-
No día de hoxe cúmprense catro anos dende que abrín a miña
primeira bitácora. O que me animou foi o premio dun concurso que
organizaba Terra Networks polo Mundial de futbol 2006 pois, segundo as
normas do concurso o gañador pasaría a "formar parte da plantilla de
blogueros de Terra". O gañador do concurso sería o blogger que maior
número de visitas tivese de xeito que se trataba máis dun concurso de
posicionamento na rede que de coñecementos futbolísticos; así, quen
conseguise utilizar mellor as técnicas de posicionamento tiña todas as
vantaxes para gañar... e ese fun eu.
Aquel primeiro post sóamente buscaba ser visto polos buscadores. O que se ve agora non é
o orixinal, foi modificado unha vez o blog foi indexado.
Estar ben posicionado require moito esforzo, cumpre entrar a outros
blogs e webs a deixar comentarios e, por suposto, o enderezo do blog que
queres posicionar. Logo cumpre actualizarse a miudo (escribía como
mínimo un post diario) e utilizar palabras moi buscadas nese momento nos
buscadores. A iso obecede o propio nome do blog: World Cup Blog 06; sen dúbida foi o máis
buscado en Google durante o tempo que durou o Mundial de Fútbol: e, como
non, mencionar sempre o nome dos xogadores máis mediáticos, aínda que
fose para dicir o mal que o fixeron. Por suposto, é importante contar
cun blogroll amplo, vencellar a outros para que outros te vencellen, e
tamén citar a outros autores e a seus blogs... iso é o máis valorado
polas arañas que rastrexan a rede.
As circunstancias logo do mundial non foron as máis favorables.
Terra Networks foi abssorvida por Telefónica no tempo que durou o
Mundial'2006 e, estes últimos, tiñan outros plans para a compañía.
Sobraba persoal. Nun primeiro intre fixéronse o 'sueco' e logo, ante as
miñas reclamacións, decidirón ofrecerme un contrato, mais este nada tiña
que ver coas espectativas xeradas polo anuncio inicial, limitándose a
súa oferta a un contrato mercantil de tres meses de duración cuxos
emolumentos apenas cubrian os gastos do seguro dun traballador por conta
propia, esixencia esta realizada a posteriori pola compañia.
Isto obrigoume a iniciar un proceso para reclamar ese premio que
aínda hoxe, catro anos despois, non rematou. A decisión inicial,
errónea, pero mostra da boa vontade con que se fixo, foi reclamar ese
premio mediante un sistema arbitral. Foi errónea porque Telefónica
xamais tivo vontade algunha de chegar a ningún tipo de acordo, que para
iso conta cun exercito de avogados, para que o pelexen todo.
Catro anos despois estámos no mesmo punto de partida, agardando que unha
xuiza do social dite unha sentenza e que, diga o que diga, esta será
recorrida por unha ou outra parte intervinte. Ben, no principio
esactamente non, agora a xuiza está obrigada a ditar unha sentenza cando
na primeira ocasión o que fixo foi declararse incompetente, avíndose á
demandada. Daquela non fixo caso ao Ministerio Fiscal, pero agora si ten
que facerllo ao TSXG que non di outra cousa que o que o mesmo MF dicía.
Dicía a xuiza (María Isabel Gómez Balado) naquela súa
Sentenza que non apreciaba a existencia de precontrato algún,
argumentando isto con doctrina, seguramente da súa etapa de estudante
-pola data da STS-, cando non era iso esactamente o que se alegaba,
senón unha promesa de contrato, ao que o TSXG afirma que "con
independencia da calificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa
de contrato), crearon no destinatario,ao menos en principio, unha
espectativa de traballo".
Crear falsas espectativas por unha empresa a un
traballador, amais de inmoral, é motivo de denuncia. Ocorre a cotío,
especialmente na comunicación verbal. Son enganos que serven para
motivar a un traballador a curto prazo, para que asine un contrato, para
que renda máis,... pero que a longo prazo pode volverse en contra da
entidade (demandas, desánimo, improductividade,...).
Dende que un Tribunal anula unha sentenza (neste caso o TSXG
anulou a sentenza do Xulgado do Social de Ourense o 26 de febreiro de
2010) e devolve os autos para ser ditada outra nova non acostuman a
transcorrer máis de mes e medio-dous meses, sen embargo, neste caso xa
vai para catro.
Neste caso nada foi normal, todo excepcional: o
primeiro xuízo celebrouse dúas veces, na primeira vista a demandada,
Telefónica, non compareceu e solicitou unha nova celebración por falla
de comunicación da data da vista. Na segunda vista solicitou a
incompetencia do tribunal, o cal obrigou a pedir un informe ao
Ministerio Fiscal, aínda que logo non o tivese en conta, alargando tamén
así o prazo establecido para dictar Sentenza. Neste caso o máis
dilixente foi o TSXG que en pouco máis de dous anos dictou a derradeira
Sentenza, moito máis pronto do que agardaba.
O caso é que algo que desexaba, ser blogger profesional,
foise diluindo co paso do tempo. Tamén é certo que gozo máis da
liberdade de ser un afeccionado. O que si non desaparece é a esperanza,
ao revés, a pesar dos atrancos sufridos, de ver recoñecido e compensado
(salarios non percibidos deica o intre en que a sentenza sexa firme,
lucro cesante -salarios futuros- máis danos morais) pola tarefa que non
puiden realizar.
