actualidade e política

a actualidade política de galiza... por xOsse

eQuo e a invasión dos alieníxenas verdes
07 noviembre 11 08:46
Pódese pedir un cambio ao tempo que se vota pola permanencia dos de sempre? O cambio represéntao o movemento e soamente del pode xurdir unha realidade anovada, máis xusta, máis igualitaria, máis solidaria. Por iso eu non confío en ningunha formación política que nacese antes do #15M

 

A de cousas que se ten dito sobre a irrupción de eQuo no panorama político, co agustiño que se estaba cos de sempre –e a renovación obrigada da esquerda abertzale, claro-. Teño lido que eQuo é unha aposta dos verdes de todo Europa que seica queren afacerse pola calada coas administracións deste país; teño lido en certos artigos, de dubidoso criterio, que os verdes son neoliberais que andan en bicicleta, cousa que dubido, porque si son verdes e de dereitas e van sobre rodas, podería ser a Garda Civil ; teño lido que eQuo é unha marca branca do PSOE; todo son rumores fomentados maliciosamente para ocultar a verdadeira realidade: detrás dos verdes están hordas invasoras de alieníxenas, que como todos sabemos, de sempre, sempre foron verdes. Polas miñas veas corre sangue verde. Postos a dicir barrabasadas para qué quedarse curtos, va que si!

Que non é eQuo?

eQuo por definición non é nada do que digan aqueles que o ven como un inimigo e non como unha alternativa democrática. Polo tanto, nin son neoliberais en bicicleta nin gardas civís, nin un complot de verdes europeos nin alieníxenas, nin a marca branca do PSOE nin unha aposta da CIA e, por suposto, non son o brazo político do #15M, que é un movemento social, namais, onde cada membro vota a quen lle peta si é que lle dá a gana.

Que é eQuo?

Para saber non hai como preguntar, buscar información ou beber da súa fonte: eQuova. Quizais aí se poida ir perfilando de que vai este proxecto que vota a andar, todo este movemento verde e, como grazas ao traballo cooperativo dunha comunidade ampla -milleiros de persoas- e ben organizada se foi capaz de transformar ese movemento cívico e ecoloxista en formación ecopolítica, demostrando unha capacidade de crecemento sen precedentes.

“Recupera a ilusión” “Rexenera a democracia” “Reutiliza o teu voto” REINICIA

Semellante capacidade de mobilización e autorrexeneración pode verse, unha e outra vez, na esquerda abertzale ou nos movementos cívicos cataláns, promotores de continuas alternativas políticas; pois agora tamén o logrou o movemento ecosocialista eQuo dando conta, unha vez máis, do inmobilismo que atinxe a boa parte desta sociedade, sempre tan de costas ás persoas. Aquí en Galicia ninguén deu un paso por mudar o panorama político, si ben algo se debateu, primeiro na “Rolda de Rebeldía” (agora tan desactivada como o seu dominio), logo “Novos camiños para a esquerda galega”, ambas xornadas nas que se tivo como referente aos movementos sociais, ignorados tanto tempo nesta terra, chegando amofarse deles e calificándoos de sectores ultraminoritarios; pois ben, dicía que nestas xornadas se debateu con todos estes movementos sobre solucións á crise que nos afecta, ao territorio, á sustentabilidade,… unha xornada, a última delas, moi rica en ideas (merece a pena volver ver e, sobre todo, escoitar eses vídeos), mais sen resultados materiais. A este debate de ideas fixeron oídos xordos os partidos xa asentados no territorio, incluído un si case ultraminoritario BNG. Non queren ideas novas, xa teñen as súas vellas, ideas que abondan, ideas perennes, ideas das cales cren que son válidas para calquera tempo e circunstancia; son estas ideas súas, sen embargo, caducas -pois non as pon en práctica- alí onde gobernan. Moitas persoas xa se decataron que o partido dos desencantados non opta máis que a ser oposición ou, o que é peor, ser unha formación parasita doutro partido, o PSdeG. A este nacionalismo galego si se lle podería por o alcume de “marca branca do PSOE”, só hai que botar unha ollada polo mapa político de Galicia alí onde goberna o PSdeBNG. Son unha caste de parásito estrano, xa que o habitual é que creza e se desenrrole a costa do hospedador, sen embargo non, neste caso o parásito acaba sendo chuchado.

