-
A teima que ten o Sr. Feijóo e o PP coa fusión das caixas comeza a ser máis que sospeitosa. Din que queren para Galiza unha entidade forte, competitiva, co centro de decisión no país. Como resultado da fusión, esta nova caixa sería a quinta en tamaño, no conxunto do estado, a espera de que se confirmen outras fusións. E que?
Para que serve o tamaño? Pois, primeiro de todo, para deixar na rúa a milleiros de traballadores, os que conta a auditoría (máis de 1.200) e os que non conta (persoal de limpeza, persoal de seguridade,... máis os ingresos que deixarán de percibir os donos dos locais arrendados, preto de 300). Isto, na situación actual, non creo que serva para dinamizar a actividade económica de Galiza, ao revés.
En segundo lugar, non garantirá que a toma de decisións se realice en Galiza. Xa vimos recentemente quen decidiu que ocuparía a presidencia de Caja Madrid. O consello da caixa madrileña? Non. A Comunidade de Madrid? Non. Foi Génova. Foi a dirección do PP. Si Esperanza Aguirre non foi quen de impor o seu candidato, cando as competencias sobre as caixas recaen na comunidade, vai poder Feijóo impor os seus candidatos na caixa galega? Dubido moito que o intente. A caixa resultante da fusión non será máis que un cromo que intercambiar para acadar as súas ambicións persoais.
Que pinta o BNG en todo isto? O BNG, mellor dito, a UPG, o único que busca son postos no consello de administración da caixa resultante. As súas miras son incapaces de ir máis alá; non poden ver o que realmente se está movendonas caixas:

mOendo.net
-
Por Xabier Venze Deza Catedratico de Economia no Xornal de Galicia
A proliferación de paraísos fiscais institucionaliza un mundo con varas de medir completamente asimétricas. Para uns a liberdade absoluta de movementos de capitais cruzando operacións con meras anotacións simbólicas e códigos cifrados, sen control e sen tributos, ao tempo que outros quedan sometidos á disciplina fiscal como traballadores e consumidores, sufragando todo o edificio social, o I+D, a educación, a sanidade e mesmo o inmenso gasto militar que se encarga de vixiar que as fronteiras do mundo se abaixen para a libre circulación de capitais. Unha configuración tan asimétrica do mundo só cabe cualificala como un auténtico apartheid regulatorio e tributario.
O que a maioría dos mortais empeza a descubrir con sorpresa é que os paraísos fiscais témolos na casa, dentro do propio país. E, polo tanto, o apartheid tamén. Que outra cousa significan senón toda esas excepcionalidades legais que permiten ás grandes fortunas escapar do IRPF mediante sociedades pantalla –como ben vemos no caso Gürtel–, manexar diferentes vehículos financeiros (Sicav, Fondos de Investimento, Fondos de Pensións, Sociedades de Capital “Risco”, etc.) limitándose a contribuír, no mellor dos casos, co 1% dos seus rendementos. O resultado é escandaloso: o esforzo fiscal total real das fortunas medianas e grandes representa unha ínfima proporción dos seus rendementos totais en tanto que para os asalariados representa unha altísima proporción, que pode drenar ao redor da metade dos seus ingresos (IRPF+IVE+Impostos especiais, carburantes, alcool e tabaco+ impostos locais diversos+SS). E iso despois de 8 ou 10 horas de traballo diarias para conseguilos. Temos un auténtico apartheid dentro dun sistema tributario trufado por tantos réximes de excepción como as fulgurantes fortunas discretamente reclamaron. Se a iso engadimos as múltiples vías de evasión e fraude toleradas –tan claramente expostas polos Inspectores de Facenda nos seus recentes informes– non cabe dúbida que temos unha fenda fiscal e social difícil de disimular por máis tempo.
Unha das virtudes do que está a ocorrer é que moita xente empeza a percibir esa realidade oculta detrás dun manto de información opaca e uns medios adicados a atordarnos con toneladas de información banal. O que hoxe nos subleva é que un Goberno dito socialdemócrata non só non aproveite a situación para levar adiante unha reforma a fondo do sistema fiscal, para recuperar algo de progresividade e un mínimo de xustiza, senón que poña enriba da mesa medidas que reforzan a sangría tributaria das rendas máis modestas, deixando intacto o relax fiscal que reina no paraíso dos afortunados. No canto de subir os tipos do IVE farían ben en reestructuralo e inspeccionalo e, sobre todo, meter man ás grandes fortunas e reformar o conxunto do sistema fiscal eliminando de vez esas excepcionalidades que constitúen un insulto aos contribuíntes de a pé: Sicav, Capital “risco” especulativo, “holdings”, “non residentes” (futbolistas...), os módulos, etc.
vía: encontro irmandiño
-
O pasado 17 de agosto entrou en vigor o Real Decreto-lei 10/2009, de 13 de agosto, polo que se regula o programa temporal de protección por desemprego e inserción destinadas a facilitar cobertura económica, con carácter extraordinario, a persoas en situación de desemprego que esgotasen a prestación contributiva ou subsidio por desemprego.