Esta mala experiencia tampouco serviu para apartarme da
blogosfera, senón todo o contrario, construín multitude de blogs -moitos
por aí perdidos- e participei en moitos máis, seguindos, lendos,
comentandos,... A blogosfera foi o inicio do que se deu en chamar web
2.0 ou web social, un modelo de comunicación
horizontal que deu paso a intereactividade entre autores e lectores,
unha comunicación a que se siguen sumando cada vez máis persoas pero,
tamén, a que se resisten moitas outras. Non entenden que na actualidade
máis de 1.500 millóns de persoas están a un clic do que escribimos na
rede... ou, quizais, sexa iso o que temen.
"Traballar na era 2.0 require dunhas competencias
ehabilidades tecnolóxicas, dixitais e informacionais", di Bel Llodrá
e Cristina
Aced nun artigo publicado en UOC Alumni, Emprego 2.0, e
coautoras de "Visibilidad. Como xestionar a reputación online".
Cando non existe disposición por parte dos responsables de tódalas
organizacións de subministrar esas competencias aos seus traballadores
nin adquirilas para si mesmos, descoñecendo e privando a esta dos
potencias beneficios que lle podería acarrar, ao considerar a web
2.0 como unha ameaza e non como unha oportunidade, están
prexucando a súa entidade. De feito, para acadar estes catro anos na
rede, cumpre segundo palabras das mesmas autoras "unha predisposición
positiva e unha actitude dixital" pois estas "son a clave para
aproveitar as oportunidades que brinda este novo escenario laboral".
by
moendo.net
-

Cabina de Telefónica inaccesible, Ourense
Na cidade de Ourense, Avenida de Zamora, a altura do número 124, ao lado da Igrexa San Pio X, onde o Concello está levando a cabo a renovación de tubaxes e beirarrúas a cargo do Plan E -de estrobo, será- deixaron esta cabina de Telefónica totalmente inaccesible para persoas que se moven en cadeira de rodas ao pegala a unha caixa de rexistro. Parabéns ao xenio que tivo a ocorrencia, aos técnicos que a colocaron e non advertiron o erro ou que, de advertilo, calaron, aso técnicos municipais, que hai a moreas, ao encargado de obra e demais traballadores, parabéns! Sodes uns craks!
-
A contraportada
de hoxe é apenas un paso máis na estratexia que encetou Santiago Rey
& Co unha vez gañada a batalla eleitoral. Xa o dixera Quintana;
machacándoos a el e a Touriño non despacha só leas persoais... no fondo
quere finiquitar unha etapa na historia recente deste país. Agora,
morto e enterrado o defunto, seguen paleando terra... non vaia a ser.
A
grande victoria do PP e de La Voz foi a de que triunfara o conto, a
xeito de dogma, de que as solucións bipartitas son malas "per-se". O
triste, como ten apuntado o amigo Ian,
sería que os que noutrora sosteron "o bipartito" caian nesa trampa. E
pola banda que nos toca é angustioso comprobar como damos perigosos
pasos nesa dirección.
Pd. 1 Qué cálculos botaron e quen os botou?
Pd.2 -o bipartito foi malo-gobernar non é importante-mellor un goberno unido- PSOE é PP a mesma merda é-maioría natural do PP.
Pd.3. Let's do something...
Ver aquí
Eu discrepo...
... pois cada vez que alguén responsabiliza a La Voz da derrota do bipartito o caché de Santiago Rey sobe 5 puntos porcentuais. Curioso. Quen máis insiste nesta teoría é o quintanismo. Amores rifados...!?
Agora que, non sei si os bipartitos son malos "per-se", mais un bipartito no que esté o PSOE (que como di un asiduo de mOendo.net nin é obreiro nin socialista), asegúroche que si.
Iso
si, dende o nacionalismo si o temos ben claro: aquí ninguén é
responsable de nada (o cal non quere dicir que sexamos uns
irresponsables), todo se fixo ben, mais, e febleza intelectual da
poboación galega non foi dabondo -corixo,foi un estorbo- para saber diferenciar a palla do grao
(non con estas verbas, pero algo semellante díxose no escusario
oficial, coido que entón se referían de xeito específico as bases do
nacionalismo. Imos! Para coller a porta e darlle nos narices).
Nygard di...
... non entendo o teu último parágrafe.
En calquera caso, se estás
tan seguro de que os bipartitos do PSOE son malos "per se"
concordaremos que é mellor abandonar o obxectivo de gobernar este
país (táctico, estratéxico ou o que sexa).
Aclarando:
Pois refírome a que os dirixentes bicéfalos do nacionalismo pásanse a
meirande parte do tempo mirando cara os seus embigos e,cando o fan,
ven que todo xira ao seu redor. Atoparían aí o centro do universo!?
Naqueles documentos sobre os que se 'construiu' a reflexión do nacionalismo dicía exactamente: fraxilidade ideolóxica da base electoral do nacionalismo. E o nacionalismo aceptouno aprobándoo nun Consello Nacional!, o cal en parte lle ven dando a razón, todo hai que dicilo.
