perfil de xosé antón vázquez dorrío en qapaciyperfil de xosé antón vázquez dorrío en xingperfil de xosé antón vázquez dorrío en linked indocumentos de xosé antón vázquez dorrío en slidesharexOsse dorrío profilexOsse en friend feedCanle de video de xOsse dorríoxOsse bookmarkx on deliciousblog persoal de xOsse dorríoxOsse on facebookphotos das miñas andainas en FlickrxOsse en latri.ca

os meus chios en twitterxOsse en alianzoxOsse en technoratixOsse en GooglexOsse en scribxOsse en friend feedxOsse en COcomment!xOsse en Chuza!xOsse en meneameblog UPEDExOsse en Box.netxOsse en twitpic


 
Catro anos bloggeando
08 junio 10 11:06


No día de hoxe cúmprense catro anos dende que abrín a miña primeira bitácora. O que me animou foi o premio dun concurso que organizaba Terra Networks polo Mundial de futbol 2006 pois, segundo as normas do concurso o gañador pasaría a "formar parte da plantilla de blogueros de Terra". O gañador do concurso sería o blogger que maior número de visitas tivese de xeito que se trataba máis dun concurso de posicionamento na rede que de coñecementos futbolísticos; así, quen conseguise utilizar mellor as técnicas de posicionamento tiña todas as vantaxes para gañar... e ese fun eu.

Aquel primeiro post sóamente buscaba ser visto polos buscadores. O que se ve agora non é o orixinal, foi modificado unha vez o blog foi indexado. Estar ben posicionado require moito esforzo, cumpre entrar a outros blogs e webs a deixar comentarios e, por suposto, o enderezo do blog que queres posicionar. Logo cumpre actualizarse a miudo (escribía como mínimo un post diario) e utilizar palabras moi buscadas nese momento nos buscadores. A iso obecede o propio nome do blog: World Cup Blog 06; sen dúbida foi o máis buscado en Google durante o tempo que durou o Mundial de Fútbol: e, como non, mencionar sempre o nome dos xogadores máis mediáticos, aínda que fose para dicir o mal que o fixeron. Por suposto, é importante contar cun blogroll amplo, vencellar a outros para que outros te vencellen, e tamén citar a outros autores e a seus blogs... iso é o máis valorado polas arañas que rastrexan a rede.

As circunstancias logo do mundial non foron as máis favorables. Terra Networks foi abssorvida por Telefónica no tempo que durou o Mundial'2006 e, estes últimos, tiñan outros plans para a compañía. Sobraba persoal. Nun primeiro intre fixéronse o 'sueco' e logo, ante as miñas reclamacións, decidirón ofrecerme un contrato, mais este nada tiña que ver coas espectativas xeradas polo anuncio inicial, limitándose a súa oferta a un contrato mercantil de tres meses de duración cuxos emolumentos apenas cubrian os gastos do seguro dun traballador por conta propia, esixencia esta realizada a posteriori pola compañia.

Isto obrigoume a iniciar un proceso para reclamar ese premio que aínda hoxe, catro anos despois, non rematou. A decisión inicial, errónea, pero mostra da boa vontade con que se fixo, foi reclamar ese premio mediante un sistema arbitral. Foi errónea porque Telefónica xamais tivo vontade algunha de chegar a ningún tipo de acordo, que para iso conta cun exercito de avogados, para que o pelexen todo.

Catro anos despois estámos no mesmo punto de partida, agardando que unha xuiza do social dite unha sentenza e que, diga o que diga, esta será recorrida por unha ou outra parte intervinte. Ben, no principio esactamente non, agora a xuiza está obrigada a ditar unha sentenza cando na primeira ocasión o que fixo foi declararse incompetente, avíndose á demandada. Daquela non fixo caso ao Ministerio Fiscal, pero agora si ten que facerllo ao TSXG que non di outra cousa que o que o mesmo MF dicía. Dicía a xuiza (María Isabel Gómez Balado) naquela súa Sentenza que non apreciaba a existencia de precontrato algún, argumentando isto con doctrina, seguramente da súa etapa de estudante -pola data da STS-, cando non era iso esactamente o que se alegaba, senón unha promesa de contrato, ao que o TSXG afirma que "con independencia da calificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa de contrato), crearon no destinatario,ao menos en principio, unha espectativa de traballo".

