Cantiga nova que se chama Riveira, 1933

 



No niño novo do vento
hay unha pomba dourada,
! meu amigo !
! Quén poidera namorala !


Canta ó luar i ó mencer
en frauta de verde olivo.
! Quén podeira namorala,
meu amigo !


Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
! meu amigo !
! Quén poidera namorala !


Tamén ten sombra de sombra
i andar primeiro de río.
! Quén poidera namorala,
meu amigo !

( A. Cunqueiro )
<p><a href="http://es.youtube.com/watch?v=E8378mSjKdA">http://es.youtube.com/watch?v=E8378mSjKdA</a></p>