Sen embargo, eQuo é un partido novo que xorde directamente do movemento ecoloxista, non do #15M, do cal si forma parte como tantos outros colectivos e persoas. Non sei desta, pero a historia dinos que é o movemento o que declina, unha e outra vez, a balanza para unha ou outra parte nuns comicios electorais, sexan xa movementos pola defensa dos dereitos humanos e cívicos, pola preservación da natureza, pola igualdade de xénero, contra o dilapidamento económico na devastación bélica, etc. Un deses movementos decidiu dar o salto a política. Polo que ollei dende fora, primeiro, e logo dende dentro, existe entre tódolos membros un entusiasmo tan contaxioso como esperanzador, así como unha forte implicación de cada persoa no proxecto eQuo, froito do liderado, visión e carisma de Juan López de Uralde, candidato que conta cunha traxectoria exemplar na defensa do medio ambiente e cunha capacidade inxente para comprometer as persoas que voluntariamente se uniron a ao este proxecto facendo tamén que súas miras sexan máis
enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: eQuo,20N,votaeQuo,eQuova,reinicia
"os que mamam" aquí son coma os que "maman" alá
20 septiembre 11 04:55

<p><a href="http://www.youtube.com/watch?v=q21rM03_R18&feature=player_embedded">http://www.youtube.com/watch?v=q21rM03_R18&feature=player_embedded</a></p>
enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: caciquismo,mamóns
A Asociación de Vitimas do Caciquismo entrevista a un cacique
28 noviembre 10 11:57

Bo día. Antes de nada debemos sinalar aos lectores que nos imos dirixir a vostede como “Señora C.” para preservar a súa identidade ao tempo que lle agradecemos a súa amabilidade por concedernos esta entrevista á AVC.

P.- Díganos “Señora C.”, onde traballa vostede?

R.- Traballo na Deputación, son funcionaria.

P.- Como chegou ao cargo que ocupa?

R.- Confésolle que me gustaría dicir que foi por méritos pero non foi así. Sabía que por méritos aquí non entra ninguén, que cumpría algo máis, así que…

 Sigue lendo en Asociación de Vitimas do Caciquismo

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: POLÍTICA,xOsse,actualidade,galiza,caciquismo,ourense,blogs
Catro anos bloggeando
09 junio 10 01:54

No día de hoxe cúmprense catro anos dende que abrín a miña primeira bitácora. O que me animou foi o premio dun concurso que organizaba Terra Networks polo Mundial de fútbol 2006 pois, segundo as normas do concurso o gañador pasaría a “formar parte da plantilla de blogueiros de Terra”. O gañador do concurso sería o blogger que maior número de visitas tivese as 00.00 horas do día 9 de xullo de 2006, de xeito que se trataba máis dun concurso de posicionamento na rede que de coñecementos futbolísticos; así, quen conseguise utilizar mellor as técnicas de posicionamento tiña todas as vantaxes para gañar… e ese fun eu.

Aquel primeiro post sóamente buscaba ser visto polos buscadores. O que se ve agora non é o orixinal, foi modificado unha vez o blog foi indexado.

Estar ben posicionado require moito esforzo, cumpre entrar a outros blogs e webs a deixar comentarios e, por suposto, o enderezo do blog que queres posicionar. Logo cumpre actualizarse a miudo (escribía como mínimo un post diario) e utilizar palabras moi buscadas nese momento nos buscadores. A iso obecede o propio nome do blog: World Cup Blog 06; sen dúbida foi o máis buscado en Google durante o tempo que durou o Mundial de Fútbol: e, como non, mencionar sempre o nome dos xogadores máis mediáticos, aínda que fose para dicir o mal que o fixeron. Por suposto, é importante contar cun blogroll amplo, vencellar a outros para que outros te vencellen, e tamén citar a outros autores e a seus blogs… iso é o máis valorado polas arañas que rastrexan a rede.

As circunstancias logo do mundial non foron as máis favorables. Terra Networks foi absorvida por Telefónica no tempo que durou o Mundial de Alemaña’2006 e, estes últimos, tiñan outros plans para a compañía. Sobraba persoal. Nun primeiro intre fixéronse o ’sueco’ e logo, ante as miñas reclamacións, decidirón ofrecerme un contrato, mais este nada tiña que ver coas espectativas xeradas polo anuncio inicial, limitándose a súa oferta a un contrato mercantil de tres meses de duración cuxos emolumentos apenas cubrian os gastos do seguro dun traballador por conta propia, esixencia esta realizada a posteriori pola compañia.