A quen vai dirixido este programa?
As persoas desempregadas que esgotaron a prestación contributiva por desemprego ou o subsidio por desemprego, incluídas as prórrogas, carezan de rendas superiores a 468 euros mensuais en 2009 e adquiran o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral.
A quen non vai dirixido?
• Os traballadores que esgotaron as prestacións por desemprego antes do 1 de agosto de 2009 e antes do 15 de febreiro de 2010.
• Os traballadores que esgoten o subsidio específico para maiores de 52 anos
• Aqueles que tendo a condición de fixos-descontinuos esgoten a prestación por desemprego ou subsidio durante os períodos de inactividade produtiva.
• Traballadores que esgoten a prestación por desemprego ou subsidios durante a suspensión da relación laboral ou a redución da xornada de traballo en virtude de ERE's.
• Ou aqueloutros que esgoten o subsidio agrario, a renda agraria ou a Renda Activa de Inserción.
Que requisitos debo cumprir?
• Ser menor de 65 anos
• Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego
• Ter extinguido por esgotamento:
• a prestación por desemprego de nivel contributivo e non ter dereito ó subsidio.
• os subsidios por desemprego pola súa duración máxima, incluídas as prórrogas.
Que obrigas resultan da solicitude esta prestación?
O traballador quedará obrigado a subscribir o compromiso de actividade e adquirir o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral que se determine polo Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Si teño outros ingresos, por exemplo, un aluguer, teño dereito a prestación?
Depende, ter ingresos propios superiores a 468 euros mensuais no ano 2009 implica quedar excluído desta axuda.
Tampouco terá dereito a mesma si a suma de tódolos ingresos obtidos por tódolos membros da súa unidade familiar (vostede, o seu cónxuxe e/ou pais e fillos menores de 26 anos ou maiores con discapacidade ou menores acollidos), dividida polo número de membros que a compoñen superen os 468 euros/mes no ano 2009.
Tamén resulta incompatible coa percepción de salarios sociais, rendas mínimas ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas Administracións Públicas.
Non estar a percibir pensión ou prestación económica da Seguridade Social, salvo que estas fosen compatibles co traballo que orixinou a prestación ou o subsidio por desemprego.
Cal é a contía e duración da prestación extraordinaria?
A duración máxima da prestación por desemprego extraordinaria é de 180 días e a súa contía é de 421,79 euros mensuais, cantidade que se actualizará anualmente. Comézase a devengar dende o día seguinte a aquel en que se solicita e a súa percepción é mensual.
Onde e cando debo presentar a solicitude?
Deberá presentarse dentro dos 60 días hábiles seguintes ó esgotamento da prestación ou subsidio por desemprego, no modelo oficial, que incluirá a subscrición expresa do compromiso de actividade e de participar nun itinerario de inserción e presentarase na oficina do Servizo Público de Emprego na que o traballador figure inscrito como demandante de emprego.
Logo, unha persoa que se lle esgotou a prestación o un de agosto, antes da publicación da medida, ata cando ten de prazo?
Neste caso, as persoas as que se lle esgotase a prestación entre os días 1 e 15 de agosto de 2009 deberán presentar a solicitude dentro dos 60 días hábiles seguintes ó da publicación desta norma.
Que documentación debo presentar?
• Impreso de solicitude , en modelo oficial, debidamente cumprimentado e asinado polo solicitante. Deberá entregar orixinal e 2 copias de dito modelo.
• Fotocopia dos documentos de identificación de solicitante e, no seu caso, dos membros da unidade familiar • Copia do libro de familia ou documento equivalente en caso de estranxeiros.
• Copia dos documentos acreditativos das rendas obtidas no mes anterior polo solicitante e, no seu caso, polos membros da unidade familiar.
Ver en PDF:
-
O pasado 20 de agosto entrou en vigor o Real Decreto 1300/2009, de 31 de xullo, de medidas urxentes de emprego destinadas ós traballadores autónomos e ás cooperativas e sociedades laborais como resposta ó incremento do desemprego.
Cales son esas medidas que se adoptaron?
Son dúas, a referida ó abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único e a bonificación pola contratación indefinida do primeiro asalariado do traballador autónomo.
Cal é a novidade destas medidas respecto as xa existentes?
A primeira medida, abono da prestación nun pago único, levanta as restricións existentes nos supostos en que o traballador tivese un vínculo contractual previo coa cooperativa ou sociedade laboral a que se quere incorporar. No segundo caso, a bonificación pola contratación indefinida, farase independentemente das circunstancias do traballador que antes se esixían (circunstancias de idade, xénero, discapacidade, exclusión social, percepción de prestacións, etc.)