Consecuencias:
1.- Dentro do nacionalismo galego hai xente, a que dirixe o BNG, que considera parvos aos seus militantes.
2.- Dentro do nacionalismo galego hai xente, parte dos seus militantes, unha parte moi importante, que lle dá a razón.
3.-
Dentro do nacionalismo galego hai xente, parte dos seus militantes, unha
pequena parte, que non lle dá a razón, mais segue militando.
4.- Dentro do nacionalismo galego había xente, parte dos seus militantes, que non lle demos a razón e deixaron de militar no BNG.
5.-
Dentro do nacionalismo galego hai xente, moitísima xente, moita máis que nos
catro apartados anteriores xuntos que nin sequera milita nin militou
nunca no BNG, mais que vota BNG e que, vendo todo isto, xamais militará.
Probablemente, e de feito moitos son os que xa o fixeron, deixarán
incluso de votar ao BNG. Razóns: indefinición política, incoherencia,
irresponsabilidade e moitos outros "i_"
6.- Fora do nacionalismo
galego, na sociedade galega, hai moitísima xente, cada vez máis, moita máis que nos cinco apartados
anteriores que se esmendrella de risa co que lle está ocorrendo ao
nacionalismo galego.
Respecto ao segundo, hai formas e formas de
gobernar: dende a moqueta, a máis apetitosa, sen dúbida, que é a que dá
cartos, permite beneficiar a amigos,...; e a outra, dende a oposición
cun goberno en minoría.
Imaxinas cal sería a situación actual do
nacionalismo sin o bipartito, isto é, cun BNG na oposición e un PP
gobernando en minoría?
Eu si, e non imaxino nin a metade de conflictos sociais dos que hoxe existen, entre eles o da lingua.
Mais,... quen resiste a tentación do poder?
-
Se non consegue acertar, ao BNG se lle acaba o tempo. Irá perecendo, non por morte súbita, senón a través dunha progresiva consunción, dun esmorecemento paseniño.
Durante moito tempo, Galicia viviu a ilusión de que era como Cataluña ou Euskadi, e que o seu nacionalismo, aínda que máis débil, algún día sería o protagonista da súa construcción nacional.
Na España cuasi-federal de hoxe, Galicia está perdendo peso. Peso económico, demográfico, político. Andalucía ou Valencia, pola súa poboación ou capacidade de medre, teñen máis capacidade de decidir a política española. Mentres, na orde interna, éstase producindo unha dualización social -e lingüística- que veremos que futuro nos depara.
En apariencia o nacionalismo galego tería que ser o garante de certa integración social. Tería que estar á esquerda o suficiente para defender os servizos públicos, tan importantes nunha sociedade non rica en exceso, pero conservando tamén capacidade de interlocución con todas aquelas clases medias e empresarios que poideran ver nel unha forma de defensa dos propios intereses no marco estatal e europeo.
máis en O café na trincheira
O BNG está tensando a corda e acabará por romper. Non BNG non pode
haber sitio para todo e para todos. Nas derradeiras eleccións
autonómicas virou cara o centro a busca do caladoiro galeguista, máis
non atopou. Non o atopou estando no poder, poderá facelo dende a
oposición?
Pero máis que o que non atopou é o que perdeu: a confianza da esquerda nacionalista (aquí inclúome). Antón dicía hoxe en El País o seguinte:
O Libro Gordo de Petete di que tres son as cousas decisivas para
un grupo político: organización, programa e definición política, e,
finalmente, liderado. Ningunha desas tres cousas parece posuír Máis BNG e, sen elas, é difícil marcar a axenda interna e xa non digamos a externa.
Nisto concordo con el e, por iso mesmo, non podo coincidir co que di
aquí no blog. Un partido político que estea politicamente definido, é o
BNG sempre se definiu como un partido nacionalista, de esquerda e soberanista,
non pode renunciar a súa identidade por un puñado de votos. Si
realmente existise un electorado nacionalista de centro outras forzas
políticas terían ocupado o lugar deixado por Coalición Galega,
Centristas de Galicia,… máis non foi así. Aí está o máis recente
fracaso de Terra Galega ou ese fake do Partido Galeguista, superados o 1M pola galegofobia de UPyD.
Todos eses políticos que, dende o BNG, defenden unha apertura, non
lles sería mellor, e coido que lles iría mellor, marcharse eles?
Construíron xa o seu propio nome no BNG, un nome que poden utilizar
dende outras formacións, como Converxencia XXI, para atacar a ese
electorado de centro e poderían facelo sen caer na incoherencia (non se
verían na obriga de defender posturas tan dispares, e moitas veces,
disparatadas, como fai agora), sumarlle a valentía de atreverse cun
novo proxecto, un proxecto concibido para a sociedade actual, ou cando
menos, para a sociedade que eles cren que existe,… Pero non, entre os
dirixentes actuais do BNG non prima nin a capacidade organizativa, nin
a formacións ideolóxica nin, moito menos, a valentía. Quizais, xa que
algúns se empeñan en destacala a miúdo, a beleza de Teresa Táboas
porque, xa me dirán que cualidades ten esta persoa, aparte da sinalada,
que non teña calquera outro. E iríalle mellor tamén ao BNG, que
seguiría no seu rumbo, o da esquerda, coa súa xente e quen sabe si
tamén coa do futuro.