Isto obrigoume a iniciar un proceso para reclamar ese premio que aínda hoxe, catro anos despois,  non rematou. A decisión inicial, errónea, pero mostra da boa vontade con que se fixo, foi reclamar ese premio mediante un sistema arbitral. Foi errónea porque Telefónica xamais tivo vontade algunha de chegar a ningún tipo de acordo, que para iso conta cun exercito de avogados, para que o pelexen todo.

  • No sistema arbitral o laudo foi favorable aos meus intereses,
  • pero este foi anulado nunha sentenza da Audiencia Provincial de Ourense,
  • o que me levou a via social, cunha sentenza desfaforable do Xulgado do Social Nº 2 de Ourense,
  • a pesar de contar cun informe favorable do Ministerio Fiscal,
  • e que logo sería anulada por Sentenza da Sala Social do Tribunal Suprerior de Xustiza de Galiza, facendo seu o informe do MF.

Catro anos despois estámos no mesmo punto de partida, agardando que unha xuiza do social dite unha sentenza e que, diga o que diga, esta será recorrida por unha ou outra parte intervinte.  Ben, no principio esactamente non, agora a xuiza está obrigada a ditar unha sentenza cando na primeira ocasión o que fixo foi declararse incompetente, avíndose á demandada. Daquela non fixo caso ao Ministerio Fiscal, pero agora si ten que facerllo ao TSXG que non di outra cousa que o que o mesmo MF dicía. Dicía a xuiza (María Isabel Gómez Balado) naquela súa Sentenza que non apreciaba a existencia de precontrato algún, argumentando isto con doctrina, seguramente da súa etapa de estudante -pola data da STS-, cando non era iso esactamente o que se alegaba, senón unha promesa de contrato, ao que o TSXG afirma que “con independencia da calificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa de contrato), crearon no destinatario,ao menos en principio, unha espectativa de traballo”.

Crear falsas espectativas por unha empresa a un traballador, amais de inmoral, é motivo de denuncia. Ocorre a cotío, especialmente na comunicación verbal. Son enganos que serven para motivar a un traballador a curto prazo, para que asine un contrato, para que renda máis,…  pero que a longo prazo pode volverse en contra da entidade (demandas, desánimo, improductividade,…).

Dende que un Tribunal anula unha sentenza (neste caso o TSXG anulou a sentenza do Xulgado do Social de Ourense o 26 de febreiro de 2010) e devolve os autos para ser ditada outra nova non acostuman a transcorrer máis de mes e medio-dous meses, sen embargo, neste caso xa vai para catro.

Neste caso nada foi normal, todo excepcional: o primeiro xuízo celebrouse dúas veces, na primeira vista a demandada, Telefónica, non compareceu e solicitou unha nova celebración por falla de comunicación da data da vista. Na segunda vista solicitou a incompetencia do tribunal, o cal obrigou a pedir un informe ao Ministerio Fiscal, aínda que logo non o tivese en conta, alargando tamén así o prazo establecido para dictar Sentenza. Neste caso o máis dilixente foi o TSXG que en pouco máis de dous anos dictou a derradeira Sentenza, moito máis pronto do que agardaba.

O caso é que algo que desexaba, ser blogger profesional, foise diluindo co paso do tempo. Tamén é certo que gozo máis da liberdade de ser un afeccionado. O que si non desaparece é a esperanza, ao revés, a pesar dos atrancos sufridos, de ver recoñecido e compensado (salarios non percibidos deica o intre en que a sentenza sexa firme, lucro cesante -salarios futuros-  máis danos morais) pola tarefa que non puiden realizar.

Esta mala experiencia tampouco serviu para apartarme da blogosfera, senón todo o contrario, construín multitude de blogs -moitos por aí perdidos- e participei en moitos máis, seguindos, lendos, comentandos,… A blogosfera foi o inicio do que se deu en chamar web 2.0 ou web social, un modelo de comunicación horizontal que deu paso a intereactividade entre autores e lectores, unha comunicación a que se siguen sumando cada vez máis persoas pero, tamén, a que se resisten moitas outras. Non entenden que na actualidade máis de 1.500 millóns de persoas están a un clic do que escribimos na rede… ou, quizais, sexa iso o que temen.