Crear falsas espectativas por unha empresa a un traballador, amais de inmoral, é motivo de denuncia. Ocorre a cotío, especialmente na comunicación verbal. Son enganos que serven para motivar a un traballador a curto prazo, para que asine un contrato, para que renda máis,... pero que a longo prazo pode volverse en contra da entidade (demandas, desánimo, improductividade,...).

Dende que un Tribunal anula unha sentenza (neste caso o TSXG anulou a sentenza do Xulgado do Social de Ourense o 26 de febreiro de 2010) e devolve os autos para ser ditada outra nova non acostuman a transcorrer máis de mes e medio-dous meses, sen embargo, neste caso xa vai para catro. Neste caso nada foi normal, todo excepcional: o primeiro xuízo celebrouse dúas veces, na primeira vista a demandada, Telefónica, non compareceu e solicitou unha nova celebración por falla de comunicación da data da vista. Na segunda vista solicitou a incompetencia do tribunal, o cal obrigou a pedir un informe ao Ministerio Fiscal, aínda que logo non o tivese en conta, alargando tamén así o prazo establecido para dictar Sentenza. Neste caso o máis dilixente foi o TSXG que en pouco máis de dous anos dictou a derradeira Sentenza, moito máis pronto do que agardaba.

O caso é que algo que desexaba, ser blogger profesional, foise diluindo co paso do tempo. Tamén é certo que gozo máis da liberdade de ser un afeccionado. O que si non desaparece é a esperanza, ao revés, a pesar dos atrancos sufridos, de ver recoñecido e compensado (salarios non percibidos deica o intre en que a sentenza sexa firme, lucro cesante -salarios futuros- máis danos morais) pola tarefa que non puiden realizar.

Esta mala experiencia tampouco serviu para apartarme da blogosfera, senón todo o contrario, construín multitude de blogs -moitos por aí perdidos- e participei en moitos máis, seguindos, lendos, comentandos,... A blogosfera foi o inicio do que se deu en chamar web 2.0 ou web social, un modelo de comunicación horizontal que deu paso a intereactividade entre autores e lectores, unha comunicación a que se siguen sumando cada vez máis persoas pero, tamén, a que se resisten moitas outras. Non entenden que na actualidade máis de 1.500 millóns de persoas están a un clic do que escribimos na rede... ou, quizais, sexa iso o que temen.

"Traballar na era 2.0 require dunhas competencias ehabilidades tecnolóxicas, dixitais e informacionais", di Bel Llodrá e Cristina Aced nun artigo publicado en UOC Alumni, Emprego 2.0, e coautoras de "Visibilidad. Como xestionar a reputación online". Cando non existe disposición por parte dos responsables de tódalas organizacións de subministrar esas competencias aos seus traballadores nin adquirilas para si mesmos, descoñecendo e privando a esta dos potencias beneficios que lle podería acarrar, ao considerar a web 2.0 como unha ameaza e non como unha oportunidade, están prexucando a súa entidade. De feito, para acadar estes catro anos na rede, cumpre segundo palabras das mesmas autoras "unha predisposición positiva e unha actitude dixital" pois estas "son a clave para aproveitar as oportunidades que brinda este novo escenario laboral". by

moendo.net

Que pasa no BNG de Maceda?
12 marzo 10 01:44

Este sábado saía unha noticia en La Voz de Galicia sobre o conflito entre o Concello de Maceda e un empresario da vila, velaquí:

Este blog rexeita o caciquismo en Galiza

La Voz de Galicia, 27 de febreiro de 2010

Alberte, un compañeiro do BNG de Maceda reclama ao Concello desa localidade, gobernado tamén polo BNG, en coalición co PSOE, unha débeda polo aluguer dunha máquina; unha máquina que fora alugada por seis días pero que logo o Concello se quedou con ela ata que lle veu en gana, privando así ao seu titular do seus uso e potencial beneficio. Por máis que o titular do máquina lle reclamase ao Concello a súa devolución, este non o facía e, agora, escúsase dicindo que aquel non a foi recoller e, por riba, que a tiña estorbando nas dependencias do Concello. Cumpre ser caradura!