Desaparecen para sempre as restricións anteriores?
Non. Estas medidas son temporais. No primeiro suposto estarán en vigor ata o 31 de decembro de 2010 e no segundo ata o 31 de decembro de 2009.
Que cantidade alcanza o pago único?
O límite máximo vese incrementado dende o 60 por cento ata o 80 por cento sobre a porcentaxe da prestación a capitalizar cando os beneficiarios sexan homes mozos ata 30 anos de idade ou mulleres mozas ata 35 anos, ambos inclusive, considerándose a idade na data da solicitude. Mantense o mesmo límite nos demais casos.
Si teño unha SL ou unha SA tamén me podo beneficiar destas axudas?
Non, as axudas van destinadas a aqueles traballadores desempregados que queren pasar a formar parte dunha cooperativa ou sociedade laboral ou aos traballadores autónomos que contraten ao seu primeiro traballador indefinido.
Estas medidas, afectan por igual a todo desempregado?
No caso das solicitudes de abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único que se formulen entre o 20 de agosto e o 31 de decembro de 2010 poderanse levar a cabo só polos beneficiarios de prestacións por desemprego; mentres, no suposto da primeira contratación indefinida por un autónomo é indiferente que o traballador estea percibindo unha prestación ou non.
Un autónomo que xa ten contratado algún traballador temporal, pode beneficiarse desta axuda para transformar eses contratos en indefinidos?
Non, nin sequera para contratar a un traballador desempregado. A norma esixe que nos tres meses anteriores a contratación o autónomo non tivese contratado ningún traballador asalariado. Si pode beneficiarse, en cambio, doutras axudas a contratación indefinida anteriores.
Que ocorre si por falta de traballo me vexo na obriga de prescindir do traballador?
O autónomo queda obrigado a manter ó traballador contratado u mínimo de 24 meses dende o inicio da relación laboral. De non ser así deberá reintegrar tódalas bonificacións
E si é o traballador o deixa o seu emprego voluntariamente?
Nese caso non existirá a obriga de devolución das cotas bonificadas. Tampouco existirá esa obriga cando se trate dun despido disciplinario declarado ou recoñecido como procedente, por morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez do traballador.
Esta axuda é acumulable a outras que estean en vigor?
Non, será incompatible con calquera outra das previstas para a mesma finalidade. No caso de que a contratación dun traballador puidera dar lugar simultaneamente á aplicación de outras bonificacións, só poderá aplicarse unha delas, correspondendo a opción ó beneficiario no momento de formalizar a alta do traballador na Seguridade Social.
Como afectan estas medidas ós contratos realizados con anterioridade a súa entrada en vigor?
Esta norma non ten carácter retroactivo, polo tanto os contratos celebrados antes continuarán rexéndose pola normativa vixente no intre da súa concertación.
Ver en PDF
-
O
servizo prestarase a través das asociacións de autónomos, da rede de
técnicos de emprego, das entidades colaboradoras e dunha plataforma web: http://www.autonomosgalicia.org
As consultas dos autónomos pola web obterán unha resposta inmediata
A iniciativa inclúe un plan de formación para mellorar a capacitación específica deste colectivo
Os
autónomos xa teñen á súa disposición a “Guía Básica do Autónomo” e os
“Cadernos do Autónomo” sobre os “Instrumentos Básicos de
Financiamento”, “Fiscalidade”, “A Xestión de Tesouraría”, “Comunicación
e Técnicas de Venda”, “Merchandising Visual” e “Contratos Mercantís”
O
conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, vén de
presentar o Servizo de Apoio ao Autónomo, unha iniciativa que xurde
como resposta a unha necesidade manifestada ante este departamento
polos representantes das organizacións de autónomos, preocupadas pola
especial fraxilidade que presenta este colectivo ante a situación
económica actual.
Máis sobre esta e outras novas na UPD Integrou - ASPANAS
-
A verdadeira solución da crise non pasa por salvar o actual sistema financeiro coa actual
arquitectura socioeconómica. Ao contrario, será preciso que esta se
afunda, de xeito controlado, que perda a súa exuberancia, a súa
libérrima autonomía e o seu poder omnímodo para marcar as regras de
xogo de toda a economía.
Un artigo de Xavier Vence en Tempos Dixital
A
vertixe dos acontecementos nos últimos meses depara continuos
sobresaltos. Sen perdérmonos na anécdota, poñámolos en perspectiva.