“Traballar na era 2.0 require dunhas competencias e habilidades tecnolóxicas, dixitais e informacionais”,  di Bel Llodrá e Cristina Aced nun artigo publicado en UOC Alumni, Emprego 2.0, e coautoras de “Visibilidad. Como xestionar a reputación online”. Cando non existe disposición por parte dos responsables de tódalas organizacións de subministrar esas competencias aos seus traballadores nin adquirilas para si mesmos, descoñecendo e privando a esta dos potenciais beneficios que lle podería acarrar, ao considerar a web 2.0 como unha ameaza e non como unha oportunidade, están prexudicando a súa entidade. De feito, para permanecer estes catro anos na rede, cumpríu, segundo palabras das mesmas autoras, “unha predisposición positiva e unha actitude dixital” pois estas características “son a clave para aproveitar as oportunidades que brinda este novo escenario”.

moendo.net

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: concurso,incumplimento,telefonica de españa,estafa,terra networks
homeostase
27 febrero 10 01:57

A homeostase é o equilibrio que mantén a un ser vivo co seu entono, é a característica mediante a cal se regula o ambiente interno dun organismo para manter unha condición estable e constante nun sistema aberto ou nun sistema cerrado, especialmente nos seres vivos. Tódolos sistemas vivos -as organizacións (empresas, asociacións, partidos,...) hai que entendelas como tal- na súa natureza aparecen como sistemas abertos, posto que dependen do seu entorno para sobrevivir e desenvolverse e, polo tanto, están abertos a influencia do mundo exterior. Unha organización,... ler máis
enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: BNG,xOsse,política,Moendo do revés,actualidade,galiza,caciquismo
Atrapado
26 febrero 10 04:06


O pasado non dá tregua. “Galicia ten dereito”. Pode afirmarse o dereito dun territorio a vez que nega ese mesmo dereito a outros? “O recurso de inconstitucionalidade é un ataque do Goberno a Galicia”. Pode entenderse como un ataque a Galiza a presentación dun recurso de inconstitucionalidade dunha norma emanada do Parlamento de Galiza e negar ese ataque a un pobo cuxa norma, o Estatut de Catalunya, foi ratificada polo noventa por cento da cidadanía?

Segue en mOendo.net

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: política,Moendo do revés,actualidade,galiza,Feijóo,PPdeG,Estatuto de Nación,caixas,económica,caixa galicia,caixanova
Animais políticos!
26 febrero 10 01:37


Seica o AVE vai pasar por Baños de Molgas e por Xunqueira de Ambía a traveso, esnaquizando todo a seu paso e por iso estivo por alí esta semana o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, (BNG), para alentalos a que lle fagan fronte. Non sei o que este homiño lle diría aos meus veciños; imaxino que soltaría moita palabrería, como é costume nestes casos, e ningunha solución.

 Segue lendo en mOendo.net

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: POLÍTICA,BNG,xOsse,política,Moendo do revés,actualidade,galiza,caciquismo
Exemplo de mala dirección
16 diciembre 09 10:10

Na seguinte lista vou detallar as características do que é unha mala dirección (ou boa, segundo a miña directora, xa que é a que ela practica), sobre fondo branco, e o que eu entendo que debe ser unha boa dirección (seguramente ignorada por aquela), sobre fondo gris. Podedes coller estas características e identificalas co funcionamento da dirección da vosa empresa, asociación, partido, concello,... para coñecer si formades parte dunha organización sa ou, polo contrario, enferma.


Ler mais en moendo.net

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: empresa,dirección,emprego
A UPG lanza un "sindicato" amarelo para o agro
20 octubre 09 10:17

A UPG está a lanzar un sindicato amarelo dirixido ao sector agrario. Federación Rural Galega, parece que vai a ser a denominación social coa que saia á palestra. Prima no modelo a oferta de servizos de "consulting", aproveitando o tirón dos ex-altos cargos do Bloque na Consellería de Medio Rural, dirixida por Alfredo Suárez Canal. Nun segundo plano queda a orientación socio-política do artefacto, xa que a intención declarada de compartir o espazo co SLG compleméntase coa inclusión de afiliados de Xóvenes Agricultores (PP) e Unións Agrarias (PSOE-UGT).

segue en xgaliza

 

Os acomodados buscan novo acomodo. Ise é o mal endémico do nacionalismo galego, unha estirpe de políticos que levan ducias de anos vivindo do conto, aínda estando na oposición, ocupando un carguiño por aquí, outro por alí,... xa fora no BNG, na CIG ou no SLG.