Este blog rexeita o caciquismo en Galiza

Xabier Oviedo, anxo por fora, diaño por dentro

Nada é o que parece. Hai persoas que teñen unhas habilidades especiais para agochar o seu verdadeiro ser. Xabier Oviedo é desa especie. Non dubida en mentir ao seu pobo e a prensa para xustificar o impago dunha débeda a un dos seus veciños e compañeiro de partido. Mais, a súa contestación ou, mellor dito, o seu ataque parece máis propio dun animal ferido que dun ser racional (ver nota informativa). Alberte pasoume estes documentos (ver solicitude de devolución ao Concello de Maceda e denuncia ao Concello de Maceda) logo de que o sábado saíra en La Voz de Galicia a nova da súa denuncia. Coñecendo como coñezo ese niño de víboras non teño dúbida algunha de que os feitos que Alberte relata na denuncia son certos; amais conta con testemuñas e probas coas que poder rebater as declaracións feitas polo alcalde caciquintanista. O alcalde pensou, segundo me di Alberte, que “ía caer na trampa que me tiñan ben amañada como era que eu entrara a recoller o que era meu nas instalacións do concello, sen permiso, e así acusarme de que faltaban cousas, cando eles tiñan que devolverma. Considero que son boa xente, pero non parvo. Esa trampa fixéronlla a unha persoa a que logo acusaron de roubar ferramenta do concello”. Imaxino polo que está pasando. Non é doado decidirse a denunciar ao Concello, máxime tratándose de compañeiros de partido. Este feito colócao na diana. Isto seino por experiencia propia pois eu tamén dubidei en denunciar a precariedade laboral e o enchufismo en SEAGA cando Alfredo Suárez Canal era Conselleiro de Medio Rural e ao dicirllo ao inepto do delegado de Ourense este pretendeu que fose bicar ao santo. Logo deste lamentable episodio decidime, mais non fixeron caso, creando un malestar social dentro da empresa que axiña acabaron pagando nas urnas. Esta xente, para defender o indefendible, utiliza as prácticas máis sucias; sucedeu naquel caso cando dende Medio Rural trataron de facer presión sobre a CIG para que non defendesen aos traballadores despedidos por SEAGA e agora, a mesma tropa, volve a facelo, pois “o avogado do Concello actúa coaccionando as miñas testemuñas, chamándoos antes da vista para falar con eles, cando non están obrigados a ires; dende o Concello, chámanos para dicirlles que non lles renovan o contrato [...] chamaron a un compañeiro do BNG dende un móbil cos altofalantes postos para que o Alcalde e o Concelleiro de Obras oíran a conversa intentando sacarlle o que el ía declarar, dicíndolle o que eu facía reclamando con cartazes, pero decatouse e díxolles el non ten nada que perder, está a reclamar o seu, puidestes chegar a un acordo, pero non quixestes; fai ben e alédome de que non se 'acojone', pois quen vai perder máis sodes vós", dime. Amais deste, Alberte tivo outros encontros co Concello, ao que lle solicitou cambiar as árbores que el mesmo plantara, xa que tres delas secaran, pois cando as puxo fíxoo garantindo por un ano o seu traballo. Non foron quen de respostarlle. Que clase de provedor se adica a comprobar si o seu traballo está ben feito e pedir ao cliente, neste caso o Concello de Maceda, que lle permita reparar un dano? O normal, neste mundo, é que o cliente -cando se trata de administracións, nin iso- sexa quen reclame a reparación e o provedor que se faga o sueco. Alberte é un empresario exemplar; quizais este sexa o problema co que se atopan os (ir)responsables que gobernan Maceda. A outros empresarios, menos exemplares, permíteselles construír en terreos rústicos sen que estes teñan tan sequera un permiso para peche da finca. Destes feitos teñen coñecemento tanto os concelleiros do BNG como o arquitecto municipal, o cal di ter as mans atadas, porque en Maceda “faise o que di o alcalde”.

Este blog rexeita o caciquismo en Galiza

A raíz dos cartaces que Alberte colocou na rúa o ex-director xeral de acción social, aos galegos grazas, Bieito Seara, chamoulle a atención. E non debería facelo ao alcalde do pobo? Comezan a preocuparse -e fan ben- porque saben que a xente do pobo está do lado do seu veciño. E estano tamén os seus compañeiros de partido, aínda que non todos o manifesten abertamente por medo as represalias destes dous aprendices de Franco.