Neste mes de setembro desapareceron de golpe nin máis nin menos que os
cinco bancos de investimento máis importantes de EEUU e do mundo:
Lehman Brothers deu en creba; Merrill Lynch foi comprado in extremis
por Bank of America, Bear Sterns xa fora comprado pola JP Morgan cun
crédito da Reserva Federal e os dous últimos que quedaban cambaleándose
(Morgan Stanley e Goldman Sachs) foron obrigados a reconverterse en
bancos comerciais e buscar socios de refuxio. Ao mesmo tempo a
principal aseguradora financeira mundial, AIG, tivo que ser rescatada
da creba pola Reserva Federal cun crédito multimillonario e o mesmo
pasou cos dous principais bancos hipotecarios (Fannie Mae e Freddie
Mac).
Todos os demais grandes bancos e aseguradoras están na
corda frouxa. A gran caixa Washington Mutual tivo que ser adquirida por
JP Morgan Chase. O inglés Northern Rock foi nacionalizado hai uns
meses; HSBC e o franco-holandés Fortis venden filiais e activos para
salvar a matriz. En España, Martinsa-Fadesa deu en creba, Colonial tivo
que ser refinanciada, Sacyr vende activos e algúns bancos e grandes
grupos inmobiliarios tamén están a vender activos para capear o
temporal… En fin, todos os enormes monstros que levaban anos
succionando recursos de todo o sistema mundial a través de instrumentos
financeiros, a cada paso máis sofisticados e fraudulentos, acaban
estoupando. O estrondo é enorme. O FMI estima un burato negro de 1,3
billóns de dólares.
Aparentemente, todo o mundo recoñece xa que
iso é unha crise profundísima dese modelo financeiro. Pero, ollo, as
aparencias enganan. Os neoliberais seguen nas mesmas. Como non se
senten ameazados por ningunha alternativa proclaman a catástrofe como
ameaza para seguir espremendo unha sociedade convertida en refén. É a
súa última estafa.
As claves da crise
Máis alá do que xa todo o mundo di e recoñece, eu destacaría algúns feitos relevantes.
Primeiro, durante dúas décadas o sistema Dolar-Wall Street
bombeou cantidades fabulosas de recursos de todo o mundo para os
EE.UU., o que lle permitiu a ese país manter unha burbulla consumista
sostida coa manivela de fabricar billetes verdes, mesmo cunha
capacidade produtiva real en declive. Velaí a verdadeira natureza da
burbulla financeira, moito máis aló das manidas hipotecas subprime,
que non deixan de ser como a declaración dun pecado venial para agachar
o pecado (do) capital. O problema non son as hipotecas lixo en si, que
o sistema financeiro encaixaría con relativa facilidade, o problema
está na multiplicación ficticia de recursos por parte das entidades
financeiras a partir delas, cunha enxeñería financeira temeraria. Facer
cartos con cartos serve para mudar a riqueza de mans pero non para
creala, como ben sabían os economistas que coñecían algo máis que
modelos matemáticos.
Segundo, esta crise está a traducirse nunha
concentración aínda maior do sistema financeiro: os grandes bancos
comerciais absorben os grandes bancos de investimento, co soporte do
financiamento público. Onde antes tiñamos un sistema financeiro
dominado por un número reducido de monstros agora vai estar dominado
por un número aínda menor de monstros ciclópeos. A concentración do
capital alcanza niveis nunca vistos. O mundo das finanzas queda cada
vez en menos mans (e ¡que mans!).
Terceiro, as crebas e os
rescates deses bancos en crise son financiadas con fondos públicos, con
préstamos dos bancos centrais e con inxección de diñeiro por parte
destes últimos. Esa forma de xestionar a crise carga os seus custos
sobre o conxunto da sociedade por unha dobre vía: á custa dos impostos
pagados, unha débeda pública enorme e tamén da inflación que provocan
esas inxeccións de diñeiro. Trátase da maior e máis obscena
socialización das perdas especulativas da historia da humanidade. É
escandaloso que o goberno Bush se propoña crear un fondo de 700.000
millóns de dólares para facerse cargo dos “activos tóxicos” de todo o
sistema bancario. A maior expropiación dunha sociedade para salvar un
sistema financeiro montado sobre a especulación.
Cuarto, máis
escandaloso aínda é que ningún responsable político dimitiu até o
momento. Nin a presidencia do goberno, nin o ministro de Economía, nin
da FED nin da SEC. Ninguén. Os que deseñaron e aplicaron as políticas
neoliberais que conduciron ao desastre non dimitiron. Antes ao
contrario, o ministro de Economía americano, Hank Paulson, confeso
ultraliberal, pretende pilotar un paquete de medidas para saír en
auxilio dos especuladores. Todo iso acompañado con plenos poderes para
gobernar á marxe das leis e sen autorización do Parlamento durante dous
anos. Na mellor tradición neoliberal ¡¡o económico por riba da
sociedade e da democracia!!. Con absoluto descaro organizan a gran
expropiación dos cidadáns, traballadores e aforradores comúns, que, en
realidade, é a última volta de porca da que viñeron realizando mediante
as sucesivas burbullas especulativas e ondas privatizadoras ao longo
das dúas últimas décadas.
