MOENDO DO REVÉS ...
08 junio 06 09:56 | XOSSE76 | 0 comentarios   

¿que mellor  título para dar o meu blog?

¿Razons?

Agora volo explico:

Como bo galego, non podía empezar doutra forma: con preguntas... si, si ... a cabeza dos galegos e coma a dun muiño, pero non como a dun muiño de río que sempre xira no mesmo sentido ... non, non. A cabeza do galego e como a do miuño de vento ... que xira asegún de onde veña o vento.

Iso é así na maioría dos casos, claro, e unha forma de xeneralizar, de clasificar as persoas ... algo moi propio dos nosos tempos: ou es de esquerdas, de centro ou de direitas (deixando unha saida polos extremos); ou es nacionalista ou non nacionalistas (eiquí si me recoñeran unha cousa: aqueles que negan ser nacionalistas de forma implicita negan a nacionalidade de Espanha), ...

A min non me gusta situarme en ningunha clasificación ... pero sempre vírá algén que o faga por min. Xa veredes xa. Un día, uns amigos, non sabendo como clasificarme porque tódolos meus razoamentos lle rompían os esquemas díxeronme: "¡TI MOES DO REVÉS!".

E remato como empecei, con mais preguntas:

¿Imaxínanse un muiño desafiando as augas do río? ¿ou prantándolle cara o vento?

Pos iso e o que pretendo ... saudos!

Buscar

Ir

Este blog

Etiquetas

Aún no se han creado o usado etiquetas

Archivo

Sindicación