Dúas forzas forzas políticas distintas poden ampliar o abano
nacionalista; unha soa é imposible xa que o que pode gañar por un lado,
perderao, sobradamente, polo outro. O 1M é o mellor exemplo.
-
As mozas e mozos do Encontro Irmandiño ven de renunciar a participar no proceso de elección da Dirección Nacional de Galiza Nova na Asemblea Nacional que hoxe comeza. Persoalmente, unha das calidades que máis valoro nunha persoa ou grupo de persoas é a capacidade de renunciar a un posto xa que deixa as claras o que realmente se persegue, o que persegue cada quen.
Agora que, esa renuncia, debería facerse extensible aos órganos do BNG, xa que a presenza de membros do Encontro Irmandiño no Consello Nacional da mostra de certas incoherencias no discurso.
Razons? O proceso pre-asemblear do BNG foi un filtro que deixou fora a moitas minorías, unhas porque non recibiron apoios suficientes, outras porque se negaron a participar no mesmo, un proceso dirixido por cargos e carguiños, ex-altos-cargos e ex-altos carguiños, logo non se pode afirmar que ese órgano represente a totalidade e pluralidade do nacionalismo. Esa totalidade, esa pluralidade, está fora e aí é onde hai que estar e non nun Consello de gurús que levou a formación ao seu punto máis baixo dos últimos tempos... e sen perspectivas de remuda, nin ideolóxica, nin de persoas.
As razóns que levan a mocidade do EI a renunciar a presentar unhas listas para o Consello Nacional seguen sendo as mesmas que esgrimimos os irmáns maiores na derradeira Asemblea Nacional -o anquilosamento das institucións do BNG e o seu afastamento da realidade sociopolítica das galegas e galegos-. Entendo que entón se optou por presentar unha lista agardando que a militancia sacase do seu foro interno ese punto de rebeldía que a tradicionalmente nos caracterizou. Non saíu mais agárdaselle.
Agárdaselle aquí fora, a outra veira pois, a ese outro lado é tal o férreo control que sobre a militancia exerce o caciquintanismo e a upega, que xamais se atreverán ao máis mínimo xesto de disidencia e, cando algún organismo se escapa do seu control, como é o caso do SLG, crean outro novo. Quen goberna o BNG non entende o significado dos principios democráticos, uns principio que xurdiron hai séculos en Galiza, nas revoltas irmandiñas, ao berro de “ninguén por riba de nos”, prevalecendo nos seus órganos unha aristocracia que, pensan, é superior ao resto de irmáns galegos, nacionalistas e non nacionalistas. Iso, efectivamente, non callou nin callará nunha sociedade que leva tan dentro os principios da igualdade, irmandade e liberdade.
-
O autoritarismo constitúe unha das claves principais do fracaso do proceso de integración europeo. Europa é débil, as súas institucións ilexítimas, as súas políticas ineficaces, os seus cidadáns non se senten implicados nin involucrados, xa que a inexistencia de gobernanza na mesma impediu a cooperación entre os distintos niveis de poderes a fin de aplicar a axenda comunitaria no intre de afrontar os retos globais.
Ata aquí a realidade. Agora déixolles a declaración de intencións que introduce o “Libro branco das Rexións para a Gobernanza Multinivel” e valorade quen é o que moe do revés:
A gobernanza constitúe unha das claves principais do éxito do proceso de integración europea. Europa será forte, as súas institucións lexítimas, as súas políticas eficaces, os seus cidadáns sentiranse implicados e involucrados, si o modo de gobernanza da mesma garante a cooperación entre os distintos niveis de poderes a fin de aplicar a axenda comunitaria e de responder ós retos globais.
O Informe especial nº 307 do Eurobárometro puxo en alerta ós dirixentes da Unión Europea. Segundo o mesmo, os cidadáns europeos esperan unha Europa máis acorde coa súa realidade cotiá. Así, o 59% dos que participaron nesta enquisa consideran que os entes rexionais e locais non son tidos suficientemente en conta no marco do proceso europeo.
Amais, a cidadanía europea amosa moito máis apego pola democracia no ámbito local e rexional, feito constatable, amais, na participación dos electores nos diferentes comicios electorais. Canto máis próximos son os órganos que se dirimen electoralmente máis elevada é participación. Esta situación obriga a Unión Europea a mudar a súa estratexia actual por outra máis descentralizada.
O Libro Branco das Rexións sobre a Gobernanza Multinivel, feito público o pasado venres, 4 de setembro de 2009, faise eco da vontade de «Construír Europa en asociación» e fixa dous grandes obxectivos estratéxicos: favorecer a participación no proceso europeo e reforzar a eficacia da acción comunitaria.
O Comité das Rexións entende a gobernanza multinivel como a acción coordinada da Unión, os Estados membros e os entes rexionais e locais, baseada na asociación e destinada a elaborar e aplicar as políticas da Unión Europea, inducindo a responsabilidade compartida dos diversos niveis de poder en cuestión baseándose en todas as fontes de lexitimidade democrática e na representatividade dos diversos axentes implicados.