Nos primeiros tempos, os neoliberais
entregaron xenerosamente a riqueza social acumulada polo sector público
ao capital privado. Logo permíteselles unha enxeñería financeira que
xera uns beneficios ficticios repartidos entre accionistas e xestores
ao tempo que a saúde real das entidades se deteriora, Agora, cando
agroma a realidade do burato negro disimulado, a receita neoliberal non
defrauda: ¡socialicemos as perdas! E polo medio, as grandes fortunas
acumuladas con impudicia por unha minoría están a salvo. Máis aínda, en
pleno turbillón seguen amasando ganancias especulando á baixa nos
mercados de valores e derivados aproveitando as inxeccións de liquidez
dos bancos centrais; e, para redondeala, os directivos das grandes
financeiras crebadas cobran indemnizacións astronómicas. ¡É precisa
unha dose moi grande de resignación ou de cinismo para non sublevarse!
Quinto,
para a xente do común a crise ten outra secuencia e outros ritmos que
xa veñen de lonxe: primeiramente foron as alzas espectaculares dos
prezos da vivenda desde finais dos noventa até 2007, seguidas de alzas
tamén espectaculares da enerxía desde 2005 en diante e, finalmente, dos
alimentos desde mediados de 2007 en diante. Temos, polo tanto, varias
crises diferentes que se entrecruzan e se van concatenando. O que para
uns (os especuladores) eran ciclos de bonanza, para o resto da
sociedade xa eran períodos críticos. O problema é que a cada paso a
situación vólvese máis complexa e difícil de xestionar no marco do
modelo económico vixente. Trátase dunha sucesión de burbullas nas que o
capital financeiro desencadea procesos acumulativos de alzas aceleradas
dos prezos de determinados bens, para logo facelos caer con igual
vertixe. Niso reside a especulación e a proliferación de instrumentos
financeiros que permiten gañar tamén xogando á baixa nos mercados de
derivados (as chamadas “posicións curtas”).
Neoliberalismo en crise
A
gravidade do momento actual está en que así como a burbulla
inmobiliaria encarece o acceso á vivenda para a poboación pero xera
unha dinámica acumulativa que tira do crecemento económico (arrastrando
ás actividades de fabricación de todo tipo de materiais), en cambio, a
burbulla enerxética encarece un ínput básico de todas as actividades
produtivas elevando os custos en todos os sectores e acelerando a
inflación, deprimindo aínda máis a capacidade de compra das familias.
Iso crea tendencias á recesión económica, acompañada dunha forte
inflación. Pola súa vez, a burbulla especulativa dos alimentos cerra o
círculo creando unha inflación galopante nos bens de consumo básicos da
maioría da poboación, acelerando aínda máis a inflación.
As tres
burbullas turran dos prezos á alza, pero ningunha das dúas últimas tira
da actividade económica, polo contrario, deprímena. A consecuencia
delas será, polo tanto, inflación, recesión e paro, levando a economía
a un círculo vicioso para o cal as receitas tradicionais non poden
funcionar. Iso significa que, fronte á visión dominante que fala dunha
crise cíclica de conxuntura ou dunha crise de liquidez do sistema
financeiro, estamos diante dunha crise moito máis profunda: trátase da
crise estrutural do modelo neoliberal. Non só do sistema financeiro
senón tamén dunha arquitectura global na que o financeiro se convertera
no eixo estruturador e dominante.
Agora os responsábeis da
desfeita póñense graves e solemnes: “hai que salvar o sistema
financeiro para salvar a economía de todos”. Así xustifica Bush e a súa
corte a expropiación doutros 700.000 millóns de dólares aos
estadounidenses (engadido ao espolio anterior). Non di como os vai
financiar porque entre a súa guerra contra Iraq e a súa política de
redución de impostos aos ricos levounos xa a un déficit público
insostíbel. O recurso ao endebedamento externo nesas condicións só pode
conducir ao deterioro do dólar e a puntilla á súa contestada hexemonía.
Pero non lle faltan apoios: Zapatero, o gurú, con aceno panglosiano,
bendí a operación. Pois non! Esa é a enésima estafa do dobre discurso
neoliberal.
