Xavier Vence: A crise do sistema neoliberal
Páxina 1 de 9
Dunha xornada de formación da CIG celebrada en abril
Xabier Vence: A crise do modelo neoliberal e propostas alternativas
O
catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, Xavier
Vence, presentaba unha análise sobre a crise do modelo neoliberal, no
seo dunha xornada de formación organizada pola CIG a mediados do mes de
abril. Vence presentaba tamén unha serie de propostas alternativas para
abrir o debate sobre a necesidade dun cambio de modelo económico. Dado
o seu interese, reproducimos, a continuación, a súa intervención
íntegra.
Da
burbulla financeiro/inmobiliaria ás novas burbullas especulativas da
enerxía e dos alimentos. A crise do modelo neoliberal e propostas
alternativas. Xavier Vence. Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago.A
reflexión que hoxe quero compartir convosco é sobre momento que estamos
vivindo na evolución da economía mundial e, polo tanto, tamén da
galega. Atravesamos un tempo de crise, en realidade estamos inmersos na
fase de estalido da mesma e nos vindeiros meses veremos máis
abertamente as súas consecuencias. Hoxe quixera poñer ao descuberto as
causas que a provocaron; cal foi o modelo económico que conduciu a esta
situación e cales poden ser, finalmente, os escenarios de saída,
discutindo tanto as propostas que se plantexan desde dentro -por parte
dos que conducen este modelo económico- como outras posíbeis
alternativas que se poden plantexar desde fóra dese ámbito, á marxe do
que é a liña dominante na dirección da política económica mundial e
tamén da deste país.
A foto do momento, da última parte de 2007
e comezos de 2008, está focalizada nas turbulencias do mundo das
finanzas, na crise do sistema financeiro, das bolsas de valores e dos
axentes principais que actúan nos mesmos: bancos e fondos. Certamente
eses son os ámbitos e os axentes principais desta deriva crítica pero
non os únicos que participan nesta crise e, desde logo, non son os
únicos que a padecen. Para a maioría da xente e para o noso país o
problema non fixo máis que comezar.
Do endebedamento masivo á crise financeiro/inmobiliariaEfectivamente,
a crise financeira é a parte máis rechamante, recoñecida e publicitada
da crise actual. Pero as súas raiceiras son máis fondas; esta crise é
consecuencia da profunda fraxilidade do modelo económico neoliberal, da
inestabilidade derivada dunha distribución da renda tan desigual que
impide unha evolución da demanda acompasada coa evolución da oferta. A
crise abrolla como consecuencia dunha dinámica anterior asentada nun
modelo de crecemento lento, que ten unha baixa capacidade para xerar e
incrementar os ingresos derivados da produción (tanto os salarios como
os beneficios xerados en actividades produtivas).
Nun modelo
baseado na moderación salarial os ingresos aumentan lentamente e o
consumo e a demanda tenderán a medrar tamén lentamente, impedindo a
expansión dos mercados e dos negocios. Se o baixo ritmo de crecemento
dos salarios non garante a creación de mercados para a ampliación da
acumulación do capital entón os xestores das políticas tratan de buscar
outras vías alternativas para estimular a demanda. Nese marco a
expansión da demanda tiña que apoiarse noutros mecanismos. Un deles é a
promoción de exportacións, a famosa competitividade, para conseguir
mercados fóra do país; pero iso ten un límite na medida en que todos os
países queiran facer o mesmo. A outra vía para impulsar a demanda é a
xeneralización da venda a crédito, asumindo o compromiso de pagamento
no futuro ou mediante o crecente endebedamento da poboación (e dos
demais axentes do sistema) coas entidades de crédito. Para darlle saída
á produción e ampliar os mercados non chegaba coa capacidade de compra
das rendas altas, era preciso tirar da capacidade de compra da
poboación que tiña ingresos modestos e, mesmo, reducidos. A única forma
de integralos na roda do consumo de masas (se os salarios non aumentan)
é fomentar o endebedamento e a compra a crédito, contra as rendas
futuras. Este patrón de funcionamento provocou un masivo endebedamento
da poboación naqueles países que máis se embarcaron neste modelo (EEUU,
Reino Unido, España, etc.), pero en maior ou menor medida foi un patrón
que se difundiu en boa parte do mundo. O artífice dese endebedamento
xeneralizado é un sistema financeiro crecentemente desregulado.
No
caso de EEUU é extraordinario o nivel de endebedamento alcanzado, pero
España e Galiza non lle quedan moi atrás. Chega un punto no que o nivel
de endebedamento das familias está moi por riba do seu nivel de renda.
O nivel de endebedamento actual da economía norteamericana triplica o
seu PIB e o das familias está no 120% da renda xerada. É un nivel
elevadísimo e, obviamente, calquera persoa con sentido común e sabendo
sumar e restar, dáse conta de que iso non é sostíbel a longo prazo.
Igual
ocorre aquí en Galiza e en España. Tradicionalmente eramos unha
economía bastante aforradora. Porén, nos últimos anos, deixamos de selo
e pasamos a ser unha economía que tamén tirou do consumo en base ao
crédito e ao endebedamento: para a compra de vivenda, para o
investimento e tamén para o consumo (coche, electrodomésticos, viaxes,
etc.). O nivel medio de endebedamento acércase ao 80-90% do ingreso.
Máis do 20% dos fogares están hipotecados. Esta situación de
endebedamento xeneralizado foi unha opción deliberada de política
económica pola que se optou desde os anos oitenta e, sobre todo, a
partir da crise e recesión do 2001, co obxectivo de bombear ao propio
sistema. Nese ano produciuse a crise daquela chamada “nova economía”
que prometera converterse no futuro da economía mundial pero que
crebara sen previo aviso: a crise das “puntocom”. Aquela foi a crise da
burbulla das “puntocom” que se alimentara cunha fulgurante carreira
especulativa na segunda metade dos noventa. O que nos pon xa na pista
dun trazo básico das últimas décadas: aquí imos de burbulla en burbulla
até a burbulla seguinte.
Cando rematou a burbulla das “puntocom”
a economía non tiña visos de recuperación. O que fixeron os xestores da
política monetaria, en particular dos EEUU, foi reducir os tipos de
xuro de forma moi considerábel, desregular o sistema financeiro
suficientemente, como para que puidese ampliarse o abano de créditos
concedidos, e reducir o nivel de garantías para a súa concesión. Dese
xeito, foise metendo no sistema como clientela a unha parte da
poboación que, até ese momento, non tiña posibilidade de acceder ao
crédito. Iso derivou nun sistema de endebedamento e de crédito no que
se asumía un compromiso de por vida, en condicións obviamente leoninas,
con créditos concedidos en moi más condicións e con tipos de xuro tres,
catro ou cinco veces por enriba do normal. Tipos de xuro moi altos cos
que os bancos trataban de compensar o feito de que os créditos
concedidos terían dificultades de recuperación e de cobro posterior, ou
sexa, como contrapartida ás dificultades de cobro ou ao risco de
insolvencia.