O Comité das Rexións recomenda que as reformas estratéxicas comunitarias importantes se acompañen cun plan de acción territorial concertado entre a Comisión Europea e o Comité das Rexións. Si estas propostas fosen unha realidade -e efectivas- dende a nosa integración na Unión Europea agora non estaríamos falando do desmantelamento no noso tecido produtivo (agro, gandería, pesca,...) e industrial (que prexudicou dun xeito especial ó sector naval).
Fálase neste documento da instauración de ferramentas apropiadas ó apoio da democracia participativa, acepción esta que fai tempo que foi introducida nos distintos programas dos partidos de esquerda, máis que en raras ocasións se chegaron a concretar cando estes chegaron a gobernar; tamén da consolidación da práctica da asociación, tanto nun sentido vertical entre «entidades territoriais — Goberno do Estado e Unión Europea», como no horizontal «entidades territoriais — sociedade civil», en particular en el marco del Diálogo Social.
Os ponentes do Libro Branco das Rexión para a Gobernanza Multinivel, o belga Luc Van den Brande e o francés Michel Delebarre, apostan pola sistematización do análise do impacto territorial, gracias á implicación, dende a fase inicial da decisión política, dos distintos axentes interesados, de maneira que englobe as repercusións económicas, sociais e medioambientais das propostas lexislativas e non lexislativas comunitarias relativas ós territorios.
Segundo o Comité das Rexións existe o perigo de que poidan ver o día tentativas de renacionalización das políticas comúns e de centralización dos recursos, e entende que, polo contrario, a globalización reforzará a pertinencia da gobernanza multinivel, un plantexamento equivocado ó meu entender, pois é o fenómeno globalizador unha das razóns fundamentais da deslocalización decisoria, alonxando cada vez máis os órganos decisorios dos problemas que particularmente nos afectan cada día. A mellor proba témola en Galiza pois, a quen escoitaba Europa mentres se desmantelaba o noso tecido económico-social? Dubido moito que ó pobo galego. Logo, onde a gobernanza?
Mais, entendo que este documento non fala de gobernanza, senón máis ben dunha reformulación do concepto, un método de gobernanza a súa medida que combine, a un tempo a afirmación da globalización e a aparición dun mundo multipolar e, por outra banda, a continuación do proceso de integración europea con vistas a eliminar calquera rastro de fronteira e unir os mercados. Iso non é gobernanza ou, polo menos o que tradicionalmente se entende por iso.
A gobernanza está relacionada coas presións que determinados grupos exercen sobre os gobernos facendo que estes abandonen moitas das súas funcións clásicas ou muden as súas políticas. Müller e Wright (1994, páxinas 1-7) identificaron estas seis: a presión ideolóxica, a das élites políticas, a da cidadanía, a da internacionalización dos circuítos financeiros e industriais, a da europeización e a da tecnoloxía. Tratar de artellar todas esas presións externas non é máis que outro xeito de controlar para logo silenciar.
Agora mesmo, os riscos esenciais da globalización son que as diferentes sociedades se volvan uniformes -nisto si coincido co informe- contra o cal se recomenda fomentar a diversidade (?), e o aumento das desigualdades nos Estados membros e entre os Estados membros. A receita para evitar isto último é defender a solidariedade (?). Moi bonito todo! Só falta engadir que para rematar coa fame no mundo hai que aportar comida ó famento. En fin, cando menos xa temos os principios, agora poñan as normas que os rexan.
Curiosamente, esas dúas solucións que ofrece o Comité das Rexións para paliar os riscos da globalización, salvo que os conceptos diversidade e solidariedade teñan outro significado distinto para eles, son contrarias a todo proceso globalizador, proceso que nos leva ós cidadáns de todo o mundo a consumir os mesmos produtos (dende os máis básicos, como a comida, ata os excepcionais, vinculados co ocio) favorecendo as grandes empresas internacionais sobre as máis pequenas de carácter local. O resultado real disto é máis uniformidade socio-cultural e máis desigualdade económico-social. Unha multinacional non é solidaria senón que busca permanentemente recursos cos que ser cada vez máis forte e eliminar a súa competencia actual e levantar barreiras a potencial. Tampouco apostan estes entes pola diversidade, senón por producir co menor custe posible e, para facelo, é preciso que os seus produtos sexan os mesmos en cada recuncho do planeta. Calquer variación, por pequena que sexa, afecta ó beneficio.
O mellor xeito de evitar que acabemos parecendo seres humanos enlatados e deixar que as decisións se tomén o máis preto posible do cidadán e polo cidadán, sen presións alleas estatais, supraestatais e mesmo das multinacionais. De non ser así, nunhas xeracións, todos sardiñas.
post orixinal en mOendo.net
-
A súa xovialidade algo pesada, que ocultaba noutros tempos unha auténtica bondade, non pasa agora dunha rutina vulgar; a súa firmeza converteuse en obstinación; as súas aptitudes para o inmediato e o practico, nunha total negativa a pensar”.