Eles controlaban todo e todo era para eles. O poder, por pequeno que sexa, retroaliméntase, e así sobreviviron históricamente.

Agora perderon o control da SLG e non poden mangonear como quixeran, non poden colocar ós seus, ou mellor dito, a si mesmos, que tantos non son, e, chegados esta situación non se lles ocorre outra cousa que montar outro chiringuito de profesionais mediocres -afeitos ven- para seguir vivindo sen dar pau a auga. Pobres dos que caían nas súas redes.

Que farán, estes que agora claman lealdades cando perdan o control do BNG. Marcharán tamén?

Mágoa non o fixeran hai moitos anos!

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: xOsse,Moendo do revés,galiza,SLG,agro,xgaliza,nacionalismo
zepa si, ZEPA NON!, zepa si,...
22 septiembre 09 02:29

Un agricultor de A Limia (sic)

Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos outros visen restrinxida a súa actividade sobre as mesmas. Empapelaron toda a comarca con carteis da plataforma ZEPA NON, encheron autobuses, pagados con fondos municipais, para levar de excursión ós agricultores -como os da foto- a capitalidade da comarca. Dende o BNG non se oíu nin chío. Quizais algunhas críticas cara o SLG, máis fortes no ámbito privado que no público, pola participación na convocatoria e co-organización das mobilizacións de protesta. Dicían entón que o ZEPA non era da súa incumbencia, que se trataba dunha área do PSOE e non lles correspondía meterse aí. PP e BNG mantivéronse nas súas posicións ata o 1 de marzo, uns continuando asustando ós vellos -e ós non tan vellos- e os outros mirando cara outro lado. A partir daquela data, e co cambio de goberno en Galiza, ós asustavellos tocoulle levar a práctica o ZEPA de A Limia, e fano sen rechiar, obrigados pola normativa europea, iso si, facendo o menor ruído posible para que non se enteren os veciños. Os outros, os do BNG, agora posiciónanse en contra, nun acto puro de incoherencia e demagoxia, tratando de atraer, cara si, o voto daqueles que aínda non lle pasou o medo. Nin o posicionamento duns -PP- nin de outros -BNG- resulta agora crible xa que mudaron o seu discurso o pasar da oposición ó goberno e viceversa. En ningún momento, nin dende unha posición, nin dende a outra, trataron de informar ós veciños sobre cales son as verdadeiras razóns para introducir un ZEPA na Limia -obriga da UE-, cal vai ser o alcance da mesma, como lle vai afectar ós agricultores -restricións, compensacións,...- ou que obxectivos se pretende acadar, pois a recuperación de parte do humidal tamén traerá beneficios para a zona. Só se adicaron a desinformar, a manipular, a cabrear a xente e de aí, do cabreo, arrabuñar o seu voto. Agora mesmo, na comarca, todos son conscientes de quen si foi de fronte, quen lles falou claro, quen tratou de informalos -aínda que non lles fixeran caso-, asumindo que a verdade non ía gustar. Ese partido foi o PsdeG i é quen ten agora todas as de gañar, por manter o mesmo discurso, por conservar a coherencia. Persoalmente, agardo que A Limia aproveite esta oportunidade. Quen sabe si será a última.

Post orixinal en *mOendo do Revés

enviadopor opa_a_12 | 5 comentarios    
Archivado en: POLÍTICA,BNG,xOsse,política,Moendo do revés,actualidade,debate,PPdeG,PSdeG,ZEPA NON!,Lagoa de Antela,A Limia,economía
14.000 vítimas da represión franquista en Galicia poderán ser consultadas na rede, a través da páxina web do Proxecto "Nomes e Voces"
29 julio 09 05:28

O Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces" presentará publicamente a Base de Datos das vítimas da guerra civil e a represión franquista en Galicia, nun acto que se celebrará o día 29 de xullo de 2009 ás 12.00 h, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC na praza de Mazarelos en Santiago de Compostela.