Este blog rexeita o caciquismo en Galiza

Bieito Seara, o que move os fíos do Concello

"Me lo dijo Pérez"
12 marzo 10 01:38


Lembran aquela curtametraxe de 'hai que botalos' ... aquela moza que confiada agardaba por un emprego prometido que nunca chegaba. Así é Xosé Manuel Pérez Bouza, non quen agarda senón quen fai agardar. Lembran cando dicía que a súa estratexia é non facer nada. Pois peor que non facer nada é prometer que vas facer algo para logo non facelo.

Logo veñen as presas. Cando un conflito non se atalla a tempo crece, non desaparece. Claro que por moito que creza, en política o conflito non é un problema ate que sae a escena pública, entón si urxe cerralo. Da igual o fondo da cuestión, as implicacións ideolóxicas e morais dos protagonistas; o realmente relevante é que dana a imaxe da organización e xa se sabe: os partidos políticos na actualidade non venden ideas ou proxectos, venden imaxe, porque para o outro cumpren persoas con capacidade intelectual suficiente.

O Sr. Pérez recibiu esta carta (ver) en xuño de 2009, e que fixo? Nada, por suposto. Entre as actuacións que nela se critica está a cacicada levada a cabo na elección de delegados para a Asemblea Nacional Extraordinaria, na que el participou activamente, presionando a uns militantes, facendo promesas a outros, organizando paparotas, etc. facendo uso dun cargo e duns medios que pagamos todos. Que ía facer? Recriminar ao Alcalde de Maceda por facer no Concello o mesmo que el facía a nivel comarcal? Non, Alberte, de aí non podías agardar nada, o Sr. Pérez carece dunha das capacidades esenciais na dirección: a de xestionar conflitos.

Agora si. Agora preocúpalles o efecto negativo que pode xerarlles a perda de imaxe por que o conflito transcendeu do privado ao público. Agora entralles as presas. Agora que o conflito é entre un empresario local e o Concello e non entre un militante e o (ir)Responsable Local, crean unha comisión comarcal para investigar o que sucede. A boas horas...

 

Ver vídeo en mOendo.net

ASEXA
03 octubre 09 10:25

ASEXA, Asociación Cultural


ASOCIACION para o SEGUEMENTO e a DEFENSA do PATRIMONIO ETNOLOXICO, HISTORICO, ARTÍSTICO e NATURAL de

XUNQUEIRA de AMBÍA e COMARCA

 Dun grupo de veciños de Xunqueira de Ambía xurdiu a idea de crear unha asociación para o seguimento e defensa do noso patrimonio. Nunha tardiña de inverno, a comezos do ano 2008, naceu a asociación cultural ASEXA.

Somos xunqueiraos namorados de cada recuncho desta terra maltratada. Somos conscientes que moito do patrimonio perdido é irrecuperable máis tamén sabemos da importancia que, para as xeracións vindeiras, ten recoller nesta obra a memoria dos nosos devandeiros e a nosa propia. Somos un grupo de traballo aberto, de xeito que, calquera persoa que queira aportar algo a este proxecto será benvido.

 

Os nosos obxectivos prioritarios son os seguintes:

 

  • Realizar un catálogo dixital do patrimonio etnolóxico, histórico, artístico, cultural, tradicional e medioambiental de Xunqueira de Ambía e Comarca.


  •  Crear unha páxina web onde se de a coñecer o mundo o patrimonio etnolóxico, histórico, artístico, cultural, tradicional e medioambiental de Xunqueira de Ambía e Comarca.


  • Por en marcha diferentes actos culturais: conferencias, cursos, festas, andainas, competicións, concursos, xogos,... co gallo de recuperar e/ou manter a cultura, tradicións e o medio natural de Xunqueira de Ambía e Comarca.
  • Propiedade, terra e traballo
    13 septiembre 09 09:29


    Esta semana tocoume dar un módulo de creación de empresas a un obradoiro no Concello de Os Blancos (Ourense), unha materia nova para min, pois non son economista, en substitución dun compañeiro que está de vacacións e si o é. Como non pretendo pasar por especialista nunha materia na que non o son plantei o módulo dun xeito totalmente diferente ó que viña sendo habitual [explicar como se elabora un balance e como crear unha empresa a partir dunha franquicia: BEEP (sic)], comezando cun tanque de ideas, logo madurando e analizando esas ideas para rematar facendo un plan de empresa, sen pasar por alto a importancia de realizar estes tres pasos antes de por en marcha calquera proxecto empresarial.

