perfil de xosé antón vázquez dorrío en qapaciyperfil de xosé antón vázquez dorrío en xingperfil de xosé antón vázquez dorrío en linked indocumentos de xosé antón vázquez dorrío en slidesharexOsse dorrío profilexOsse en friend feedCanle de video de xOsse dorríoxOsse bookmarkx on deliciousblog persoal de xOsse dorríoxOsse on facebookphotos das miñas andainas en FlickrxOsse en latri.ca

os meus chios en twitterxOsse en alianzoxOsse en technoratixOsse en GooglexOsse en scribxOsse en friend feedxOsse en COcomment!xOsse en Chuza!xOsse en meneameblog UPEDExOsse en Box.netxOsse en twitpic


 

Apartheid tributario

Publicado 31 octubre 09 10:14

Por Xabier Venze Deza Catedratico de Economia no Xornal de Galicia


A proliferación de paraísos fiscais institucionaliza un mundo con varas de medir completamente asimétricas. Para uns a liberdade absoluta de movementos de capitais cruzando operacións con meras anotacións simbólicas e códigos cifrados, sen control e sen tributos, ao tempo que outros quedan sometidos á disciplina fiscal como traballadores e consumidores, sufragando todo o edificio social, o I+D, a educación, a sanidade e mesmo o inmenso gasto militar que se encarga de vixiar que as fronteiras do mundo se abaixen para a libre circulación de capitais. Unha configuración tan asimétrica do mundo só cabe cualificala como un auténtico apartheid regulatorio e tributario.

O que a maioría dos mortais empeza a descubrir con sorpresa é que os paraísos fiscais témolos na casa, dentro do propio país. E, polo tanto, o apartheid tamén. Que outra cousa significan senón toda esas excepcionalidades legais que permiten ás grandes fortunas escapar do IRPF mediante sociedades pantalla –como ben vemos no caso Gürtel–, manexar diferentes vehículos financeiros (Sicav, Fondos de Investimento, Fondos de Pensións, Sociedades de Capital “Risco”, etc.) limitándose a contribuír, no mellor dos casos, co 1% dos seus rendementos. O resultado é escandaloso: o esforzo fiscal total real das fortunas medianas e grandes representa unha ínfima proporción dos seus rendementos totais en tanto que para os asalariados representa unha altísima proporción, que pode drenar ao redor da metade dos seus ingresos (IRPF+IVE+Impostos especiais, carburantes, alcool e tabaco+ impostos locais diversos+SS). E iso despois de 8 ou 10 horas de traballo diarias para conseguilos. Temos un auténtico apartheid dentro dun sistema tributario trufado por tantos réximes de excepción como as fulgurantes fortunas discretamente reclamaron. Se a iso engadimos as múltiples vías de evasión e fraude toleradas –tan claramente expostas polos Inspectores de Facenda nos seus recentes informes– non cabe dúbida que temos unha fenda fiscal e social difícil de disimular por máis tempo.

Unha das virtudes do que está a ocorrer é que moita xente empeza a percibir esa realidade oculta detrás dun manto de información opaca e uns medios adicados a atordarnos con toneladas de información banal. O que hoxe nos subleva é que un Goberno dito socialdemócrata non só non aproveite a situación para levar adiante unha reforma a fondo do sistema fiscal, para recuperar algo de progresividade e un mínimo de xustiza, senón que poña enriba da mesa medidas que reforzan a sangría tributaria das rendas máis modestas, deixando intacto o relax fiscal que reina no paraíso dos afortunados. No canto de subir os tipos do IVE farían ben en reestructuralo e inspeccionalo e, sobre todo, meter man ás grandes fortunas e reformar o conxunto do sistema fiscal eliminando de vez esas excepcionalidades que constitúen un insulto aos contribuíntes de a pé: Sicav, Capital “risco” especulativo, “holdings”, “non residentes” (futbolistas...), os módulos, etc.

 vía: encontro irmandiño

Notificación de comentarios

Si quieres recibir un email cuando se actualice este artículo, por favor, regístrate aquí

Suscribir a los comentarios de este artículo RSS

Comentarios

Aún no ha hecho nadie ningún comentario. Escribe alguno y sé el primero :P

¿Qué opinas?

(requerido) 
(opcional)
(requerido) 
(requerido)