Quen nestes termos se expresa é Adriano sobre Trajano en Memorias de Adriano, de Margarite Yourcenar. Moitos poderíamos dicir o mesmo do Bloque. Noutra reflexión a autora di, en boca do mesmo protagonista, que “o esencial é que o home chegado o poder demostre logo que mereceu exercelo”. Os resultados do 1M demostraron que non foi así, sen embargo, non se asumiron tódalas responsabilidades que deberían porque os dirixentes do BNG están posuídos pola ambición do poder e paralizados polo temor a súa propia mediocridade.
Ler todo o post en www.moendo.net
-
Este título ocorréuseme cando estaba lendo un episodio así titulado en “Despois de Bush”, de Paul Krugman, e de como o movemento conservador estadounidense exerce un dominio absoluto sobre o partido republicano.
Este domino resúmese na existencia “dunha vasta conspiración dereitista, isto é, atópase en acción un enramado de institucións que, en última instancia, responden ós intereses dun reducido grupo de persoas encargadas de recompensar ós leais e penalizar os desafectos. Esas institucións pon a disposición de políticos obedientes os recursos necesarios para gañar eleccións, refuxios seguros en caso de derrota e oportunidades de levar a cabo unha lucrativa carreira profesional unha vez o seu mandato toque a súa fin. Ademais non deixan de garantir unha cobertura mediática favorable ós políticos adeptos a liña oficial do partido, o tempo que acosan e minan ós que se amosan contrarios a ela, sen deixar tampouco de prestar apoio a unha lexión de intelectuais e activistas do partido”.
Aínda que estes think tanks do partido republicano se asemellan máis ós que conforman o halo do Partido Popular, si teño que dicir que identifico algúns dos seus métodos con certos comportamentos que se deron nos últimos anos no Bloque Nacionalista Galego e, tendo en conta esas actitudes, fanme maquinar esta teoría “conspiranoica” nacionalista:
Ben é sabido da perda de capacidade do BNG para atraer novos votantes e para conservar ós máis críticos, sen embargo, esta organización conserva intacta a súa capacidade para fagocitar a outras organizacións políticas de semellante corte ideolóxico. Ningunha outra organización nacionalista será capaz de atopar un espazo destacado en Galiza mentres o BNG subsista.
A tentativa máis clara de converter o BNG en algo distinto ó que sempre foi -nacionalista, soberanista e de esquerda- veu da man do quintanismo, buscando achegarse ese centro galeguista que se sente orfo dende a inclusión das súas formacións máis representativas no Partido Popular. Non teño ningunha dúbida de que si os resultados do 1-M fosen outros esa transformación do BNG continuaría e faríao con éxito, pero agora, co PP no poder aqueles galeguistas que antes coqueteaban co BNG volven ir agarrados da man do PP. O capital non se pode permitir perder un só ano, menos, como parece, unha longa travesía ó lado do BNG na oposición.
Perdida a oportunidade de transformar o BNG só lles queda unha opción: a creación dunha nova organización nacionalista de centro, capaz de abarcar un sector máis amplo do electorado que o do BNG. O principal problema co que se atopa ese proxecto é o propio BNG que representa para a cidadanía o “voto útil” nacionalista o que lle permitiría atrapar a ese electorado, englobalo na súa masa social -que non na súa militancia- para finalmente destruír esa hipotética alternativa.
Para que outro movemento nacionalista sexa viable no país compre primeiro rematar co BNG. Por iso non resulta de todo contrario a razón pensar que hai quen, dende dentro da organización, pretenda a súa morte, para logo rexurdir dende outra formación. Mais, quen son os máis interesados en que isto ocorra? Quen defende que a organización manteña a súa liña ideolóxica tradicional e quen pretende mudala?
collido de mOendo do Revés
-
Falaba Anxo Quintana nunha primeira reflexión feita logo das eleccións galegas do 1 de marzo que o BNG non soubera ler a realidade política e social de Galiza. Dando por bo este argumento só queda por en dúbida todas as demáis interpretacións e analises feitas por aqueles que logo da xornada electoral descubriron unha nova Galiza.
Unha desas análises, a elaborada polo Consello Nacional do BNG para avaliar os resultados electorrais, fala da fraxilidade ideolóxica da base electoral do nacionalismo sinalando que o retroceso do BNG ten a súa causa principal na desafección dos sectores electorais máis críticos e esixentes que á súa vez móstranse claramente vulnerábeis. Só lle quedou decir que somos parvos, que somos parvos por defender a nosa paisaxe (GNSV), ós nosos traballadores (CIG), ós nosos gandeiros e agricultores (SLG),… por defender o que sempre se defendeu dende o nacionalismo: a nosa terra. Que esperaban? Esperaban que dende estas organizacións se mirase para outro lado mentres se apoiaba o Plan Acuicola, a Reganosa, a explotación decanteiras ilegais ou as concentracións parcelarias salvaxes; esperaban aplausos e palmadiñas mentres se cerraban acordos coa CEG ou se puñan a disposición das empresas que crean o emprego máis precario de Galiza (por exemplo, as textís) millóns de metros cadrados e millonarias subvencións sen esixir melloras para os traballadores; … é máis, dende algunha consellería practicouse un neoliberalismo tan agresivo, como ben denuncia a CIG sobre SEAGA, que se chegou incluso a presionar a algún sindicato para que non defendesen a traballadores despedidos por aquela.