    Teño que destacar a participación de todos na reportación de ideas que, amais de numerosas eran acordes coas potencialidades da zona e, case todas, coas posibilidades dos participantes. O problema xorde en forma de desconfianza, coma sempre, cando finalmente falamos de crear sociedades e realizar reportacións ós proxectos. Falamos abertamente desa barreira psicolóxica máis non logramos derrubala aínda que si, recoñecela. Hai tempo que lin un estudo que falaba da confianza que as persoas teñen nos seus socios de empresa nas diferentes comunidades. Segundo este, os cataláns son os que máis confianza depositan e os galegos os que menos. Non fai falla que engada nada máis.

    Máis este post non ía por aí. Quería falar de riscos, o outro medo que nos atenaza a hora de crear unha empresa: perder o diñeiro invertido. Preguntei ós compoñentes do obradoiro por que si estarían dispostos a arriscarse a hora de comprar unha vivenda e, sen embargo, non o están para crear unha empresa. A resposta máis usual é que todos necesitamos unha vivenda na que vivir -o que eu respondín que tamén necesitamos un traballo para pagala... e para vivir- e que, de ter que pagar por ela é mellor comprala que alugala, pois así terían algo que deixarlle ós seus fillos.

    Aquí comezou un novo debate. Que é o que os país deberían deixarlle ós seus fillos? Propiedades ou traballo? Estando como estabamos nun entorno rural pregunteilles a todos si tiñan terras, ó que responderon afirmativamente e logo enlacei a súa resposta con outras dúas preguntas: que credes que vos estaban deixando os vosos antergos cando invertían en terras? Unha propiedade ou un medio de vida, isto é, traballo?

    Coido que aquí é onde comprendemos todos, incluído eu, cal era a verdadeira importancia da terra para os nosos antecesores: era o medio que nos garantiría traballo no futuro. A propiedade da terra era a 'empresa' que un cidadán galego, nunha sociedade baseada nunha economía primaria, podía deixar ós seus descendentes.

    Nalgún intre da evolución da nosa sociedade, tan preocupada sempre por deixar algo, esquecemos que era o mellor para deixar ós nosos descendentes [propiedade (vivenda, diñeiro,...) ou traballo (empresa)], porque no pasado unha cousa -propiedade (terra)- e a outra -traballo (terra)- eran o mesmo.

     

     post orixinal: moendo.net

    Outras formas de distraer a atención pública
    29 julio 09 05:02

    O movemento conservador está promovendo na sociedade unha actitude intolerante cos inmigrantes e, dalgún xeito está calando nela. Dende o PP criticouse no seu momento as regulacións de traballadores estranxeiros, denunciouse certa permisividade na súa entrada e, constantemente, acúsase este colectivo de reducir as potencialidades do mercado laboral ou de consumir os nosos recursos sociais (hospitais, comedores,…) sen aportar nada -o cal non é certo, pois non todos os inmigrantes traballan sen papeis e os que o fan, cando menos, consumen e no consumo todos pagamos unha importante cantidade de impostos. Pagamos impostos ata por comer e iso é algo que facemos todos-, responsabilízannos de quitarlle o traballo ós de aquí,…

    Unha vez máis a isto préstanse os medios de comunicación conservadores pois, cada vez que un estranxeiro delinque alí están para contalo, van a captura do inmigrante sempre que dan unha noticia sobre servizos sociais, entrevistándoos a eles para que a cidadanía vexa onde van parar os nosos cartos. Isto tamén se pode ver cando se informa sobre o coñecido “Plan E” amosándonos sempre traballadores estranxeiros nas obras,… como si eles foses os únicos que sacan proveito do fondo estatal. A súa maquinaria electoral está sempre en marcha, non descansa, traballando continuamente  no subconsciente da xente para, chegado o momento das eleccións, soltarlle unha descarga emocional que os identifique co seu ideario. Nunca falla.

    Ler todo o post en www.mOendo.net

    Traxicomedia nacionalista
    10 junio 09 03:30

    Si como afirmaba Horace Walpole “a vida é unha comedia para os que pensan e unha traxedia para os que senten”, o nacionalismo, como ideoloxía e movemento social e político que mistura pensamento e sentimento, debe ser unha traxicomedia.

    Resulta cómico ver como logo de cada tropezón electoral a dirección do BNG atopa sempre un factor externo sobre o que fundamentar ese resultado: a prensa, un atentado, a españolización da política galega, a vulnerabilidade ideolóxica das súas bases, o poder económico da dereita,... Escusas que poden valer para conformar a razón de moitos votantes e militantes mais, si “todos nós temos dúas mentes, unha mente que pensa e outra que sente” como suxire Daniel Goleman, tamén será preciso darlle o seu a esta outra parte do noso ser.

