega
O 8 de decembro
GZNación faise eco dunha iniciativa do BNG no parlamento pola cal reclama ó goberno para que se admita o uso do galego na presentación de teses na UNED. Como diría Quintana "tarde piaches". Para reclamar iso non se espera 25 anos! Agora o BNG cogoberna en Galiza e as súas metas ten que ser moito máis ambiciosas, máxime si temos en conta que a educación é unha competencia propia. Deixei patente, naquel momento, a miña indignación tanto na nova referida como en
mOendo do Revés e, xa entón, abrira esta causa en facebook ainda que a cerrei ó dia seguinte (falla de tempo) xunto co meu perfil. O 12 de decembro voletei, esta vez si, para quedar. Hoxe, dúas semanas despois, a causa conta xa con máis de 140 sinaturas razón pola cal xa me sinto satisfeito... pero seguirá subindo, seino.
-
Compuntoes es concurso de posicionamiento que consiste en intentar colocar en la posición más alta en diferentes motores de búsqueda una palabra hasta el momento inexistente. La palabra clave elegida es Compuntoes.
Se pueden diferenciar dos competiciones, la principal termina en febrero de 2007 con suculentos premios en metálico para los tres primeros clasificados en Google, Yahoo! y MSN.
La segunda concluye el lunes 25 de septiembre (a las 12:00h, hora española) y la persona que esté situada en primer lugar (en google.es) recibirá un iPod nano de 4 GB, valorado en 199 euros.
Como no tengo los conocimientos necesarios de optimización el objetivo es aprender de cara al futuro. Todos aquellos que quieran echarme una mano sólo tienen que colocar un enlace con la dirección http://www.compuntoes-xosse.blogspot.com con el anchor text Compuntoes. Lo cual quedaría de esta manera: Compuntoes.
-
-
-
agora mOendo do Revés en www.moendo.net