Deste xeito, dáse a coñecer parte do traballo desenvolto polo equipo de investigación nos últimos anos referente ao estudo das vítimas da represión franquista entre 1936 e 1939. A base de datos que presentamos dista de ser definitiva, nin polo número, nin polo tempo que durou a represión da ditadura, nin polas formas que esta adquiriu pero todos os datos que presentamos están criticados, cruzados entre diferentes fontes e sometidos polo tanto a unha contrastación e validación que non sempre é doada. Expedientes dos procesos xudiciais (2.608-máis de 400.000 páxinas), rexistros civís dos concellos (310), fonte oral (100 entrevistas das 450 que posúen os fondos do proxecto, e o resto seguirán a incorporarse) e traballos publicados por diferentes autores nas últimas décadas (52).


Este traballo signifícase como unha das iniciativas de recuperación da memoria da represión e do franquismo máis completas no conxunto do Estado. Nos próximos anos, a equipa do Proxecto, dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e coordinado por Emilio Grandio (A Coruña), Mª Jesús Souto (Lugo), Julio Prada (Ourense), Dionisio Pereira (Pontevedra) e Xosé Manoel Núñez (Galicia Exterior) ampliará, nunha segunda fase de desenvolvemento da investigación a cronoloxía das súas pescudas abordando os primeiros anos da instauración da réxime franquista a partires de 1940.


O acto contará coa presenza do I.P. Lourenzo Fernández Prieto e o equipo A Navalla Suiza, responsable da nova ferramenta de consulta.

 As vítimas, os nomes, as voces e lugares

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: POLÍTICA,xOsse,política,Moendo do revés,actualidade,democracia,galiza,xustiza,memoria histórica
Algunhas notas sobre o BNG e as eleccións europeas
09 julio 09 11:29

1.- O resultado das eleccións europeas demostra que, unha vez máis, os responsables do BNG se trabucaron ó facer unha análise da realidade social galega.

2.- Logo das eleccións galegas dicíasenos que fora un erro crer que os cidadáns ían votar ó BNG polo feito de ostentar o poder. Os resultados do 7-X proban todo o contrario, proban que unha parte moi importante dos votos acadados o 1-M chegaron ó BNG por simple inercia social, pola inercia do poder, e perdido este, ese caudal de votos desapareceu. Isto apréciase mellor no medio rural, onde a cultura democrática é menor, aínda que cuantitativamente non o pareza.

3.- Ese voto axudou, amais, a maquillar a perda de votantes dentro do electorado tradicional deste partido, onde a desafección crece de xeito exponencial, cada comicio celebrado, dende que o BNG ocupou posicións de goberno na Xunta de Galiza. Os críticos e desafectos foron desatendidos, ignorados, excluídos e, moitas veces, perseguidos, a sabenzas de que o seu lugar sería pronto ocupado por ese sector social, desidealizado, de baixo perfil cultural, que persegue ó poderoso,… quen queira que sexa.

4.- Perdeuse o poder e con el perdeuse ese caudal de votos e, sen embargo, non se recuperou un só voto entre os máis descontentes do nacionalismo, pese a celebración dunha Asemblea Nacional Extraordinaria (ANE). Porqué?

5.- Acostumo a culpar os dirixentes do partido da deriva ideolóxica do BNG, pero logo da derradeira ANE teño as miñas dúbidas, vexo máis responsables. Agora creo que tamén teñen unha parte importante de responsabilidade os militantes que, en moitos casos, venden o seu voto, os seus principios, a súa dignidade,… ós seus compañeiros, por unha paparota ou por una favorciño persoal -só así se pode entender que na ANE se premiara ós que nos levaron a esta situación e castigara ós que non tiñan responsabilidade algunha no sucedido-. Por certo, a que vos lembran estas prácticas políticas?

6.- Baltar e o baltarismo. Hai uns meses quedei cun compañeiro do EI aquí na comarca -de Allariz- e pregunteille si coñecía algo desta zona para darlle algunha referencia. Díxome que si, pero que non viña por aquí dende que Xardón se convertera ó baltarismo (e isto seica sucedera nos seus inicios como alcalde de Vilar de Santos). Resulta cómico, non?

Continua en mOendo.net

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: POLÍTICA,BNG,xOsse,política,Moendo do revés,actualidade,democracia,galiza,autonómicas 2009,Quintana,debate,Encontro Irmandiño
Conselo Nacional_25 abril 2009
26 abril 09 09:18

A MAIORÍA DO CONSELLO NACIONAL, INTEGRADA POLA UPG E O QUINTANISMO, DICTAMINA A PONENCIA POLÍTICA.