Habería que dicirlles que a verdadeira solución non pasa por salvar o actual sistema financeiro con esa arquitectura socioeconómica senón que será preciso que o sistema financeiro actual
se afunda, de xeito controlado, que perda a súa exuberancia, a súa
libérrima autonomía e o seu poder omnímodo para marcar as regras de
xogo de toda a economía. E iso é necesario para reedificar un sistema
no que as finanzas se subordinen ás necesidades do sistema produtivo
(como ocorreu a partir dos anos trinta) e non ao revés. Darlle a volta
a un sistema asentado no endebedamento masivo para volver a outro
baseado no aumento dos ingresos da maioría da poboación e o aforro
popular, e de paso entrar nunha senda menos consumista e máis
sustentábel. Implantar un imposto para que as grandes fortunas devolvan
parte do esquilmado ao conxunto da poboación e con el, poder financiar
as reformas. Polo tanto, desde o meu punto de vista, quen gaste os
recursos públicos en salvar este sistema financeiro carrexará moitos
males para o país: empobrecerá a xente común, aumentará as
desigualdades e non atopará solución duradeira. O problema é ¿onde
están as esquerdas? ¿onde están os reformadores? A crise colleunos a
todos eles abraiados polo pensamento único, nos asentos traseiros dos
coches oficiais ou nos balnearios. Velaí a peor crise!.
O outono de 2008 pasará á historia como o outono do neoliberalismo.
A cidadanía debería facer balance tanto dos políticos que por activa ou
por pasiva axudaron a impoñelo como de todos os “especuladores de
palabras e ideas” que contribuíron a lexitimalo e convertelo en
pensamento único. Agora, de súpeto, todos parecen estar de volta. Eu
aínda recordo o ricto dos ben pensantes realistas cando saíu en 2005 o
meu libro titulado O fracaso neoliberal na Galiza. Pero diso falaremos outro dia.
fonte
-
Páxina 1 de 9
Dunha xornada de formación da CIG celebrada en abril
Xabier Vence: A crise do modelo neoliberal e propostas alternativas
O
catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, Xavier
Vence, presentaba unha análise sobre a crise do modelo neoliberal, no
seo dunha xornada de formación organizada pola CIG a mediados do mes de
abril. Vence presentaba tamén unha serie de propostas alternativas para
abrir o debate sobre a necesidade dun cambio de modelo económico. Dado
o seu interese, reproducimos, a continuación, a súa intervención
íntegra.
Da
burbulla financeiro/inmobiliaria ás novas burbullas especulativas da
enerxía e dos alimentos. A crise do modelo neoliberal e propostas
alternativas.
Xavier Vence. Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago.
A
reflexión que hoxe quero compartir convosco é sobre momento que estamos
vivindo na evolución da economía mundial e, polo tanto, tamén da
galega. Atravesamos un tempo de crise, en realidade estamos inmersos na
fase de estalido da mesma e nos vindeiros meses veremos máis
abertamente as súas consecuencias. Hoxe quixera poñer ao descuberto as
causas que a provocaron; cal foi o modelo económico que conduciu a esta
situación e cales poden ser, finalmente, os escenarios de saída,
discutindo tanto as propostas que se plantexan desde dentro -por parte
dos que conducen este modelo económico- como outras posíbeis
alternativas que se poden plantexar desde fóra dese ámbito, á marxe do
que é a liña dominante na dirección da política económica mundial e
tamén da deste país.
A foto do momento, da última parte de 2007
e comezos de 2008, está focalizada nas turbulencias do mundo das
finanzas, na crise do sistema financeiro, das bolsas de valores e dos
axentes principais que actúan nos mesmos: bancos e fondos. Certamente
eses son os ámbitos e os axentes principais desta deriva crítica pero
non os únicos que participan nesta crise e, desde logo, non son os
únicos que a padecen. Para a maioría da xente e para o noso país o
problema non fixo máis que comezar.
Do endebedamento masivo á crise financeiro/inmobiliaria
Efectivamente,
a crise financeira é a parte máis rechamante, recoñecida e publicitada
da crise actual. Pero as súas raiceiras son máis fondas; esta crise é
consecuencia da profunda fraxilidade do modelo económico neoliberal, da
inestabilidade derivada dunha distribución da renda tan desigual que
impide unha evolución da demanda acompasada coa evolución da oferta. A
crise abrolla como consecuencia dunha dinámica anterior asentada nun
modelo de crecemento lento, que ten unha baixa capacidade para xerar e
incrementar os ingresos derivados da produción (tanto os salarios como
os beneficios xerados en actividades produtivas).
