eQuo e a invasión dos alieníxenas verdes
Pódese pedir un cambio ao
tempo que se vota pola permanencia dos de sempre? O cambio represéntao o
movemento e soamente del pode xurdir unha realidade anovada, máis
xusta, máis igualitaria, máis solidaria. Por iso eu non confío en
ningunha formación política que nacese antes do #15M
A de cousas que se ten dito sobre a irrupción de eQuo
no panorama político, co agustiño que se estaba cos de sempre –e a
renovación obrigada da esquerda abertzale, claro-. Teño lido que eQuo
é unha aposta dos verdes de todo Europa que seica queren afacerse pola
calada coas administracións deste país; teño lido en certos artigos, de
dubidoso criterio, que os verdes son neoliberais que andan en bicicleta,
cousa que dubido, porque si son verdes e de dereitas e van sobre rodas,
podería ser a Garda Civil ; teño lido que eQuo é unha
marca branca do PSOE; todo son rumores fomentados maliciosamente para
ocultar a verdadeira realidade: detrás dos verdes están hordas invasoras
de alieníxenas, que como todos sabemos, de sempre, sempre foron verdes.
Polas miñas veas corre sangue verde. Postos a dicir barrabasadas para
qué quedarse curtos, va que si!
Que non é eQuo?
eQuo por definición non é nada do que digan aqueles
que o ven como un inimigo e non como unha alternativa democrática. Polo
tanto, nin son neoliberais en bicicleta nin gardas civís, nin un complot
de verdes europeos nin alieníxenas, nin a marca branca do PSOE nin unha
aposta da CIA e, por suposto, non son o brazo político do #15M, que é un movemento social, namais, onde cada membro vota a quen lle peta si é que lle dá a gana.
Que é eQuo?
Para saber non hai como preguntar, buscar información ou beber da súa fonte: eQuova.
Quizais aí se poida ir perfilando de que vai este proxecto que vota a
andar, todo este movemento verde e, como grazas ao traballo cooperativo
dunha comunidade ampla -milleiros de persoas- e ben organizada se foi
capaz de transformar ese movemento cívico e ecoloxista en formación
ecopolítica, demostrando unha capacidade de crecemento sen precedentes.

“Recupera a ilusión” “Rexenera a democracia” “Reutiliza o teu voto” REINICIA
Semellante capacidade de mobilización e autorrexeneración pode verse,
unha e outra vez, na esquerda abertzale ou nos movementos cívicos
cataláns, promotores de continuas alternativas políticas; pois agora
tamén o logrou o movemento ecosocialista eQuo dando
conta, unha vez máis, do inmobilismo que atinxe a boa parte desta
sociedade, sempre tan de costas ás persoas. Aquí en Galicia ninguén deu
un paso por mudar o panorama político, si ben algo se debateu, primeiro
na “Rolda de Rebeldía” (agora tan desactivada como o seu dominio), logo “Novos camiños para a esquerda galega”,
ambas xornadas nas que se tivo como referente aos movementos sociais,
ignorados tanto tempo nesta terra, chegando amofarse deles e
calificándoos de sectores ultraminoritarios;
pois ben, dicía que nestas xornadas se debateu con todos estes
movementos sobre solucións á crise que nos afecta, ao territorio, á
sustentabilidade,… unha xornada, a última delas, moi rica en ideas
(merece a pena volver ver e, sobre todo, escoitar eses vídeos), mais sen
resultados materiais. A este debate de ideas fixeron oídos xordos os
partidos xa asentados no territorio, incluído un si case
ultraminoritario BNG. Non queren ideas novas, xa teñen as súas vellas,
ideas que abondan, ideas perennes, ideas das cales cren que son válidas
para calquera tempo e circunstancia; son estas ideas súas, sen embargo,
caducas -pois non as pon en práctica- alí onde gobernan. Moitas persoas
xa se decataron que o partido dos desencantados non opta máis que a ser
oposición ou, o que é peor, ser unha formación parasita doutro partido, o
PSdeG. A este nacionalismo galego si se lle podería por o alcume de
“marca branca do PSOE”, só hai que botar unha ollada polo mapa político
de Galicia alí onde goberna o PSdeBNG. Son unha caste de parásito
estrano, xa que o habitual é que creza e se desenrrole a costa do
hospedador, sen embargo non, neste caso o parásito acaba sendo chuchado.
Sen embargo,
eQuo é un partido novo que xorde directamente do movemento ecoloxista, non do
#15M,
do cal si forma parte como tantos outros colectivos e persoas. Non sei
desta, pero a historia dinos que é o movemento o que declina, unha e
outra vez, a balanza para unha ou outra parte nuns comicios electorais,
sexan xa movementos pola defensa dos dereitos humanos e cívicos, pola
preservación da natureza, pola igualdade de xénero, contra o
dilapidamento económico na devastación bélica, etc. Un deses movementos
decidiu dar o salto a política. Polo que ollei dende fora, primeiro, e
logo dende dentro, existe entre tódolos membros un entusiasmo tan
contaxioso como esperanzador, así como unha forte implicación de cada
persoa no proxecto
eQuo, froito do liderado, visión e carisma de
Juan López de Uralde,
candidato que conta cunha traxectoria exemplar na defensa do medio
ambiente e cunha capacidade inxente para comprometer as persoas que
voluntariamente se uniron a ao este proxecto facendo tamén que súas
miras sexan máis