ESTA MESMA MAIORÍA IMPIDE A PARTICIPACIÓN DE 8 MILITANTES A PESARES DE ESTAR CUBERTA TODA A “COTA 60/40” DE DELEGADOS E DELEGADAS.

 ler mais

enviadopor opa_a_12 | 0 comentarios    
Archivado en: POLÍTICA,BNG,democracia,galiza,Encontro Irmandiño
Sanidade e Xustiza
29 enero 09 10:29
Xuntar estes dous temas nun só pode parecerlle a alguén que estou misturando touciño con velocidade pero unha cousa ten moito que ver coa outra ou, mellor dito, unha cousa acaba levando a outra (e a veces, viceversa). Así llo plantei hoxe os tres candidatos que, como ben sabedes, andan moi atarefados, e non poden respostar as miñas dúbidas. Este rítmo vou seguir indeciso o día 2 de marzo. [máis]
enviadopor opa_a_12 | 1 comentarios    
Archivado en: xOsse,Moendo do revés,galiza,xustiza,autonómicas 2009,Quintana,debate,Touriño,Feijóo,sanidade
artigos sobre a actualidade nacional galega e internacional
13 diciembre 08 05:53
  • Os novos xa non nos cren
  •  A voz de... Quen?
  • Por unha universidade virtual galega XA!
  • Memoria histórica... en familia
  • Democracia e comunicación no BNG
  • Os Plans anticrise levantan desconfianza
  • Contra a crise... Lotaría
  • A externalización da Xunta
  • Lóxica participativa vs Lóxica representativa
  • Estados fallidos"
  • Desafectación política
  • Vaiche ser do nacionalismo!
  • delegados ou representantes?
  • A región traspasa a Fronteira
  • sobre inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes
  • Sacade o Santo !!
  • Con sustantividade propia
  • A fraude da Sociedade Textil Lonia [Carolina Herrera e Purificación García]
  • Estados financieiros de La Región
  • La Región 
  • De lastres ataduras e hipotecas
  • Mais é menos
  • A cultura refulxe na Habana
  • A guerra das linguas
  • A compra do voto emigrante 
  • O PP está desorientado
  • Gañará o menos malo
  • Óense tambores de guerra 
  • A voltas coas coalicións
  • Os cidadáns importamoslle unh merda
  • Outra vez o voto emigrante
enviadopor opa_a_12 | 2 comentarios    
Archivado en: BNG,xOsse,política,Moendo do revés,diccionario político,actualidade,democracia,diccionario xurídico,galiza
Más envíos Página siguiente >
Ir

Este blog

  • Inicio
  • Acerca de...
  • Enlaces (links) del blog

Etiquetas

  • 20N
  • A Limia
  • actualidade
  • agro
  • autonómicas 2009
  • blogs
  • BNG
  • caciquismo
  • caixa galicia
  • caixanova
  • caixas
  • concurso
  • debate
  • democracia
  • diccionario político
  • diccionario xurídico
  • dirección
  • económica
  • economía
  • emprego
  • empresa
  • Encontro Irmandiño
  • eQuo
  • eQuova
  • estafa
  • Estatuto de Nación
  • Feijóo
  • FILOSOFÍA
  • galiza
  • incumplimento
  • Lagoa de Antela
  • mamóns
  • memoria histórica
  • Moendo do revés
  • nacionalismo
  • ourense
  • POLÍTICA
  • política
  • PPdeG
  • PSdeG
  • PSICOLOGÍA
  • Quintana
  • reinicia
  • sanidade
  • SLG
  • telefonica de españa
  • terra networks
  • Touriño
  • Universidade Virtual Galega
  • votaeQuo
  • xgaliza
  • xOsse
  • xustiza
  • ZEPA NON!

Archivo

  • noviembre 2011 (1)
  • septiembre 2011 (1)
  • noviembre 2010 (1)
  • junio 2010 (1)
  • febrero 2010 (3)
  • diciembre 2009 (1)
  • octubre 2009 (1)
  • septiembre 2009 (1)
  • julio 2009 (2)
  • abril 2009 (1)
  • enero 2009 (1)
  • diciembre 2008 (1)
  • noviembre 2008 (1)
  • septiembre 2006 (5)

Sindicación

  • RSS 2.0
  • Atom 1.0
www.moendo.net

Utilidades

  • Imágenes
  • Vídeos
  • Lector de noticias
  • Directorio