Nun modelo
baseado na moderación salarial os ingresos aumentan lentamente e o
consumo e a demanda tenderán a medrar tamén lentamente, impedindo a
expansión dos mercados e dos negocios. Se o baixo ritmo de crecemento
dos salarios non garante a creación de mercados para a ampliación da
acumulación do capital entón os xestores das políticas tratan de buscar
outras vías alternativas para estimular a demanda. Nese marco a
expansión da demanda tiña que apoiarse noutros mecanismos. Un deles é a
promoción de exportacións, a famosa competitividade, para conseguir
mercados fóra do país; pero iso ten un límite na medida en que todos os
países queiran facer o mesmo. A outra vía para impulsar a demanda é a
xeneralización da venda a crédito, asumindo o compromiso de pagamento
no futuro ou mediante o crecente endebedamento da poboación (e dos
demais axentes do sistema) coas entidades de crédito. Para darlle saída
á produción e ampliar os mercados non chegaba coa capacidade de compra
das rendas altas, era preciso tirar da capacidade de compra da
poboación que tiña ingresos modestos e, mesmo, reducidos. A única forma
de integralos na roda do consumo de masas (se os salarios non aumentan)
é fomentar o endebedamento e a compra a crédito, contra as rendas
futuras. Este patrón de funcionamento provocou un masivo endebedamento
da poboación naqueles países que máis se embarcaron neste modelo (EEUU,
Reino Unido, España, etc.), pero en maior ou menor medida foi un patrón
que se difundiu en boa parte do mundo. O artífice dese endebedamento
xeneralizado é un sistema financeiro crecentemente desregulado.
No
caso de EEUU é extraordinario o nivel de endebedamento alcanzado, pero
España e Galiza non lle quedan moi atrás. Chega un punto no que o nivel
de endebedamento das familias está moi por riba do seu nivel de renda.
O nivel de endebedamento actual da economía norteamericana triplica o
seu PIB e o das familias está no 120% da renda xerada. É un nivel
elevadísimo e, obviamente, calquera persoa con sentido común e sabendo
sumar e restar, dáse conta de que iso non é sostíbel a longo prazo.
Igual
ocorre aquí en Galiza e en España. Tradicionalmente eramos unha
economía bastante aforradora. Porén, nos últimos anos, deixamos de selo
e pasamos a ser unha economía que tamén tirou do consumo en base ao
crédito e ao endebedamento: para a compra de vivenda, para o
investimento e tamén para o consumo (coche, electrodomésticos, viaxes,
etc.). O nivel medio de endebedamento acércase ao 80-90% do ingreso.
Máis do 20% dos fogares están hipotecados. Esta situación de
endebedamento xeneralizado foi unha opción deliberada de política
económica pola que se optou desde os anos oitenta e, sobre todo, a
partir da crise e recesión do 2001, co obxectivo de bombear ao propio
sistema. Nese ano produciuse a crise daquela chamada “nova economía”
que prometera converterse no futuro da economía mundial pero que
crebara sen previo aviso: a crise das “puntocom”. Aquela foi a crise da
burbulla das “puntocom” que se alimentara cunha fulgurante carreira
especulativa na segunda metade dos noventa. O que nos pon xa na pista
dun trazo básico das últimas décadas: aquí imos de burbulla en burbulla
até a burbulla seguinte.
Cando rematou a burbulla das “puntocom”
a economía non tiña visos de recuperación. O que fixeron os xestores da
política monetaria, en particular dos EEUU, foi reducir os tipos de
xuro de forma moi considerábel, desregular o sistema financeiro
suficientemente, como para que puidese ampliarse o abano de créditos
concedidos, e reducir o nivel de garantías para a súa concesión. Dese
xeito, foise metendo no sistema como clientela a unha parte da
poboación que, até ese momento, non tiña posibilidade de acceder ao
crédito. Iso derivou nun sistema de endebedamento e de crédito no que
se asumía un compromiso de por vida, en condicións obviamente leoninas,
con créditos concedidos en moi más condicións e con tipos de xuro tres,
catro ou cinco veces por enriba do normal. Tipos de xuro moi altos cos
que os bancos trataban de compensar o feito de que os créditos
concedidos terían dificultades de recuperación e de cobro posterior, ou
sexa, como contrapartida ás dificultades de cobro ou ao risco de
insolvencia.
-
As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasa pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,... Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga exprimindo cando o mundo enteiro trata de superala.
Un dos grandes males da economía mundial é a especulación. Na sociedade actual vivimos e viviremos, se ninguén lle pon freo, a explosión dunha burbulla tras outra: primeiro foron as 'puntocom', ahora as inmobiliarias,... e quen sabe onde estarán a seguintes. Non se libran da especulación nin as necesidades máis básicas dunha sociedade como poden ser os alimentos ou a enerxía; mentres, os gobernos asisten como espectadores a todos estes movementos, no mellor dos casos, ou promovendo leis que os favorezan, no peor. Existen varias formas de frear as especulación: unha é regular os prezos. Así, si o goberno lle pon precio ó sólo e as vivendas os empresarios non poderán especular o cal non significa que non vaian gañar cartos. Outra é subir os impostos: canto maior sexa a carga impositiva menor será o beneficio e, a menor beneficio,menor especulación.
