A
UPG está a lanzar un sindicato amarelo dirixido ao sector agrario. Federación
Rural Galega, parece que vai a ser a denominación social coa que saia á
palestra. Prima no modelo a oferta de servizos de "consulting", aproveitando o
tirón dos ex-altos cargos do Bloque na Consellería de Medio Rural, dirixida por
Alfredo Suárez Canal. Nun segundo plano queda a orientación socio-política do
artefacto, xa que a intención declarada de compartir o espazo co SLG
compleméntase coa inclusión de afiliados de Xóvenes Agricultores (PP) e Unións
Agrarias (PSOE-UGT).
segue en xgaliza
Os acomodados buscan novo acomodo. Ise é o mal endémico do nacionalismo
galego, unha estirpe de políticos que levan ducias de anos vivindo do conto,
aínda estando na oposición, ocupando un carguiño por aquí, outro por alí,... xa
fora no BNG, na CIG ou no SLG.
Eles controlaban todo e todo era para
eles. O poder, por pequeno que sexa, retroaliméntase, e así sobreviviron
históricamente.
Agora perderon o control da SLG e non poden mangonear
como quixeran, non poden colocar ós seus, ou mellor dito, a si mesmos, que
tantos non son, e, chegados esta situación non se lles ocorre outra cousa que
montar outro chiringuito de profesionais mediocres -afeitos ven- para seguir
vivindo sen dar pau a auga. Pobres dos que caían nas súas redes.
Que
farán, estes que agora claman lealdades cando perdan o control do BNG.
Marcharán tamén?
Mágoa non o fixeran hai moitos anos!