perfil de xosé antón vázquez dorrío en qapaciyperfil de xosé antón vázquez dorrío en xingperfil de xosé antón vázquez dorrío en linked indocumentos de xosé antón vázquez dorrío en slidesharexOsse dorrío profilexOsse en friend feedCanle de video de xOsse dorríoxOsse bookmarkx on deliciousblog persoal de xOsse dorríoxOsse on facebookphotos das miñas andainas en FlickrxOsse en latri.ca

os meus chios en twitterxOsse en alianzoxOsse en technoratixOsse en GooglexOsse en scribxOsse en friend feedxOsse en COcomment!xOsse en Chuza!xOsse en meneameblog UPEDExOsse en Box.netxOsse en twitpic


 

As medidas urxentes de emprego en preguntas e respostas

Publicado 28 agosto 09 11:35

O pasado 20 de agosto entrou en vigor o Real Decreto 1300/2009, de 31 de xullo, de medidas urxentes de emprego destinadas ós traballadores autónomos e ás cooperativas e sociedades laborais como resposta ó incremento do desemprego.

Cales son esas medidas que se adoptaron?

Son dúas, a referida ó abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único e a bonificación pola contratación indefinida do primeiro asalariado do traballador autónomo.

Cal é a novidade destas medidas respecto as xa existentes?

A primeira medida, abono da prestación nun pago único, levanta as restricións existentes nos supostos en que o traballador tivese un vínculo contractual previo coa cooperativa ou sociedade laboral a que se quere incorporar. No segundo caso, a bonificación pola contratación indefinida, farase independentemente das circunstancias do traballador que antes se esixían (circunstancias de idade, xénero, discapacidade, exclusión social, percepción de prestacións, etc.)

Desaparecen para sempre as restricións anteriores?

Non. Estas medidas son temporais. No primeiro suposto estarán en vigor ata o 31 de decembro de 2010 e no segundo ata o 31 de decembro de 2009.

Que cantidade alcanza o pago único?

O límite máximo vese incrementado dende o 60 por cento ata o 80 por cento sobre a porcentaxe da prestación a capitalizar cando os beneficiarios sexan homes mozos ata 30 anos de idade ou mulleres mozas ata 35 anos, ambos inclusive, considerándose a idade na data da solicitude. Mantense o mesmo límite nos demais casos.

Si teño unha SL ou unha SA tamén me podo beneficiar destas axudas?

Non, as axudas van destinadas a aqueles traballadores desempregados que queren pasar a formar parte dunha cooperativa ou sociedade laboral ou aos traballadores autónomos que contraten ao seu primeiro traballador indefinido.

Estas medidas, afectan por igual a todo desempregado?

No caso das solicitudes de abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único que se formulen entre o 20 de agosto e o 31 de decembro de 2010 poderanse levar a cabo só polos beneficiarios de prestacións por desemprego; mentres, no suposto da primeira contratación indefinida por un autónomo é indiferente que o traballador estea percibindo unha prestación ou non.

Un autónomo que xa ten contratado algún traballador temporal, pode beneficiarse desta axuda para transformar eses contratos en indefinidos?

Non, nin sequera para contratar a un traballador desempregado. A norma esixe que nos tres meses anteriores a contratación o autónomo non tivese contratado ningún traballador asalariado. Si pode beneficiarse, en cambio, doutras axudas a contratación indefinida anteriores.

Que ocorre si por falta de traballo me vexo na obriga de prescindir do traballador?

O autónomo queda obrigado a manter ó traballador contratado u mínimo de 24 meses dende o inicio da relación laboral. De non ser así deberá reintegrar tódalas bonificacións

E si é o traballador o deixa o seu emprego voluntariamente?

Nese caso non existirá a obriga de devolución das cotas bonificadas. Tampouco existirá esa obriga cando se trate dun despido disciplinario declarado ou recoñecido como procedente, por morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez do traballador.

Esta axuda é acumulable a outras que estean en vigor?

Non, será incompatible con calquera outra das previstas para a mesma finalidade. No caso de que a contratación dun traballador puidera dar lugar simultaneamente á aplicación de outras bonificacións, só poderá aplicarse unha delas, correspondendo a opción ó beneficiario no momento de formalizar a alta do traballador na Seguridade Social.  

Como afectan estas medidas ós contratos realizados con anterioridade a súa entrada en vigor?

Esta norma non ten carácter retroactivo, polo tanto os contratos celebrados antes continuarán rexéndose pola normativa vixente no intre da súa concertación.

Ver en PDF

Notificación de comentarios

Si quieres recibir un email cuando se actualice este artículo, por favor, regístrate aquí

Suscribir a los comentarios de este artículo RSS

Comentarios

Aún no ha hecho nadie ningún comentario. Escribe alguno y sé el primero :P

¿Qué opinas?

(requerido) 
(opcional)
(requerido) 
(requerido)