Paul Krugman critica o infundado optimismo -e o cinismo- que Fiedman e os seus tiñan na rebaixa de impostos e no libre mercado como ferramenta para acadar maiores cotas de prosperidade económica. O discurso neoconservador, para acadar o apoio de fundacións e grupos empresariais, recurriu a ideas simples que, nalgúns caos raiaban a grosería:
"decimos, e non nos cansaremos de repetilo, que as ideas ten consecuencias, o que é certo, pero o que temos na mente son ideas complexas, meditadas e ben elaboradas. O que pasamos por alto con facilidade é que as ideas simples, cando se lles confire paixón e organización, tamén poden ter consecuencias"
[Kristol, 1995]
O que facía Kristol era felicitarse pola vulgaridade da linguaxe do conservadurismo, hoxe adoptada prácticamente por tódalas forzas políticas, sempre que contribuise a acadar o éxito político. Foi así como os conservadores se erixiron, sen aportar proba algúnha, en defensores dunha supply-side economics cuxa consabida rebaixa de impostos se vería compensada por si mesma. De feito, esta doctrina nunca gozou de simpatía entre os intelectuais conservadores; si entre os empresarios e políticos. N. Gregory Mankiw, presidente do consello asesor de Bush para asuntos económicos entre 2003 e 2005 calificaría máis tarde de "excéntricos e charlatáns" ós partidarios da supply-side economics.
O certo é que aqueles que defencían a rebaixa de impostos non estaban seguros de que fose unha fórmula adecuada para a xestión da economía, pero estar errados ou acertados era algo que lles daba igual, o único que lles importaba é que esas ideas fosen políticamente útiles... non é así, Sr, Feijóo?
-
Primero foron os bancos e as subprime, uns créditos concedidos polos bancos os ninja, os responsables orixinais da crise financeira gobal; e agora voltan ser os bancos os responsables do agravamento por non prestar cartos a quen non lle ofrece suficientes garantías; primeiro por dar de máis e agora por non dar. Se non estivesen os políticos polo medio pensaría que me están tomando por parvo, como o están, queda confirmado. A modo de reflexión foi ese o asunto proposto no día de hoxe a Núñez Feijóo, Pérez Touriño e Anxo Quintana.[máis]
-
Ou debería dicir: crise, que crise! Antes non sabían por onde
viña e agora que xa chegou, non saben por onde se vai ir. Nin cando. Témola aquí
entre nós, seguímola cada día coa mirada e cos oídos, falamos mal dela, moi mal,
non nos gusta a ninguén, molestanos que esté aquí, pero ninguén fai nada para
que se vaía… uns por outros e ela segue aí. Inmóbil. Falo da crise…
e dos políticos. O certo e que moitos xa desconfiamos
que se queiran desfacer dela, as medidas tomadas non son o resultado dunha
verdadeira análise de fondo do problema senón froito dunha tirada de
dados (que, desgraciadamente, ten máis caras que unha moeda). Eu
tampouco teño a solución para pola fora, pero si teño máis preguntas, quen sabe
si coñecéndoa ben… [máis]
-
Globalización: defensores e críticos. A Crise Financieira Global.
O debate da globalización trata, en realidade, sobre as vantaxes ou desvantaxes da implantación das políticas económicas neoliberais a escala mundial, coincidindo a súa vez, co clásico debate entre dereitas -a favor da globalización- e esquerdas -en contra-. Estas novas políticas promoven a desregulación (o termo máis correcto sería re-regulación, xa que o que se fai e unha regulación a medida das multinacionais, non unha eliminación daquela) dos mercados internacionais para permitir o trafico de mercancías e empresas –non de persoas- con total liberdade polos diferentes países do mundo. Para Manuel Castells “a interdependencia dos mercados financeiros é a expresión máis determinante da globalización, permitida polas novas tecnoloxías da comunicación e favorecida pola desregulación e a liberalización dos mercados”. A crise financeira que afecta o mundo na actualidade está directamente relacionada coa globalización da economía. [máis]
-
Compuntoes es concurso de posicionamiento que consiste en intentar colocar en la posición más alta en diferentes motores de búsqueda una palabra hasta el momento inexistente. La palabra clave elegida es Compuntoes.
Se pueden diferenciar dos competiciones, la principal termina en febrero de 2007 con suculentos premios en metálico para los tres primeros clasificados en Google, Yahoo! y MSN.
La segunda concluye el lunes 25 de septiembre (a las 12:00h, hora española) y la persona que esté situada en primer lugar (en google.es) recibirá un iPod nano de 4 GB, valorado en 199 euros.
Como no tengo los conocimientos necesarios de optimización el objetivo es aprender de cara al futuro. Todos aquellos que quieran echarme una mano sólo tienen que colocar un enlace con la dirección http://www.compuntoes-xosse.blogspot.com con el anchor text Compuntoes. Lo cual quedaría de esta manera: Compuntoes.
-
-
-
agora mOendo do Revés en www.moendo.net