zepa si, ZEPA NON!, zepa si,...

Publicado 22 septiembre 09 02:29

Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos outros visen restrinxida a súa actividade sobre as mesmas. Empapelaron toda a comarca con carteis da plataforma ZEPA NON, encheron autobuses, pagados con fondos municipais, para levar de excursión ós agricultores -como os da foto- a capitalidade da comarca. Dende o BNG non se oíu nin chío. Quizais algunhas críticas cara o SLG, máis fortes no ámbito privado que no público, pola participación na convocatoria e co-organización das mobilizacións de protesta. Dicían entón que o ZEPA non era da súa incumbencia, que se trataba dunha área do PSOE e non lles correspondía meterse aí. PP e BNG mantivéronse nas súas posicións ata o 1 de marzo, uns continuando asustando ós vellos -e ós non tan vellos- e os outros mirando cara outro lado. A partir daquela data, e co cambio de goberno en Galiza, ós asustavellos tocoulle levar a práctica o ZEPA de A Limia, e fano sen rechiar, obrigados pola normativa europea, iso si, facendo o menor ruído posible para que non se enteren os veciños. Os outros, os do BNG, agora posiciónanse en contra, nun acto puro de incoherencia e demagoxia, tratando de atraer, cara si, o voto daqueles que aínda non lle pasou o medo. Nin o posicionamento duns -PP- nin de outros -BNG- resulta agora crible xa que mudaron o seu discurso o pasar da oposición ó goberno e viceversa. En ningún momento, nin dende unha posición, nin dende a outra, trataron de informar ós veciños sobre cales son as verdadeiras razóns para introducir un ZEPA na Limia -obriga da UE-, cal vai ser o alcance da mesma, como lle vai afectar ós agricultores -restricións, compensacións,...- ou que obxectivos se pretende acadar, pois a recuperación de parte do humidal tamén traerá beneficios para a zona. Só se adicaron a desinformar, a manipular, a cabrear a xente e de aí, do cabreo, arrabuñar o seu voto. Agora mesmo, na comarca, todos son conscientes de quen si foi de fronte, quen lles falou claro, quen tratou de informalos -aínda que non lles fixeran caso-, asumindo que a verdade non ía gustar. Ese partido foi o PsdeG i é quen ten agora todas as de gañar, por manter o mesmo discurso, por conservar a coherencia. Persoalmente, agardo que A Limia aproveite esta oportunidade. Quen sabe si será a última.

Post orixinal en *mOendo do Revés

Notificación de comentarios

Si quieres recibir un email cuando se actualice este artículo, por favor, regístrate aquí

Suscribir a los comentarios de este artículo RSS

Comentarios

# pataqueiro Ha opinado el 02 diciembre , 2009 12:12:

Como vexo que naide quere opinar,gustaríame que alguén me conteste a miñas  preguntas.Como se puxo en marcha a ZEPA da Limia en Bruselas?.Si desde ese momento é unha obriga, por qué BNG e PP non parten dese punto?.Puxose en marcha na época de Fraga?.Canto nos costou os galegos esperar ata hoxe?Gustaríame que algun asutabello me dera a súa opinión.

# pataqueiro enganado Ha opinado el 03 diciembre , 2009 9:48:

Sintome enganado por PP e BNG.Hai dous anos crein todo o que me dixeron.Agora vendo as mentiras que me dixeron para criminalizar ao PSOE,tratei de buscar outras opinions. 1º A ZEPA da limia foi proposta por o PP(Loyola de Palacio).A normativa europea obliga a España a implantar zepas.Por exemplo en Extremadura hay un millón de hectáreas.  2º O PP e o BNG sabían que non habia marcha atras,é obligatoria por lei. Actuaron como carroña para conseguir votos.Dende o mandato de Fraga estamos os galegos pagando multas millonarias por non tela implantada antes.Por último eu non son un asustabello.Si o que estou escribindo e mentira, cando teña conciencia que  é asi,retractareime canto antes.Unha aperta.

# labrego Ha opinado el 15 diciembre , 2009 12:55:

Temos o cancer caciquil metido na bisbarra da Limia e non hai nada que facer.Estamos vivindo a  peor situación  nunca vista e o noso presidente vai a Madrid a chocar contra Zapatero en vez de buscar acordos e solucions. Francisco bello de XXAA dice que hai certa mellora no campo.Vaya par de incompetentes

# labrego Ha opinado el 21 diciembre , 2009 18:25:

navegando por internet  interesado como vai a venta da pataca,vexo que un tal juan perez sanchez orozco(XXAA), pide a dimisión da ministra de agricultura e pesca.Esta tropa de mentirosos de Xovenes Agricultores teñen a cara mais dura co cemento.Vostedes son os verdadeiros culpables e non a ministra.ZEPA SI.........ZEPA NON............ E OS LABREGOS QUE SE FASTIDIEN.

# limiao Ha opinado el 22 diciembre , 2009 15:50:

Home a ministra tamen terá algunha culpa.Todos sabemos que é unha muller traballadora e preocupada polo campo, ainda que na situación tan nefasta do campo galego neste último ano, non conseguiu nada positivo. Dende logo non se pode meter no mesmo saco que o PP e Xovenes Agricultores.Ambos si que son un cancer para o rural galego.

¿Qué opinas?

(requerido) 
(opcional)
(requerido) 
(requerido)