Pese ás críticas feitas nas Asembleas Comarcais esas desafortunadas verbas volven a reiterarse no documento político que se debatirá na Asemblea Nacional Extraordinaria do 10 de maio (pregúntome si de verdade os Responsables Comarcais cumplen a súa función de elevar ó Consello Nacional o discutido nas comarcas. Pode que esa sexa a causa do descoñecemento que boa parte dos seus membros tiñan da realidade galega); pero non abonda con iso, pois, ó mesmo tempo que se fala da súa “vulnerabilidade” contemplase para o futuro máis colaboración e cordinación coas organizacións sindicais, socio-profisionais, empresariais, culturais e ecoloxistas. E todo isto sen asumir responsabilidade algunha, nin facer unha mínima autocrítica e, moito menos, sen que ninguén pida desculpas. Como se pode falar dunharelación fluida e constante cos movementos sociais por quen ata fai pouco os consideraban “inimigos do nacionalismo”, “desleais con Galiza”, “traidores da patria”,…?
Estas declaracións de intecións recollidas no documento político non resultarán cribeis para quen escribe mentres os que verteron lixo sobre estas organizacións sociais, mentres os que realmente resultaron vulnerables ideolóxicamente, non se desulpen e asuman as responsabilidades políticas.
FONTE
-
A sociedade galega, farta de ser asoballada, mobilizouse polo cambio en 2005, sendo os movementos sociais os grandes precursores do cambio de goberno. O bipartito, nestes anos de goberno demostrou non entender nada do que os galegos votaron naquel momento. Cando Galiza berraba na rúa NUNCA MÁIS non se refería só os petroleiros, senón tamén ós políticos deshonestos, autocráticos, sectarios,... referíase, como non, ó caciquismo e ó nepotismo. E non berraban só contra o poder político, senón tamén contra o poder económico e mediático: un porque expolia os nosos recursos e destrúe a nosa paisaxe; o outro porque garda silencio, no mellor dos casos.
segue lendo en mOendo.net
-
Si hai algún asunto na política polo cal sinto unha disposición natural é ademocracia participativa. Xa fixera referencia noutras ocasións acerca deste asunto -Leo, Leo, Lóxica participativa vs Lóxica representativa, Democracia e comunicación no BNG e, últimamente, en Estatuto de Galiza, estatuto da nación?- así que tampouco ía deixar pasar a oportudinade de preguntarlle ós candidatos a Presidencia da Xunta por este tema, máis logo de ler unhas declaracións da candidata ó Parlamento Galego por Ourense, Laura Seara, nas que decía que «É necesario fomentar a implicación con todos os movementos sociais xa que é imprescindible crear un ambiente de complicidade entre os políticos e a cidadanía». Estou totalmente dacordo, agás nunha cousa, para fortalecer algo primeiro ten que existir. É como cando Touriño fala dunha universidade virtual “LIDER”,… para convertila en “lider” primeiro hai que pola a andar (por certo, a Comunidade Valenciana acaba de por en marcha VIU, a súa universidade na rede. Non sei como o verá o Sr. Touriño pero eu vexo que se nos está escapando o liderato). Así llo plantexei a Núñez Feijóo, Pérez Touriño e Anxo Quintana: [máis]
-
No boletín de Xaneiro da CIG aparece un artigo que, a bo seguro, resultará de interese para os lectores deste blog (vaían por diante as miñas desculpas polo "secuestro"). O seu título é o mesmo que lle dei este post:
"Ao Quintanismo crécenlle os enanos. Como pola dereita españolista se chega ao nacionalismo"
Cando o BNG chegou ao governo alguén promoveu a unha persoa do Concello de Vigo da contorna do PP, das Lucía Molares, Porro Perly e amigos. Supostamente non miraron ideoloxía nin principios, senón unicamente competencia e eficacia, inda que non se trataba dun posto técnico senón de máxima responsabilidade política. Era para cubrir o posto de Secretaria Xeral do Benestar e a premiada foi María Jesús Lago, e co cargo viñéronlle as simpatías.
Ao pouco, tentou colocar aos seus amigos e amigas en carguiños, sendo unha das súas xoias un madrileñito chulapín, Juanjo, un militante do castellano, quen por candidaturas sindicais de CSIF e UGT. María Jesús xa ao pouco de chegar quixo darlle un carguiño, mais o medo á denuncia da CIG e a que o quintanismo lle puxara das orellas, fíxoa frear. Mais agora que andan polo remate da lexislatura, xa sen medo, as ananos convértense en pivots e fan e desfán ao seu antollo.
Juanjo López Peña, educador, que pasou a titulado superior misteriosamente nos tempos do PP, exerceu a dirección de varios centros (Escola Infantil de Coia e Centro de Menores Avelino Montero), vai rematar de director no “Observatorio Galego do Menor” en Compostela, mantendo o seu gabinete privado de psicología onde se levan casos de menores (todo compatíbel!!!), cunha irresistíbel ascensión dende o sindicalismo españolista ate a libre designación da Vicepresidencia.
Xa co novo governo, ofrecéronlle a dirección de varios centros, mais non prosperou pola presión da CIG. A Secretaria Xeral do Benestar non se rende e busca o xeito de promocionar ao amigo.
