perfil de xosé antón vázquez dorrío en qapaciyperfil de xosé antón vázquez dorrío en xingperfil de xosé antón vázquez dorrío en linked indocumentos de xosé antón vázquez dorrío en slidesharexOsse dorrío profilexOsse en friend feedCanle de video de xOsse dorríoxOsse bookmarkx on deliciousblog persoal de xOsse dorríoxOsse on facebookphotos das miñas andainas en FlickrxOsse en latri.ca

os meus chios en twitterxOsse en alianzoxOsse en technoratixOsse en GooglexOsse en scribxOsse en friend feedxOsse en COcomment!xOsse en Chuza!xOsse en meneameblog UPEDExOsse en Box.netxOsse en twitpic


 

REBAIXAS... de impostos

Publicado 17 febrero 09 09:47

As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasa pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,... Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga exprimindo cando o mundo enteiro trata de superala. Un dos grandes males da economía mundial é a especulación. Na sociedade actual vivimos e viviremos, se ninguén lle pon freo, a explosión dunha burbulla tras outra: primeiro foron as 'puntocom', ahora as inmobiliarias,... e quen sabe onde estarán a seguintes. Non se libran da especulación nin as necesidades máis básicas dunha sociedade como poden ser os alimentos ou a enerxía; mentres, os gobernos asisten como espectadores a todos estes movementos, no mellor dos casos, ou promovendo leis que os favorezan, no peor. Existen varias formas de frear as especulación: unha é regular os prezos. Así, si o goberno lle pon precio ó sólo e as vivendas os empresarios non poderán especular o cal non significa que non vaian gañar cartos. Outra é subir os impostos: canto maior sexa a carga impositiva menor será o beneficio e, a menor beneficio,menor especulación. Paul Krugman critica o infundado optimismo -e o cinismo- que Fiedman e os seus tiñan na rebaixa de impostos e no libre mercado como ferramenta para acadar maiores cotas de prosperidade económica. O discurso neoconservador, para acadar o apoio de fundacións e grupos empresariais, recurriu a ideas simples que, nalgúns caos raiaban a grosería:
"decimos, e non nos cansaremos de repetilo, que as ideas ten consecuencias, o que é certo, pero o que temos na mente son ideas complexas, meditadas e ben elaboradas. O que pasamos por alto con facilidade é que as ideas simples, cando se lles confire paixón e organización, tamén poden ter consecuencias"

[Kristol, 1995]

O que facía Kristol era felicitarse pola vulgaridade da linguaxe do conservadurismo, hoxe adoptada prácticamente por tódalas forzas políticas, sempre que contribuise a acadar o éxito político. Foi así como os conservadores se erixiron, sen aportar proba algúnha, en defensores dunha supply-side economics cuxa consabida rebaixa de impostos se vería compensada por si mesma. De feito, esta doctrina nunca gozou de simpatía entre os intelectuais conservadores; si entre os empresarios e políticos. N. Gregory Mankiw, presidente do consello asesor de Bush para asuntos económicos entre 2003 e 2005 calificaría máis tarde de "excéntricos e charlatáns" ós partidarios da supply-side economics. O certo é que aqueles que defencían a rebaixa de impostos non estaban seguros de que fose unha fórmula adecuada para a xestión da economía, pero estar errados ou acertados era algo que lles daba igual, o único que lles importaba é que esas ideas fosen políticamente útiles... non é así, Sr, Feijóo?

Notificación de comentarios

Si quieres recibir un email cuando se actualice este artículo, por favor, regístrate aquí

Suscribir a los comentarios de este artículo RSS

Comentarios

Aún no ha hecho nadie ningún comentario. Escribe alguno y sé el primero :P

¿Qué opinas?

(requerido) 
(opcional)
(requerido) 
(requerido)