    Esta falta de respostas, debida a interrupción das conexións existentes entre os órganos de dirección do BNG e a base social do nacionalismo, provoca unha asombrosa ineptitude para calibrar o significado emocional dos acontecementos (insisto, non debemos esquecer que o nacionalismo ten unha dose moi importante de sentimento co que xogan -ou no que furgan- os movementos nacionalistas), producindo dentro da organización un mal endémico que lle fai perder a capacidade de conectarse coa sociedade dun xeito fluído e saudable. É o que en psicoloxía se chama “cegueira afectiva”. Esta é a parte tráxica do nacionalismo galego.

    este post xurdiu aquí

    Invasión e metástase no BNG
    26 abril 09 10:13

    Na actualidade o BNG está sufrindo un proceso de invasión e metastase semellante o que se dá nunha persoa enferma de cancro, ó propagarense as células danadas mediante estes dous mecanismos. A invasión producese cando os membros do BNG, danados pola cobiza aparecida logo destes anos no poder, van migrando e penetrando nalgúns dos compañeiros máis cercanos, que comezan a crer que si aqueles foron capaces de logralo, porque non eles? Ese é o erro que os fai caer na tenación: pensar que si uns o lograron sin destacaren en nada, porque non ían logralo agora outros?

    A metástase é un mecanismo máis perigoso xa que, neste suposto, o membro danado introducese na masa social do propio partido e en forma de caciquismo vai contaxiando ós demais membros axudado da demagoxia e o engano, facendo aparecer novos focos en “tecidos” ata agora saudables noutras partes do nacionalismo.

    A cobiza e o caciquismo non poden calificarse como fenómenos benignos en ningunha sociedade de xeito que, unha vez diagnósticado este mal dentro da formación nacionalista, non se pode ser moi optimistas cara o futuro. Ocorre que cando o dano está diseminado por diferentes membros -por metástase, ou sexa, caciquismo-, debido a súa capacidade para propagarse, o mal é potencialmente mortal. Non son moitos os casos nos que o mal poida ser curado cando se atopa na fase máis avanzada, como é o caso, pero é posible si se somete a un duro tratamento. Está por ver como o paciente reacciona o tratamento… e si se deixa tratar, claro.

     

    FONTE

    E para reflexionar... todos de excursión
    27 febrero 09 08:04


    Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha "charla" por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada (ainda Alcalde da vila, pois non se ten noticias da súa renuncia nin de que algún dirixente do PP llela pedise, como si fixeron antes co candidato nacionalista -enfin, unha cousa e botar a rúa o nº 1 da lista do PP e outra moi distinta e tratar de meterse cos "señores" do rural, máxime si son amigos do Sr. Baltar-) se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda "casa por casa" pedindo o voto ós veciños, tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.

     

    Segue o fío en mOendo.net | en chuza! | en menéame
    A terra prometida
    27 febrero 09 08:00

    Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos “o habido e por haber”. Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que “amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a facer cousas ás que ninguén se atreveu en Galicia ata o momento”. Cando escribiu isto seguramente non imaxinaba o que ía pasar pouco despois… Pois poucas horas pasaron ata que me entero que o Alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes Losada (PP), interrompeu unha misa, no día de hoxe, para falarlle ós feligreses alí reunidos sobre os seus proxectos de futuro: a construcción dun novo cemiterio para a Parroquia de Abeleda.

     

    segue lendo en mOendo.net | a nova en chuza! | a nova en menéame
    Xunqueira Non Se Vende
    27 febrero 09 07:55

    Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza.

    Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha canteira de granito no Monte da Farria nun enclave de especial protección paisaxística. Tal é a sensibilidade pola paisaxe no Concello que, lonxe de constituirse un momevento social na defensa do monte, casi se crea outro en contra dos denunciantes da desfeita. De aí que sinta envexa polo xeito no que noutros puntos de Galiza se enfrontan, con valentía, a esta lacra social que está destruindo o noso territorio monte a monte, río a río,.. en nome do progreso.