A primeira intención foi adscribilo a un posto de titulado superior, I-004 na Vicepresidencia en Ourense pero traballando en Compostela, cousa que non foi posíbel por canto a súa categoría regalada é a I-031.
A segunda e definitiva pasou por adscribilo a un posto dotado orzamentariamente pero todavía non creado na RPT de Vicepresidencia: director do observatorio galego do menor en Compostela. De seguido, crear o posto de libre designación e abrilo a súa categoría e, por suposto, dotalo dos pluses axeitados.
Ao tempo, Chus Lago conseguiu un posto de profesora dun master na Universidade de Vigo no que tamén participa a dona de Juanjo. Esta é unha aposta persoal da Secretaria Xeral de Benestar para colocar a un amigo nun posto ven visible e remunerado. Por certo, na escola infantil de Coia todavía seguen na procura dunhas cortinas mercadas e pagadas que nunca apareceron. Do Avelino Montero hai moitas máis “anécdotas”.
máis
-
Esta foi unha campaña publicitaria con moito éxito no pasado, con ela Coca-Cola quería achegar o seu produto a toda clase de persoas; pero ben podería ser o anuncio da nova campaña do BNG. Non hai máis que botarlle unha ollada os titulares dos xornais de hoxe:
- Quintana pide o apoio de todos os galegos [GZNación]
- O Bloque deseña unha campaña en positivo para ata os que falan español [Galicia Hoxe]
- Quintana pide o voto galegista [Xornal]
- O BNG diríxese a todos os cidadáns 'os que falan galego e aos que falan castelán [Vieiros]
- O BNG preséntase como 'alternativa transformadora social' [A Nosa Terra]. Tamén para os non nacionalistas.
A campaña do BNG podería decir así: Para os de aquí, para os de fora: para os que falan galego, para os que falan castelán; para os que están no paro, para os que traballan; para os empresarios, para os autónomos, para os funcionarios; para os de esquerdas, para os de dereitas, para os de centro; para os novos, para os vellos; para os dependentes, para os independentes; para os independentistas, para os imperialistas; para os ecoloxistas, para os que contaminan; para os do campo, para os urbanitas; para os nacionalistas, para os galeguistas; para os que calan, para os que non se calan; para os que veñen, para os que van, para os galegos; para os sumisos, para os que protestan; para os caciques, para os honestos; para os que nós cren moito, para os que nós cren pouco, para os que non nós cren;... para todos.[mais]
http://es.youtube.com/watch?v=DmEEIFfdB1w
-
Estas farto de escribir nun Blog de TERRA, con publicidade, e non ver nada dos beneficios xenerados?
Nos Blogs de TERRA tamén é posibel poñer a túa propia publicidade; facelo é moi doado. Tes que estar dado de alta en Google AdSese, se non o estas podes rexistrarte, unha vez regxstrado e/ou identificado entras na pestaña de configuración de AdSense, logo en AdSense pra contido, elixes o que máis creas convinte para o teu blog, cos colores que máis che praza, e segues ata o final, onde che da un código 'script'. Copia o código e logo vás ó panel de control de TERRA, pinchas en axustes, entras en 'título, descripción e noticias' e pegas o código onde di: RAW. Unha vez pegado darlle a gardar. A publicidade pode tardar en aparecer varios minutos, así que paciencia.
Tende coidado cada vez que entredes neste lugar do voso panel de control, pois ese 'script' bórrase con moita facilidade e se cambiades de plantel desaparecerá seguro. En ámbolos dous casos só queda comezar de novo.
Nese oco (RAW) tamén se pode escribir e por ligazóns como podedes ver na cabeceira do meu.
Si che foi de utilidade este consello non esquezas ligarme para poder compartilo con outras persoas.
Estás harto de escribir en un Blog de TERRA, con publicidad, y no ver nada de los beneficios que genera?
En los Blogs de TERRA también es posible poner tu propia publicidad; hacerlo es muy sencillo. Tienes que estar dado de alta en Google AdSense, si no lo estas puedes registrarte, una vez registrado y/o identifiado entras en la pestaña de configuración de AdSense, luego en AdSense para contenido, eliges elque más creas conveniente para tu Blog, con los colores que más te plazca, y sigues hasta el final, donde te darán un código 'script'. Copia el código y luego vás a tu panel de control en TERRA, pinchas en Ajustes, entras en 'Título, descripción y noticias' y pegas el código donde dice: RAW. Una vez pegado dale a guardar. La publicidad puede tardar varios minutos en aparecer, así que paciencia.
Tenez cuidado cada vez que entreis en ese lugar de vuestro panel de control, pues este 'script' se borra con mucha facilidad y si cambiais de plantilla desaparecerá seguro. En ambos casos sólo queda volver a empezar.
En ese hueco (RAW) también puedes escribir lo que quieras y poner enlaces
Si te resultó útil este consejo, no olvides ligarme para poder compartirlo con otras personas
-
Esta é unha das secuencias máis brutais da película, na que a protagonista e mallada en público polo seu home, obrigado polo seu irmán maior e animado polo consello de anciáns e polo grupo de purificadoras.
http://www.youtube.com/watch?v=YiCaVTv8tiM