    Por suposto, na nosa cruzada, non contamos coa colaboración de ningunha das administracións involucradas, nas que foron presentadas as correspondentes denuncias, a saber: Concello de Xunqueira de Ambía (gobernado polo PP), Consellería de Medio Ambiente (gobernada polo PSOE) e Consellería de Industria (gobernada polo BNG). Ninguén moveu un dedo ata que tiveron coñecemento da denuncia feita ante a Fiscalía. Entón si, entraron as presas. Logo ainda houbo quen tratou de atopar unha fórmula para reabrir a canteira. Trabúcanse, non hai marcha atrás.

     

    segue lendo

    As prácticas caciquís do BNG
    07 febrero 09 09:22

    O pasado mes de agosto xa denunciara, na Consellería de Medio Rural, a incontinencia caciquil do Delegado de Medio Rural de Ourense, Xosé Rodríguez Cid, denuncia da que, por certo, sigo esperando resposta… O silencio do Conselleiro deixa máis que de manifesto a súa complicidade. Hoxe La Voz de Galicia fala dosenchufados por este señor (teño que realizar verdadeiros esforzos para usar esta expresión e non outras máis apropiadas ó caso) en Medio Rural; fala a nova só dosenchufados da súa localidade, Cartelle, que non dos concellos limítrofes…

     [máis]

    “Os do BNG non valemos nin para estar cos brazos cruzados nin para estar coa boca calada”

    Anxo Quintana, GZNazión, 2009

    Leva razón… pero hai excepcións.

    www.moendo.net
    30 enero 09 03:30

    agora mOendo do Revés en www.moendo.net
    enviadopor andainas | 0 comentarios    
    Archivado en: ,
    causas facebook
    30 enero 09 03:25

    Galiza precisa unha Universidade Virtual Galega

    Galiza precisa unha Universidade Virtual Galega

    O 8 de decembro GZNación faise eco dunha iniciativa do BNG no parlamento pola cal reclama ó goberno para que se admita o uso do galego na presentación de teses na UNED. Como diría Quintana "tarde piaches". Para reclamar iso non se espera 25 anos! Agora o BNG cogoberna en Galiza e as súas metas ten que ser moito máis ambiciosas, máxime si temos en conta que a educación é unha competencia propia. Deixei patente, naquel momento, a miña indignación tanto na nova referida como en mOendo do Revés e, xa entón, abrira esta causa en facebook ainda que a cerrei ó dia seguinte (falla de tempo) xunto co meu perfil. O 12 de decembro voletei, esta vez si, para quedar. Hoxe, dúas semanas despois, a causa conta xa con 140 sinaturas razón pola cal xa me sinto satisfeito... pero seguirá subindo, seino.
     
    Segue esta causa en mOendo do Revés
    grupos facebook
    30 enero 09 03:22
    Acapo de por en marcha un grupo en facebook para apoiar a creación dun foro para a reforma do Estatuto de Galiza. O obxectivo e esixir "ó Gobierno da Xunta de Galiza que inicie un proceso participativo co obxetivo de informar e de facer participar á cidadanía na redacción dun novo Estatuto galego. O obxetivo do proceso participativo consistirá en por ó alcance da cidadanía diferentes medios para recoller as súas demandas, opinións e reflexións en relación co Estatuto e envialas, íntegramente e a través dunha análise sintética, á ponencia parlamentaria encargada de elaborar a proposta de reforma -tamén será preciso creala-, previamente o inicio dos seus traballos. Ademáis, o novo estatuto, con independencia da súa tramitación formal parlamentar, debe ser obxecto de debate, específico e directo entre a militancia de tódolos partidos, sindicatos e movementos sociais de carácter nacional galego." Un Estatuto que xurda da cidadanía galega nunca vai ser rexeitado polas forzas políticas presentes no Parlamento. Mentres as propostas de Estatuto sexan feitas de xeito unilateral, sen sequera ser debatidas nos seus respectivos partidos, non será máis que unha ferramenta de enfrontamento entre partidos. E, como sempre as cosencuencias sufrirémola tódolos galegos e galegas, que deixaremos de percibr os beneficios dunha nación con máis autogoberno. Non debemos caer no erro de copiar o Estatut de Catalunya para Galiza, o que si debemos imitirar é o proceso participativo que deu lugar o Estatuto catalán (para coñecer máis sobre éste proceso déixovos ésta ligazón, todo un exemplo de democracia participativa.
     
    Segue a evolución do grupo rn mOendo do Revés
    Más envíos Página siguiente >